228 persoas implicadas neste ano de poesía adicado a Manuel María que rematou coa emisión do derradeiro poema noa noite de onte.
Dende aquel 7 de xaneiro no que comezara a emisión dos poemas de Manuel María en Televinte, moitísimas persoas colaboraron coa iniciativa da Biblioteca do I.E.S Lama das Quendas.Unhas residen en de Chantada ( aínda que chegaran de Venezuela, Marrocos, Corea ou comunidades como A Rioxa ou Castela-León) , outras en concellos veciños como Ferreira, Monforte, Taboada ... e aínda outras trouxeron as súas voces de ben lonxe , como dende Rosario ( Arxentina).
Despois de participar neste proxecto de divulgación...
30 dic 2016
24 dic 2016
Felicidade e fartura!!!

O Apalpador é un personaxe mítico galego, un carboeiro que na noite do 24 de decembro, ou o 31 , baixa da montaña a levarlles os agasallos @s nen@s. Entra pola noite nas casas, vai aos cuartos mentres durmen e apálpalles a barriguiña para ver se están ben mantidos e déixalles unha presa de castañas, noces e xoguetes co desexo de que teñan moita felicidade e fartura no que tempo que vai ata o seguinte Nadal.
A rapazada ten tal inquedanza que non para de rebulir e hai que cantarlle esta cantiga:
Vaite logo, meu meniño (miña meniña)
marcha agora para a camiña
Que vai vir o Apalpador
a apalparche a barriguiña
...
22 dic 2016
21 dic 2016
Pamp@s cos Pampín
«Estes Pampín son parvos!»-di un rapaz ao entrar na reunión.E despois, matizou a súa afirmación: «escolleron o lote equivocado!»E , a partir destas palabras continuou unha conversa na que tod@s participaron dun xeito moi activo amosándonos novos puntos de vista,e puntualizando e argumentando opinións.
Concordamos en que Indalecio descoñecía o que agachaba cada lote, en que non merecían a herdanza , en que se atoparon na vila con canto pillabán había, en que os ricos da aldea parece que chegaron a selo por medios pouco lícitos, e en que nos gustou A Mansión dos Pampín de Miguelanxo Prado a tod@s menos a un que se queixa das ilustracións.
E...
Se tes ollos e oídos...

É tan fácil coller o camiño malo!Na vida real (á actualidade diaria me remito) e na ficción, como pasou en A Lingua das Bolboretas, por exemplo. Esa escolla errada parece que foi a que fixo Pierrot, o protagonista, de El niño en la cima de la montaña, de John Boyne, que detestaba a violencia, fuxía da confrontación e...que fixo despois?
Pois así somos os humanos, queremos as cousas pero non as súas consecuencias.
Pierrot evoluciona co paso do tempo pola educación? que recibe. Estamos convencidos da importancia da educación, do valor da información que reciben @s nen@s e da relevancia de ensinarlles a pensar , a criticar e a asumir...
20 dic 2016
Historia de misterio...ou non tanto?

Pais,nais e amig@s do club leramos El cuento número trece de Diane Stterfield e o pasado mércores, xuntámonos para falar entre nós del.
A novela gustoulle moito a algunhas persoas e bastante menos a outras.(Xenial, porque a situación perfecta para comentar un libro é que haxa pluralidade de opinións).Quen se "enganchou" dende as primeiras liñas e quen parou de ler e obrigouse a retomar a lectura días despois.De calquera xeito ninguén está arrepentid@ de ler esta historia que para un par de persoas foi moi predecible.(Outr@s fomos excesiamente inxenu@s?).Esas asistentes contáronnos que se decataron de determinadas accións que...
O tren que nos leva a un mundo incerto

Esta vez, eramos pouc@s na reunión; pero falando de Engurras, de Paco Roca, o tempo voou. A María gustoulle moito libro, porque ten tantas historias! No microcosmos da residencia hai profundas relacións de amistade e de amor; como a da muller que segue o seu marido para estar con el ata a fin. Hai lembranzas que atravesan a mente como estrelas fugaces o olvido; hai loita pola supervivencia e « trapicheo» como nos mellores filmes carcelarios; hai tamén un tren, onde viaxa a muller que nunca envellece, o tren onde tod@s imos e quixeramos baixar antes de chegar á soidade total, á vida sen vida do andar de arrib...
19 dic 2016
Reunión do alumnado de 1º A e B de ESO

Esta semana si que vos toca!
Mañá martes, ás 11: 15 h xuntarémonos para comentar A Mansión dos Pampín de Miguelanxo Prado que a estas alturas tod@s coñecedes moi ben.
Creo que imos ter unha sorpresa nesa reunión. Agradable , por suposto.
Se queredes, vémonos!...
Lembrarlles a nenez!

