29 oct 2015

Recordamos que esquecemos

É difícil esquecer? É doado? A rapazada de 3º B de E.S.O e 3º P.M.A.R.  cre que as cousas  banales poden ser  esquecidas con facilidade.Pola contra , ás veces queres  eliminar  algo da túa memoria e esta insiste en que permaneza.
Eliminar algo da memoria é bo ou malo? Tamén depende. Segundo o alumnado, se un se esquece de algo pouco importante  non hai problema, o peor  é  cando o esquecido carrexa  consecuencias  negativas. Como exemplo , e neste punto o alumnado amosou un grande dominio da ironía, falaron do problemático que resulta esquecerse de facer os deberes fronte ao nimio que consideran esquecerse dalgunha outra cousa.
Comentamos anécdotas que viviran relacionadas co esquecemento e acabamos falando do libro que imos ler neste trimestre Engurras de Paco Roca.Cando se enteraron de que os personaxes  do cómic padecen alzhéimer , unha enfermidade que implica , entre outros síntomas, a perda da memoria  entenderon que toda a conversa anterior fora un xogo comparado coas manifestacións deste mal que está ao noso arredor.
Finalizamos a sesión traballando cunhas viñetas. En parella crearon o texto para compoñer unha historieta e para írmonos introducindo no mundo do cómic.

25 oct 2015

Reunión do alumnado de 3º de E.S.O

    
Algunha vez esqueceches  algo importante?
És das persoas que non lembran o que tiñan que facer?
Desarcordaste do que queres con facilidade ou por máis que o intentes non logras quitalo da cabeza? 
Que será mellor esquecer facilmente ou ter unha grande memoria para lembrar sempre todo?
O vindeiro martes  , 27 de outubro, podemos achegar argumentos a favor e en contra de lembrar ou esquecer. Trae as túas razóns  á reunión do Club de Lectura do alumnado de 3º de ESO.
Por favor, non vos esquezades!!!
 


23 oct 2015

Feliz Día das Bibliotecas

O 25 de outubro é o Día das Bibliotecas e dende  o Club A Quenda do Libro ,que está integrado na Biblioteca do IES Lama das Quendas, ímolo festexar durante unha semana.
Do 26 ao 29 de outubro, nos corredores do instituto poderedes cambiar e /ou mercar libros que outras persoas estiveron traendo estes días.
Durante o recreo poderedes achegarvos e localizar eses exemplares que vas ter que ler ou que queres ler  e levalos para a casa.
O noso alumnado e profesorado coñece a convocatoria pero se ti aínda non a coñeces podes consultala  na páxina da nosa Biblioteca.
Aínda estás a tempo de traer eses libros que queres poñer a disposición doutros compañeiros.
É como cambiar cromos !
Ao longo da semana iremos contando en facebook e twitter  como se vai desenvolvendo a actividade.
Anímate e participa con libros!!

22 oct 2015

Pensar, sentir ,crear , gozar...

 "Una mañana de octubre, Peter Pan se adentró en el bosque de los cuentos,donde se encontraban algunos personajes  de las narraciones populares y  de los dibujos animados de la televisión.
Allí  se tropezó con su viejo amigo el Gato con Botas con quien conversó un rato. Tenía la intención de irse a recoger castañas pero no lo hizo porque  apareció el Pato Lucas y se quedaron de conversación todo el día."
Este é un dos breves relatos que un dos rapaces de 2º B de E.S.O. creou a partir dunha imaxe que Miguelanxo Prado  debuxou para Pedro e o Lobo. Houbo moitas narracións que nos levaron por diferentes camiños. Tentaremos poñelas na pestana de Ler e escribir, no apartado de Creacións.
Tod@s ignoraban que aquel neno era Pedro e que o parrulo e o gato que o acompañaban eran outros personaxes dun conto musical   do ruso  Prokofiev  reescrito por  Miguel Anxo Murado  e   debuxado por Miguelanxo Prado.


