25 ene 2018

Trebellando con "Binomios fantásticos..."

Lendo e comentando “Binomios fantásticos” de Miguel Robledo, libro ilustrado editado polo Sindicato del Cómic de Ourense, déusenos por xogar coas palabras e, trebellando e trebellando, fixemos o seguinte: nun saquiño puxemos nomes de cousas, e noutro adxectivos. Logo unímolos ao chou e saíronnos binomios máis ou menos fantásticos, dos cales fixemos micro-historias. Mais non nos quedamos aí, non! Nunha segunda sesión, engadimos unha personaxe que, tamén ao azar, correspondeulle cadanseu obxecto… Foron nados así os nosos…

BINOMIOS EXTRAÑOS!!!

Permanecede atentxs ás historias de…

O GRANXEIRO ANANO e o MILLO CORREDOR.
O INMIGRANTE MÁXICO e o PENDENTE GUAPO.
O GAITEIRO e o seu ORDENADOR EXTRAÑO.
BATMAN, o seu amigo FRAN e a FRAUTA ANTIGA.
O CAZADOR de MESAS BONITAS.
O MÚSICO e o BOLÍGRAFO DE ALUMINIO.
O ZAPATEIRO e a IGREXA FEA.
A TIA RITA e a ÁRBORE GRANDE.
O SEMENTADOR DEMENTE e a súa SEMENTE LERENTE.

A TÍA FILIBERTA “A GUERRILLEIRA” e a VACA GRANDE.


19 ene 2018

Binomios fantásticos...

A luva foi lanzada... propuxémoslle ao alumnado do club de lectura de 1º de E.S.O. que escribiran sustantivos nun papel, e adxectivos noutro... remexémolos ben e xuntamos un de cada para facer un binomio... serán tamén tan fantásticos como os do libro de Miguel Robledo?


12 ene 2018

Listado de libros do segundo trimestre!

Libros para este segundo trimestre en "A quenda do libro".
1º ESO: Binomios fantásticos, de Miguel Robledo.
2º ESO: Alaia e a deusa, de Tomás González Ahola.
3º ESO: El trovador oscuro, de Carlo Fabretti.
4º ESO: A divina comedia (O Inferno), de Dante.
Bacharelato: Escolma de lírica medieval galego portuguesa.
Nais, pais e amigxs: Da fría e distante Estrela Polar, de Tomás González Ahola e/ou Patria, de Fernando Aramburu.
Profesorado e persoal non docente: Non me deixes nunca, de Kazuo Ishiguro.


11 ene 2018

Con Tomás Camacho...

Foto de familia da visita de Tomás Camacho, compositor/arranxista xunto co seu fillo Gaël Camacho das músicas que aparecen na obra teatral "Nos espazos do soño" de Xosé Vázquez Pintor, e que onte compartiu os momentos previos á representación dos dous primeiros actos da mesma co alumnado de Música de Bacharelato e con membros do club de lectura "A quenda do libro".

Na charla falamos da obra (tanto da parte literaria como da musical), de actuar en público, do traballo de "titiriteiro" (ben sexa como actuante, musicante ou entre bastidores) e dalgunhas anécdotas da súa vida como docente e intérprete.

Moitas grazas Tomás pola túa xenerosidade!


9 ene 2018

Mañá ás 17:30 horas, e aproveitando que Tomás Camacho, un dos autores da música de "Nos espazos do soño", vai vir ao instituto para ver a obra de teatro feita polo alumnado de Música de 1º de Bacharelato (comenzaremos ás 19:00!!!), teremos un encontro con el... Mil grazas Tomás!


8 ene 2018

Nos espazos do soño, este mércores...


 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Justin Bieber, Gold Price in India