Por nada do mundo quixeran ver ás súas avoas,xa non lles viven os avós, nunha residencia como na que están os personaxes do libro que leron. Unha das asistentes non pode nin pensalo sen que as bagoas aparezan nos seus ollos. Quérenas moito.
E Engurras de Paco Roca a algúns parecéulles triste. Demasiado. Outr@s gozaron coa historia d@s residentes sobre todo cando facían trastadas coma se fosen rapaces pequenos. Critican o "abandono" ou "despreocupación" de moitos familiares. Pensan que se os visitaran máis veces o seu deterioro non sería tan rápido. Saben, por experiencia, que cando unha avoa recibe a súa visita "alegrámoslle o...
12 dic 2016
Reunión do alumnado de 2º de ESO e PMAR
O vindeiro martes, 13 de decembro, teremos a reunión do alumnado de 2º de ESO e PMAR para comentar o libro de Paco Roca titulado Engurras.
@s superticiosos din « en trece e martes nin te cases nin te embarques nin da túa casa te apartes». Nós non imos facer nada diso, senón que imos falar; logo non teremos en consideración as supersticións.
Así que , rapazada, ás 11:15h. nas Aulas Multimedia e Obradoiro, agardámosvos para pasar un anaco entretido esfiañando a novela gráfica que acabamos de ler. Por certo, se podedes visitade está páxina na que se nos fala dunha interesante experiencia relacionada con anciáns. ...
30 nov 2016
E a vida quedou quieta...
Levabamos tempo pensando en facer o reto.Na reunión do equipo da biblioteca comentábase, pero quedaba sen data ;mais, finalmente, hai quince días que fixamos a data que nos conviña a tod@s por non estar sinalada ningunha outra actividade no recreo do luns 28.
Desta volta, o curioso foi como a rapazada se enterou aos poucos minutos de colocar os carteis , antes de que llo mencionásemos nas aulas ,e como puntualmente, apurando os bocadillos, agardaban á porta da nosa biblioteca.
Grazas a Alfonso, coordinador da biblioteca, que non se paralizou porque durante un anaco era o único ser que daba mostra de vida naquel espazo ...
28 nov 2016
Reunión do alumnado de 3º A e B de ESO

"Aquel día, despois dunha pesca abondosa, cando xa estaban a piques de dar por terminada a xornada, os pescadores pescaron o único pez que non podían,que non debían pescar: o pez que se alimenta das almas dos mariñeiros que morren no mar sen que ninguén os recorde."
Pobres mariñeiros! Que vai suceder?
Como xa o lestes xa o sabedes, só resta comentar a historia e as fermosas ilustracións de De Profundis de Miguelanxo Prado.
Farémolo o vindeiro martes, 29 de novembro,a partir das 11:15 na Aula Multimedia e Obradoiro.
Queremos escoitar a túa opinión!!
...
25 nov 2016
Tanto que dicirlles aos avós!