Gozaremos coas imaxes  do noso galardoado co Premio Nacional do Cómic no 2013 mentres os sons  da corda , frauta, oboe, fagote, clarinete, trompas e  timbais enchen os nosos oído nunha perfecta simbiose.
Isto de hoxe , so era para abrir boca!!
 

21 oct 2015

Conto ruso?

                                 
Proxectamos unha imaxe de Pedro e o Lobo ,tomada ao azar, da edición ilustrada por Miguelanxo Prado.No deseño aparecen Pedro,o pato e o paxaro  que senten un rumor que se lles vai acercando no bosque.As nosas alumnas debían adiviñar o que estaba acontecendo sen coñecer de onde procedía a ilustración.
Algunhas das posibilidades que suxeriron son: "aproxímase un leñador","quen se acerca é unha árbore que pode andar coas súas raíces", "están descubrindo un misterio e non se dan conta de que se está achegando un lobo",outra das rapazas cre que se trata dunha tormenta e explícase  así: "Pedro salió a dar un paseo por el bosque.Se encontró con dos pájaros que se estaban peleando y él se quedó mirándolos.Cuando se dio cuenta, había una gran tormenta y los tres personajes echaron a correr , cada uno a sus respectivas casas".
Finalmente desvelamos o misterio, o libro que imos ler é Pedro e o Lobo.
Coma os galegos temos moitas historias  de lobos, chegaron a confundilo co noso conto popular "O pastor mentiroso". Entón explicámoslles que se trata dunha historia rusa , creada para espertar nos nenos o gusto pola música. Así , o compositor identificou a presenza dos animais e sons do conto con instrumentos musicais.
Estache ben o conto!

18 oct 2015

Reunión do alumnado de 2º de E.S.O

"Pedro quedou lixeiramente preocupado cando  soubo da reunión do alumnado de 2º de E.S.O.Ben se lle nota na cara!
Coñeceu que as mediadoras citaban @s rapaces e rapazas  para o martes, 20 de outubro, ás 11:15 h nas Aulas Multimedia e  de 1º ESO e non podía tranquilizarse porque sabía que eran moit@s e tod@s ían falar del.
Mais despois do primeiro desacougo pensou que ,probablemente, todas as persoas serían agradables , curiosas, simpáticas...e deixou de porse inquieto.
Ao fin, a ansia polo encontro comezou a apoderarse do neno que xa arelaba a chegada da data da  xuntanza do Club de Lectura. Imaxinaba que sería ben agradable."
E vós, os de 2º que pensades de Pedro e das súas teimas? 
Falarémolo o vindeiro martes!

14 oct 2015

De casas e mansións

Primeira reunión de traballo coa rapazada de 1º de E.S.O.
Entre @s que estaban enfermos (semella que o descanso desta fin de semana tan longa non foi bo) ,  e @s  que tiñan un partido  no que tiñan que comparecer para non deixar , desta volta, colgado ao equipo  quedamos no club menos dos que pensabamos por iso decidimos , sobre a marcha, facer a reunión conxunta na Aula Multimedia que se presta moito máis para as actividades programadas.
E que fixemos? Como est@s rapaces e rapazas son novos no centro e novos no club tivemos que informarlles máis polo miúdo da dinámica das sesións deste grupo de lectores. Comezaron por coñecer como eles e as súas familias poden  entrar nas nosas canles de comunicación:blog,facebook, twiter ...Aí localizaron como saber os días das reunións e o xeito de facer comentarios ( e por certo xa  houbo unha persoa que entrou e deixou un). 
Xa explicamos a actividade do Mercadiño de Libros, que está programada a derradeira semana do mes ,e  a de  homenaxear a  Manuel María no 2016 ( Que lonxe parece que queda aínda!) en colaboración coa Biblioteca e Televinte 
Ao saír da "casa" familiar do club, dirixímonos á mansión que , xunto con outros personaxes humanos, protagoniza  A mansión dos Pampín, de Miguelanxo Prado e que leremos nestes primeiros meses de curso.
Xa dispostos a entrar de cheo nesta , que se nos anuncia, grande e luxosa vivenda, rematamos a reunión.

