22 dic 2014
19 dic 2014
O trofeo Lúa non foi para ninguén
15:30
A quenda do libro
Sin comentarios
Todo 2º de E.S.O acudiu ao Salón de actos para disputar unha sa competición por ver quen sabía máis de Os Misterio dos Fillos de Lúa.
Repartidos en equipos responderon á preguntas como quen eran Branca e o narrador da historia,cal era o nome que ía ter Lúa nun principio ou quen eran , a xuízo de David,as persoas máis listas do mundo.
Algúns tiñan grande coñecemento da lectura, outr@s confesaron tela comezado pero non a remataron e argumentaron a súa actuación.
Hai gustos para tod@s e neste club respectamos moito as opinións diferentes.
Queriamos facer unha verdadeira "champions" por equipos, con eliminatorias dende os oitavos de final con preguntas e máis preguntas pero o tempo botóusenos enriba e , finalmente , non puidemos nomear campión deste trofeo.
A verdade é que resultou moi difícil para as dúas mediadoras levar esta reunión polo número de rapazas e rapaces que se xuntaron. Nós tamén aprendemos que co gran grupo non é posible traballar con dilixencia.
Rematamos a xuntanza falando das seguintes lecturas que serán diferentes en cada curso.Os de A lerán Los armarios Negros de Joan Manuel Gisbert e os de B lerán No te laves las manos Flanagan de Andreu Martín e Jaume Ribera.
Aínda quedaron de ler outro par de títulos dos que falaremos noutra ocasión.
Dado que será a derradeira entrada, por ser a última reunión do ano, queremos desexarvos Boas Lecturas!!
18 dic 2014
Convenceunos Apocalipse Z
17:23
A quenda do libro
Sin comentarios
Vaia por diante a nosa felicitación, os parabéns mais cordial a Manel Loureiro porque ás persoas deste grupo de lectura gustounos Apocalipsis Z/ Apocalipse Z.
O libro, para a maioría de nós tiña todo en contra para que chegásemos a gozar con el.Entre outras razóns, porque xa levamos tres anos xuntándonos para comentar lecturas que , previamente, propoñemos e logo votamos , e nunca leramos nada deste xénero.Parecera que non tiña seguidores entre nós, pero ao remate do curso pasado, un par de compañeir@s amosaron a súa predilección pola ciencia ficción e @s demais deseguida @s animamos a que propuxeran títulos porque tod@s estabamos dispostos a mergullarnos nese mundo literario que , hoxe en día, ten tantos partidarios,aínda que non estabamos moi convencidos do éxito da lectura proposta.Eramos un chisco escépticos.
Certamente vari@s compañeir@s, e a que escribe igualmente,nunca colleriamos Apocalipse Z se non fose polo gusto de compartir lecturas e opinión dentro de A Quenda do Libro . Así que, curiosidades da vida, a proposición miña, trala suxestión dun dos meus fillos que se devorou a triloxía nunha semana,a novela de Manel Loureiro foi a máis votada entre os diferentes títulos propostos, e, polo tanto ,a primeira obra en ser lida.
E non nos arrepentimos.Gustou.
Non concordou connosco unha das persoas asistentes a quen, emporiso, lle encantara El Último Pasajero , tamén de Manel Loureiro.
E gustoulle" con matizacións" a outro compañeiro que critica que o autor apelara a moitos tópicos , se estenda demasiado nalgunhas pasaxes polas rúas de Vigo, e...que o protagonista non pasara polo Morrazo ( porque é da zona).
Unha terceira compañeira ,non lograra rematalo para o día da reunión ( xa hai una semana) , pero a parte lida parecéralle monótona e queixouse de que a edición que ela manexaba , en castelán, estaba chea de erros ortográficos. Aínda así, debo mencionar que , hoxe mesmo, esta amiga me comentou que , rematado a primeiro libro, xa comezou o segundo e que lle está gustando.
E , ao final , as gabanzas, para que quede bo sabor de boca.
Consideramos que a mestura de lugares reais con situacións tan ficticias engaiola aos lectores. Que os non mortos camiñen pola xeografía galega ponnos diante dunha perspectiva distinta a das películas e lecturas americanas.Na Galiza temos bos sitios para iso.
A escalada do medo-terror avanza dun xeito tan progresivo que te somerxe na historia e o teu corazón latexa aceleradamente.
Parabéns ao autor en especial, polas espectaculares páxinas do Meixoeiro que está perfectamente descrito.
En referencia aos tópicos dos que alguén falou ao comezo, a maioría dos asistentes defendemos a necesidade de que aparezan.Danlle moita verosimilitude á novela se consideramos a situación. Así , os puntos seguros, a desinformación na que vive a poboación,a infravaloración da epidemia nos comezos... non nos estraña nadiña.Tampouco que nas casas haxa conxeladores grandes cheos de provisións, que estean provistasde placas solares para defenderse dos problemas de subministro eléctrico, que a poboación resida en vilas ben afastadas unhas das outras, que a abondosa vexetación dificulte o tránsito en lugares deshabitados...