Estes rapaces van ler« Enrugas», historia emotiva onde as haxa, pero hoxe non queremos estar tristes, así que escríbenlles cartas fermosas aos seus avós. Iván Varela dille á súa avoa: «Quería darche as grazas por estar todos os días aí e por apoiarme nos bos e nos malos momentos. O que máis me gustaba , cando era pequeno, era estar os dous na cama e oír as historias de cando ti eras nena, de como traballabas e como vos divertiades. Disme que agora só sabemos divertirnos con móbiles e con trangalladas». Lía dille á súa avoa: «Eres mi segunda madre, por ser la que me cuida, la...
23 nov 2016
Que difícil é atopar parella!!!
Tocaba realizar actividades que axudasen a entender a lectura deste trimestre:Engurras de Paco Roca así que comezamos a reunión de onte, martes, co alumnado de 2º A de ESO formulando a seguinte pregunta: Que é o que máis perden @s maiores? El@s,pensando nos seus avós responderon con unanimidade:"oído e memoria".
Ás veces non é tanto que perderan audición,- que si pasa-, senón que, ás veces, non oen porque non nos escoitan.Non sabemos se é porque non temos nada bo que dicirlles ou que pensan que que lles imos dicir nós que el@s non saiban.
Puxémonos logo ,por un pouco, na "pel" dunha persoa maior e pasámonos mensaxes...
21 nov 2016
Reunión do alumnado de 2º de ESO

Non sodes maiores que perderon oído ou quizais memoria; así que , rapazada de 2º de ESO , lembrade que a reunión do club é o martes, 22 de novembro, nas aulas Multimedia ( 2º A) e Obradoiro (2º B) , ás 11:15 h.
Pasaremos un anaquiño xunt@s pensando en libros e historias e traballando con elas.
Agardámosvos!!...
MAMÁ ! Que fai un somier como porta do meu cuarto???!!!!

«Chapuza feita por un arquitecto». Así definen os rapaces o feísmo arquitectónico, fronte á wikipedia que nos proporciona unha información máis elaborada:«conxunto de infravivendas, construcións, infraestruturas e obras humanas con alto grao de mediocridade que degradan o seu contorno».
Entregámoslle unha viñeta, onde aparece unha muller «concienciada» coa reciclaxe: usa unha vella antena de tv. como tendedeiro; somieres, para cerrar unha leira; botes de Cola Cao e rodas usadas, para pór plantas...
Os rapaces din que nas súas casas ,ou nas dos veciños, se fai o mesmo: potas vellas, para comer as galiñas; bañeiras onde se plantan «fresas»;...
16 nov 2016
En cada casa unha historia

Normal
0
false
false
false
ES
X-NONE
X-NONE
Cada libro que lemos dinos algo máis
do que nos conta. Estamos lendo coa rapazada de 1º A de ESO A
Mansión dos Pampín de Miguelanxo Prado e teremos ocasión , na próxima reunión, de falar e opinar da historia da
familia Pampín e as súas peripecias.Na de onte , martes, quixemos afondar
na harmonía que debe existir entre as
vivendas e o medioambiente, o patrimonio histórico-artístico e o contorno en
xeral.
Por iso , cada rapaz escolleu a cegas un...
14 nov 2016
Reunión do alumnado de 1º de ESO

Se existe algún grupo especialmente interesado en que teñamos reunións , ese é o de 1º de ESO. Non hai día no que non pregunten :" cando é que nos xuntamos?" E teñen o calendario pegado no taboleiro do club , e saben que vén tocando unha reunión por mes pero semellan desas persoas que senten que ,ao preguntar, suceden antes as cousas.
E por fin, chegou o día. Mañá martes, ás 11:15 horas, na aula Multimedia e na Obradoiro xuntarémonos para facer actividades. Cales?...Xa o saberedes, impaciente...
10 nov 2016
Unha viaxe inesperada

Iniciamos a viaxe da sesión co alumnado de 4º proporcionándolles unhas viñetas de Quino para que imaxinasen a historia que narraban e que , logo, nos tiñan que contar.
Toda a creatividade agromou e prendeu nos seus relatos que , ademais, remataron cun refrán ben atinado en cada caso.
Na primeira parada do noso recorrido , verbalizaron as diferentes maneiras de contar historias: con palabras, con debuxos, con xestos... Despois,reiniciamos o camiño observando a maleta cun gran interrogante que se debuxara na pizarra.E falamos dela. Alguén dixo que ía de viaxe,que cambiara de dono,que estaba perdida nun aeroporto ,de...
Lecturas do outono

