16 dic 2014

O Club itinerante

Se nunha entrada anterior dei conta do que se falou na reunión de pais, nais e amigos de A Quenda do Libro, nesta quero valorar o que se fai nesas   "reunións  paralelas" que sempre teñen lugar.
Explicareime.Na reunión do pasado mécores ,10 de decembro,estivemos nove persoas pero  Arrugas / Engurras de Paco Roca foi lido , polo menos,por outras seis  máis que tamén pertencen ao club de lectura.
Se alguén se pregunta como o sei  entenderano axiña.
Nunha vila onde tod@s nos coñecemos aproveitamos calquera momento para facer o que nos gusta en calquera ocasión e con quen se preste. 
A saber, dúas nais  coas que me atopei nos corredores do instituto días antes da xuntanza,aproveitaron a ocasión para intercambiar  opinións sobre o que leran e  fixemos unha minitertulia.
Na cola da carnicería dun supermercado  estaba outra que desculpándose por non ter ido á reunión fixo os seus comentarios ao respecto do cómic e eu deille conta do que falaramos.
Outras dúas persoas ,que por motivos laborais non acudiron, teñen encargadas a outras nais, moi entusiastas elas, para que tras a reunión as visiten e entón falan do libro e do que conversamos na reunión e aportan as súas propias valoracións.
E, xa por fin, temos un amigo do Club de Lectura que estaba desexando participar  e que polo traballo  foille imposible achegarse,pero mandou vía correo os seus comentarios. 
Seguro que outr@s o leron e agardan o momento para compartir os comentarios.
Logo, son ou non son activos estes membros de A Quenda do libro? Non so lendo senón tamén departindo!
A tod@s eles e elas grazas!! 
Que as lecturas @s acompañen!!

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Justin Bieber, Gold Price in India