25 nov 2020

25N: "Las Hermanas", do Workshop Guerrilla Filmmaking


Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

Hoxe mércores é 25N...

Nun mesmo día de 1960, as activistas contrarias ao ditador Trujillo (Rep. Dominicana), as tres irmás Patria, Minerva e María Teresa Mirabal, foron asasinadas... os movementos feministas da rexión comezaron a empregar esa data na súa loita, reivindicación á que se uniu a ONU en 1999 para declaralo como Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.



9 nov 2020

Libro de "as outras" do club de lectura do alumnado (I trimestre)

Memoria do silencio
Eva Mejuto

Estación de tren de Ribadavia, verán de 1943. Günter busca ascender na Gestapo destapando unha trama internacional que axuda os xudeus a chegar a Portugal e abandonar Europa. Lola é unha muller brava e xenerosa, que cre na xustiza por riba de todo e arrisca a vida por axudar a quen o necesita. Frieda foxe da Holanda nazi e do seu pasado, arelando empezar unha nova vida en América como directora de orquestra. Tempos difíciles onde o medo e o silencio tecen unha rede de segredos e intrigas cun fin último: a liberdade.



4 nov 2020

Libro de ciencia ficción do club de lectura do alumnado (I trimestre)

A praga escarlata
Jack London

Nun futuro non moi afastado a humanidade vese arrasada por unha praga mortal. Os poucos superviventes viven nun estadio primitivo, como hai miles de anos. O profesor James Howard Smith é o único que queda vivo dos poucos que sobreviviron á praga, e na súa vellez conta aos seus netos como foi a caída da civilización por mor da Praga Escarlata.



3 nov 2020

Libro de terror do club de lectura do alumnado (I trimestre)

Coraline
Neil Gaiman

Cando Coraline chegou a aquela nova casa, non podía imaxinar o que agardaba por ela detrás da porta cegada da sala.
Calquera cativa podía imaxinar un cuarto oculto, un rocho cheo de misterios e cousas vellas, mais outro edificio idéntico ao dela? Non, iso estaba alén da súa imaxinación.
Así e todo, non era idéntico de todo. Nese outro mundo alén da porta fechada da sala había algo raro e excéntrico, especialmente se se tiña en conta que o gato negro do xardín falaba e todos os seus habitantes humanos tiñan botóns cosidos no lugar onde deberan de estar os seus ollos.



2 nov 2020

Libro de fantasía do club de lectura do alumnado (I trimestre)

Non hai luz sen escuridade
Andrea Barreira Freije

Non hai luz sen escuridade é a primeira novela da brañega Andrea Barreira e cóntanos a historia de Lea, a Princesa da Escuridade, que leva desde que era unha nena a se debater entre o que os seus pais agardan dela e o medo que lle dá aquilo en que pode converterse. Cando chega o momento de facer a viaxe que a levará a atopar o dragón que lle pertence, Lea sae por primeira vez da escuridade dos seus dominios e agarda poder atopar a luz que vira unha vez sendo unha meniña. Ao longo da viaxe atopará moitas persoas novas e fará amizades, entre elas, Sarxa, a princesa das fadas, un ser totalmente antagónico a ela, ao tempo que adquirirá coñecementos, tanto de maxia negra como de maxia branca, e descubrirá cousas sobre si mesma.



 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Justin Bieber, Gold Price in India