10 oct 2015

Os de 1º poñen en marcha as reunións




 Co alumnado de 1º A e B de E.S.O. iniciamos as reunións de traballo do club de lectura.
As mediadoras  estamos dispostas a facer un pouco de mariñeiras, de piratas ,de poetas... e temos toneladas de  paciencia para compartir convosco cada recreo de martes ata fin de curso.
Rapaces e rapazas de 1º de ESO, o vindeiro día 13, ás 11:15 h , na Aula Multimedia e na de 1º A ,atoparémonos para comezar a navegar polas lecturas e as actividades deste curso.
E, xa que parafraseei un poema de Gabriel Celaya para encher esta entrada, entendendo que ler e compartir lecturas son actividades ben educativas, déixovos o poema completo deste escritor  que foi un dos maiores representantes da poesía social ou poesía comprometida da postguerra española.
 Educar
Educar es lo mismo
que poner motor a una barca…
hay que medir, pesar, equilibrar…
… y poner todo en marcha.
Para eso,
uno tiene que llevar en el alma
un poco de marino…
un poco de pirata…
un poco de poeta…
y un kilo y medio de paciencia
concentrada.
Pero es consolador soñar
mientras uno trabaja,
que ese barco, ese niño
irá muy lejos por el agua.
Soñar que ese navío
llevará nuestra carga de palabras
hacia puertos distantes,
hacia islas lejanas.
Soñar que cuando un día
esté durmiendo nuestra propia barca,
en barcos nuevos seguirá
nuestra bandera
enarbolada.

8 oct 2015

Sementando futuro

Ler é un dereito que temos como cidadáns. Ler axúdanos a formarnos como persoas polo que nos posibilita medrar máis libres.
Ler e escribir fan de nós unhas persoas informadas, reflexivas e críticas, uns seres capaces de colaborar na construción dunha sociedade mellor.
A rapazada de 1º de Bacharelato teno moi , moi claro. El@s son así.
As dezasete  persoas que participan este ano no Club de Lectura xa iniciaron as reunións.
Escolleron datas para xuntarnos ao longo do curso, fixeron propostas de lecturas e comentamos máis cousas, entre outras, xeitos de optimizar o uso dos libros.
El@s que viven intensamente todo o que len, serían quen de tomar as medidas axeitadas se estivesen no "comezo da fin"
Xa sabemos que se "a civilización se cae en pedazos", temos a Apocalipse cerca!!

2 oct 2015

Reunión do alumnado de 1º e 2º de Bacharelato

Para  @s que ,cando len, se meten tanto na lectura que gozan e sufren cos personaxes da  historia.
Para @s que  fan propios os sentimentos e emocións do poema lido.
Para @s que o pasaron tan ben o pasado ano con A Quenda do Libro.
Para @s que nunca participaron nas nosas actividades pero están decididos a probar neste curso.
Para @s que veñen cando se lles chama.
Para @s que preguntan con insistencia  porque queren vir canto antes.
Para tod@s @s alumn@s de 1º e 2º de Bacharelato,  é esta convocatoria  para a
primeira  reunión do Club de Lectura  neste novo ano lector.

1 oct 2015

Gústalles ler!!

Eran as 11:15 da  mañá do pasado martes, 29 de setembro cando agardabamos pola rapazada de 1º e 2º de E.S.O. para planear  e organizar as actividades deste novo curso lector.
Co alumnado de 2º contabamos porque xa se achegaran moitos a nós, as mediadoras,  para interesarse polas datas de reunión. E cumpríronse as expectativas xa que viñeron @s mesm@s do ano pasado.
Cos noveles de 1º non tiñamos ningún indicio que nos sinalara cales eran os seus intereses no ámbito da lectura e os seus desexos de participación ,e  a realidade resultou moi agradable porque ,dos corenta alumn@s matriculados,trinta e tres anotáronse para pertencer ao club ( algúns estaban presentes e outra ducia apuntouse máis tarde polo que non saen na foto).
Temos canteira no noso equipo!

 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Justin Bieber, Gold Price in India