Como nos vai sorprender se é o pan noso de cada día!!
O final do libro é espectacular!Pero non diremos máis porque hai que lelo! E os seguintes da triloxía tamén! Nesas andamos uns cantos . Outros xa o fixeron.
Pagou a pena lelo!
Quizais fora a porta de entrada ao mundo da Ciencia Ficción para moitos de nós.
16 dic 2014
O Club itinerante
11:30
A quenda do libro
Sin comentarios
Se nunha entrada anterior dei conta do que se falou na reunión de pais, nais e amigos de A Quenda do Libro, nesta quero valorar o que se fai nesas "reunións paralelas" que sempre teñen lugar.
Explicareime.Na reunión do pasado mécores ,10 de decembro,estivemos nove persoas pero Arrugas / Engurras de Paco Roca foi lido , polo menos,por outras seis máis que tamén pertencen ao club de lectura.
Se alguén se pregunta como o sei entenderano axiña.
Nunha vila onde tod@s nos coñecemos aproveitamos calquera momento para facer o que nos gusta en calquera ocasión e con quen se preste.
A saber, dúas nais coas que me atopei nos corredores do instituto días antes da xuntanza,aproveitaron a ocasión para intercambiar opinións sobre o que leran e fixemos unha minitertulia.
Na cola da carnicería dun supermercado estaba outra que desculpándose por non ter ido á reunión fixo os seus comentarios ao respecto do cómic e eu deille conta do que falaramos.
Outras dúas persoas ,que por motivos laborais non acudiron, teñen encargadas a outras nais, moi entusiastas elas, para que tras a reunión as visiten e entón falan do libro e do que conversamos na reunión e aportan as súas propias valoracións.
E, xa por fin, temos un amigo do Club de Lectura que estaba desexando participar e que polo traballo foille imposible achegarse,pero mandou vía correo os seus comentarios.
Seguro que outr@s o leron e agardan o momento para compartir os comentarios.
Seguro que outr@s o leron e agardan o momento para compartir os comentarios.
Logo, son ou non son activos estes membros de A Quenda do libro? Non so lendo senón tamén departindo!
A tod@s eles e elas grazas!!
Que as lecturas @s acompañen!!
Que as lecturas @s acompañen!!
15 dic 2014
Reunión da rapazada de 2º de E.S.O.
12:30
A quenda do libro
Sin comentarios
Rapazas e os rapaces de 2º de E.S.O , lembrades que o martes, 16 de decembro, temos a reunión para comentar O misterio dos fillos de Lúa.
Nós mandámosvos a Lúa para que a acariñedes mentres.
Verémonos no Salón de Actos ,porque somos moitos e non cabemos en calquera sitio!Ata o martes!
13 dic 2014
Realidade con humor
20:00
A quenda do libro
1 comentario
O cómic foi a canle que escolleu atinadamente Paco Roca para contarnos unha historia con certa dose de dramatismo pola situación dos personaxes e as enfermidades que sofren.
Así opinamos os pais e nais que nos reunimos na Biblioteca do Lama das Quendas o pasado mércores.
Daquela debatemos sobre a idoneidade das viñetas para emocionarnos coa historia protagonizada polos anciáns dunha residencia na que pasan os derradeiros anos da súa vida.
Tod@s coñecemos ou temos algunha persoa achegada con alzhéimer e , ao ler Arrugas/ Engurras , ao ver os debuxos das caras de Emilio ou Modesto , non lles poñemos as dos nosos coñecidos como fariamos se non houbese ilustración.Os asistentes convimos en que esta narrativa debuxada fainos gozar mellor desta historia de persoas que son coma nós , que en calquera momento podemos vernos afectad@s por este mal, e aproveitamos a ocasión para falar , en xeral, do alzhéimer e dos consellos que se dan para retrasar a presenza ou evolución desta enfermidade.
Para nós o libro é un fragmento de vida.Coma se dunha folla do medio do libro da vida de Emilio se tratara. Non sabemos os seus principios nin o seu remate , pero coñecémolo nun momento crucial.
Algunha asistente expresou o seu desagrado polo feito de que o libro non tivese un final pechado. E , na conversa, inferimos que así cadaquén , no seu maxín , terá un.Mais todos sabemos como adoitan terminar estes casos na realidade . Aínda así,o relato quere ter un aire cómico, non lacrimóxeno nin tráxico.
Parolamos sobre as partes que máis nos gustaron e as que menos ;de como son na realidade os lugares onde viven os anciáns e o que fan neles; e da agradable experiencia de ler banda deseñada.
Houbo oco para referirnos á pelicula que se fixo deste libro e que foi visionada porla maioría de nós , e verbalizamos que se un é bo a outra non lle desmerece nadiña e mesmo axuda a entender mellor o que se conta no libro.
Rematamos falando das outras lecturas que tod@s facemos pola nosa conta e propuxemos volver a atoparnos o mércores , 25 de febreiro, ás 17:15 h para comentar La Ladrona de Libros, de Markus Zusak .
Tamén quedamos de facer unha lectura extra para comentar na reunión conxunta de adultos e rapazada que realizaremos aló por abril do vindeiro ano.