Non queremos dicir que só se poidan ler estes libros durante o outono. A afirmación do titular significa que estas son as lecturas que as diferentes seccións do noso club de lectura lerán neste outono.
A rapazada lerá novela gráfica para introducilos pouquiño a pouco neste marabilloso mundo que combina imaxe e texto.A rapazada de 1º de ESO, 3º de ESO e 1º e 2º de Bacharelato lerán respectivamente A Mansión dos Pampín , De Profundis, e Trazo de Xiz, todos da autoría de Miguelanxo Prado. Para os de 2º de ESO escollemos Engurras , de Paco Roca ;e ,finalmente , os de 4º de ESO meteranse no mundo...
7 nov 2016
Reunión do alumnado de 4º de ESO

Rapazada de 4º, lembrade a nosa reunión do club do vindeiro martes, 8 de novembro.
Será na Aula multimedia e na Obradoiro, ás 11:15 horas.
Aproveitade a mirar con detemento a fotografía da convocatoria e xa nos contaredes que vos suxire.
Agardámosvos!!...
2 nov 2016
Chegou a hora de valorar

Rematada a semana do Mercadiño de Libros chegamos ao momento de valorar a actividade. Non de facer contas e pensar en términos monetarios soamente senón que é o instante de analizar pros e contras, beneficios e prexuízos se os houbera.
No apartado de doacións sinalar que recibimos 35 exemplares novos nesta ocasión.Á rapazada que nos cedeu os libros, entregámoslle 29 vales dos cales só fixeron efectivos 16.
Algunhas persoas aportaron libros para prestar ata acadar os 18 que se expuxeron no mostrador do noso mercado, dos cales levaron 8 de emprestado para as súas casas.
E xa ,finalmente,entre o alumnado e o profesorado mercaron...
31 oct 2016
O Mercadiño de Libros na prensa
Do 24 ao 28 celebramos nos corredores do IES Lama das Quendas a sexta edición do Mercadiño de Libros. Escollemos sempre a semana na que se conmemora o Día das Bibliotecas que nesta ocasión foi o 24 de outubro.
Cada un dos cinco recreos , o profesorado e o alumnado do club e colaborador na biblioteca do centro atendeu o postos no que se venden os libros que nos donan e préstanse os que nos prestan nun intento de optimizar a vida dos libros e favorecer a lectura , a xenerosidade , a convivencia e o gusto polos libros.
Este evento foi recollido pola prensa escrita e pola televisión.
En La Voz de Galicia aparecemos na páxina L4 ...
28 oct 2016
Viaxe ao máis fondo dos sentimentos.

Cando escribín o título De profundis no taboleiro, e lles dixen que ese era o libro que ían ler, empezaron a imaxinar de que podería tratar: «de sentimentos,» dixeron varias; «do mar», dixo Daría. Todas acertastes -dixen eu.
Oscar Wilde revelou os seus segredos e reflexións máis íntimas en De progundis, pero non é iso o que imos ver e ler, senón a obra de Miguelanxo Prado co mesmo título ( casualidade?). Así, folio en man , cada unha debuxou o seu fondo do mar, un fondo do mar imaxinado, que non se basease no que aparece nos documentais; porque, como dixo o poeta: «O mar é unha illa de auga rodeada de ceo por todas partes». ...
26 oct 2016
Profundamente impresionad@s!

Da Casa da Cultura e da Sala do Auditorio chegaba o alumnado de 3º A de ESO o pasado martes. Cans@s pero content@s ,viñan de ver a Primeira retrospectiva de Manuel Jorge en Galicia, concretamente na súa vila de orixe.A conversa , logo, non podía versar sobre outra cousa que non foran as sensacións e opinións da rapazada sobre os cadros contemplados.
Cren que o traballo do artista se pode encadrar en dous estilos diferentes: un máis realista , con retratos varios , que está na Casa de Lemos; e outro máis abstracto , con cadros moi grandes, que pode contemplarse no Auditorio.
Viñan moi contentos de ter visitado a mostra...
24 oct 2016
Reunión do alumnado de 3º de E.S.O.

Recordatorio para as rapazas e rapaces de 3º de E.S.O. que terán a reunión o vindeiro martes, 25 de outubro , Día das Bibliotecas, ás 11:15 h.
Estaredes en dous grupos,por un lado A e por outro B, atendidos polas mediadoras de lectura, na Aula Multimedia e na Aula Obradoiro que se atopan no corredor superior.
Agardámosvos!
&nbs...