30 sept 2016

54 alumn@s de 3º e 4º queren ser do club!

Onte xoves fixemos a xuntanza do alumnado de 3º e 4º que quería pertencer ao club de lectura e a ocasión serviu de reencontro con " vell@s amig@s" deses cursos aos que xa non poido ver nas aulas porque non son a súa profesora.
O resultado foi que o 66 % do alumnado deste ciclo asistiu á reunión.
Agradecemos enormememente a participación , afecto e colaboración que este grupo de alumnas e alumnas nos proporciona en cada convocatoria que lle ofrecemos.
Tod@s sabían o mecanismo do club, non en vano pertenceron ao mesmo todos os anos que levan no instituto, así que o desenvolvemento da reunión resultou ben doado.
Proporcionámoslles a información  básica, fixeron as súas suxestións de organización e de lecturas e pouco antes de que soara o timbre demos por rematada a reunión que , de verdade , nos prestou as mediadoras asistentes.
Grazas por vir e estar.Sempre.

28 sept 2016

O 61 % do alumnado de 1º e 2º de ESO pertence ao noso club

Ás 11:15, na hora do recreo de onte, comezaron a chegar alumnos e alumnas de 1º e 2º de E.S.O. ao Salón de Actos onde foran convocad@s.
A rapazada de 2º ,como grupo experimentado , miraba @s seus compañeir@s  con ese sorriso na cara que indica que xa sabes o que vai pasar.Xa sabía que hoxe era a toma de contacto , a hora de  recibir información concisa e o momento de  facer preguntas e suxestións.
@s de 1º de ESO , con cara de ser novatos neste tipo de reunións e con timidez e discreción, foron ocupando os seus asentos e formulando as cuestións que lles preocupaban. 
Podedes ver na fotografía que hai un bo fato de rapazas e rapaces interesados nesto de ler e de facer actividades coas lecturas.(Algún aínda veu correndo tralo periodo de lecer para que o anotásemos porque se esquecera da reunión.)
As mediadoras estamos contentas cun  grupo  tan numeroso de persoas  do primeiro ciclo da E.S.O..Con elas teremos que facer , como pensabamos ,4 grupos e, decontado ,publicaremos o calendario de reunións para iniciar, realmente, as actividades.
Benvid@s  a este espazo no que nunca temos tempo de aburrirnos porque estamos xunt@s e lemos.

27 sept 2016

Queres ser do club?

O vindeiro xoves, ás 11:15 horas , no salón de Actos do Lama das Quendas teremos a primeira reunión do alumnado de 3º e 4º de ESO que queira formar parte deste proxecto lector durante o curso 2016-2017.
Se estás interesado/a , acude á xuntanza para que o profesorado colaborador do club poida transmitirvos as primeiras informacións , tomar nota de cantos sodes e  apuntar as vosas suxestións para poder programar as diferentes reunións e as actividades desta nova andaina.
Agardamos por vós!!!

26 sept 2016

Ler no novo curso

Comezamos coas reunións!!!Se es unha persoa que cursas 1º ou 2º de ESO e estás interesada en participar nas actividades do noso club de lectura  acude ao Salón de Actos do instituto o vindeiro martes, 27 de setembro, ás 11:15 horas. 
Será unha reunión informativa  na que as mediadoras anotaremos ao alumnado co que contamos e as vosas suxestións para comezar coa organización do calendario e a programación de actividade.
Agardámosvos!!!

25 sept 2016

5º cumpreanos

Cando me fixen cargo do papel de mediadora en A Quenda do Libro tiña moita ilusión e unha grande ansiedade. 
Ilusión porque leo dende pequeniña ( aprendín a ler no periódico) primeiro cómics e tebeos e logo libros; porque amo a lectura e os libros; porque me gusta a xente e falar con ela de lecturas é un pracer, por exemplo. 
Daquela estaba tamén, como vos dixen, ansiosa  porque nunca afrontara unha unha dinamización lectora desta importancia e descoñecía como se ía desenvolver e como ía resultar o proxecto.
Hoxe, cumprimos ,pais ,nais,alumn@s,profesor@s e outr@s amig@s lectores , o noso primeiro lustro e as sensacións que a min me invaden son de ledicia, satisfacción, felicidade ... E todo  grazas a tant@s lector@s como participastes nestes cinco anos nas reunións e actividades lectoras  do Lama das Quendas e nesoutras que fixemos, de xeito improvisado,na beirarrúa , na carnicería, na caixa do supermercado e noutros lugares  así de orixinales. 
 Douvos, entón, moitos parabéns por estes cinco anos lectores e convídovos a que  sigades participando durante este curso 2016-2017.
Por moitos e bos anos de lecturas!!
Grazas.

 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Justin Bieber, Gold Price in India