Ao rematar a xuntanza chega o momento da despedida que resulta entrañable por ver a pais e nais coas lecturas variadas das que se aprovisionaron antes e despois da reunión para ter reservas durante o tempo de Nadal no que a Biblioteca do I.E.S permanece pechada.
Que gozada!
10 dic 2014
Falamos e dixemos
20:29
A quenda do libro
Sin comentarios
A multitudinaria reunión do club do pasado martes deu para moito.
O alumnado de 1º A que lera O Buzón dos Nenos de Úrsula Heinze e os de 1º B que leron Un tren cargado de misterios de Agustín Fernández Paz alternáronse para contar quen eran as protagonistas das súas respectivas historias e narraron os feitos que lles ocurriron a Bea e Ana nos escenarios onde se desenvolveron as diferentes accións.
Explicaron que o que máis lles gustou do relato do escritor lucense era a súa brevidade ( sempre tan prácticos) , tamén que trancorrera polo mundo adiante ,nunha viaxe, e as adiviñas que no libro se formulan porque eran moi doadas. Propuxémoslles a lectura das que aparecen no libro de Paco Martín titulado ¿Qué cousa é cousa...? , que poden consultar, na nosa Biblioteca , e amosámoslle a grande cantidade delas que se poden ler aí.Algunhas ben difíciles...pero traen solución.
E do relato de Úrsula Heinze agradoulles que o personaxe principal, Bea , atopara a tan desexada boa amiga e que ambas as dúas encamiñaran os seus esforzos en axudar aos demais.
A rapazada de un grupo enleouse en adiviñar datos do libro do outro grupo e así foi correndo o tempo mentres atinaban cal fora o primeiro buzón dos nenos,que lugares visitara o tren, que problemas requerían a axuda de Bea e Amaia; e ,convertíndose nos personaxes de cadansúa lectura, comentaron cousas das que podían presumir, aqueles problemas de seu que demandarían axuda ...
Rematamos con dúas actividades previstas. Unha foi marcar os libros de lectura que imos traballar proximamente, ensinámosllelos e quedaron de pasar pola Biblioteca a recoller os exemplares.Outra consistiu en convocalos para que no facebook xoguen cos títulos dos libros segundo o que vos propoñeremos axiña.Tod@s quedades convidad@s.
Reunión do Profesorado do Club
16:00
A quenda do libro
Sin comentarios
O vindeiro xoves, na Aula Multimedia temos a reunión do profesorado para comentar Apocalipsis Z/ Apocalipse Z de Manel Loureiro.
Imos afinar os nosos comentarios porque despois farémosllos chegar a Manel Loureiro que os está agardando, coma podedes comprobar.
Vémonos e falaremos!
9 dic 2014
7 dic 2014
3 dic 2014
Por non falar do que non se coñece
18:01
A quenda do libro
Sin comentarios
Caladiños estaban hoxe os rapaces e rapazas da fotografía. Custou un mundo que falasen, que participasen ao comezo da reunión.O motivo era que moit@s non leran as páxinas acordadas e... non podían opinar por iso de que falar do que non se sabe...
E as persoas que as lemos non quixemos destriparlles o libro de Paco Martín así que cambiamos de actividades sobre a marcha e seguimos falando por aquilo de coñecernos.
Deste xeito,como se fósemos a muller do Rexedor que aparece nas primeiras páxinas da novela Das Cousas de Ramón Lamote , propuxémonos "fundar" unhas ONG ben estranas e inútiles pero resultou difícil porque esta rapazada considera moi importante a labor das organizacións creadas para axudar aos demais.So xurdiu unha de axuda ás persoas que usan gafas ( axiña preguntei polas actuacións da mesma xa que uso lentes) e outra relacionada con axudar ao profesorado que non quixen entender moi ben.
E aínda que non querían falar da lectura , por descoñecemento , non lles importaría falar durante unha hora, sen que ninguén soubese que eran uns verdadeiros descoñecedores,de temas tan variados como o gatosaurio, Rafalandia, o fume,as pastillas da felicidade,os ordenadores con forma de peixe, os colgadoiros ou, e isto doéulle aos asistentes masculinos porque pensaron moi mal,o que pasa na mente dos mozos.
Para a vindeira reunión, xa no novo ano, falaremos , sobre todo, das especiais Cousas de Ramón Lamote.
2 dic 2014
Libros, películas, pesadelos e outras historias de medo
18:00
A quenda do libro
Sin comentarios
Acabamos a sesión falando dos
nosos pesadelos máis terríbeis, ou sexa, dos medos que ocultamos no
subconsciente, e , entre estes, figuran o medo á guerra, ás arañas, ás cobras,
a ser perseguidos por un asasino armado cun coitelo... Sen embargo ningún dos
rapaces confesa terlles medo ás "malas linguas". Que sorte que aínda
non saiban o dano que estas poden facer!!
1 dic 2014
Os de 3º de E.S.O. falarán Das Cousas de Cando petan na porta.
20:09
A quenda do libro
Sin comentarios