21 jun 2019

Fin de curso!!!

Un feliz verán de lecturas!!!


19 jun 2019

Reunións finais...

Esta semana tivemos as dúas derradeiras reunións deste curso dos grupos de adultas.

O luns pasamos unha tardiña mui agradábel co club de nais e amigas, na que falamos de "Tú no matarás" de Julia Navarro e da banda deseñada "Pílulas azuis" de Frederik Peeters. E desta vez con recomendación incluida para reunirnos á volta do verán: "La vida a ratos", nova obra de Juan José Millas.

O mércores no tempo de lecer despedimos o club do profesorado (e de paso a Maricarme e Toño, que se xubilan, e a Ana, que muda de centro logo de varios cursos en Chantada) falando da terceira parte de "Cántico por Leibowitz" de Walter M. Miller e "Los años de peregrinación del chico sin color" de Haruki Murakami, e xa pensando nalgúns títulos que poderán caer para o vindeiro curso...



 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Justin Bieber, Gold Price in India