29 ene 2013

Reunión de alumnas de 3º e 4º de ESO

          Hoxe martes tivemos a reunión do alumnado de 3º e 4º de ESO. A verdade é que non estivo moi concurrida pero quen  faltou digamos que  o fixo por razóns poderosas: actividade de EF na piscina, exames, enfermidade... 

          As rapazas  asistentes, algunhas verédelas na foto, realizaron actividades encamiñadas á  conmemoración do día escolar da paz .
                                     
          A este grupo  tocoulle realizar actividades como buscar  persoas destacadas polo seu pacifismo (recoñecido ,ademais, co Premio Nobel da Paz); explicar por que se celebra o 30 de xaneiro o Día Escolar da Non Violencia e a Paz ; e , por último, elaborar un listado de libros que tod@s podemos ler  e que, de seguro, nos farán pensar.

              Mañá daremosvos máis información de todas as actividades e onde podedes  observalas.

                Aburiño!

              

26 ene 2013

Reunión do alumnado de 3º e 4º de ESO

23 ene 2013

Os de 2º buscan a "paz"

           Onte, martes, nevou en Chantada.E  houbo un par de alumnas que non puideron acudir á reunión ( nin ás clases)  por mor da nevarada que había nas súas aldeas ao pé do Faro.Pero tivemos reunión do club de lectura igualmente. E xa sei que agardabades esta entrada no blogue  xa onte pola tarde, pero non puido ser. E non foi a neve senón outros asuntos os que non me permitiron dar conta da actividade. Mais... alá vai.
          Traballamos buscando  paz. Non buscabamos á Paz ( profe) senón  que  andamos á procura de frases  que se teñan dito sobre  ese ben tan preciado en todas as sociedades ( aínda que ás veces non o pareza).
          Os rapaces e rapazas de 2º atoparon , e escribiron, algunhas interesantes opinións  de persoas  ben consideradas  e vós teredes ocasión de velas na vindeira semana no taboleiro do Clube no Lama das Quendas.
          Que?
          De acordo! Velaí vai un anticipo coa foto de grupo que fixeron.

          A que teñen boa cara!  Pois os que non estades  aínda vos podedes incorporar cando o desexedes.
          Pasámolo ben!
          Aburiño!!!

20 ene 2013

Reunión do alumnado de 2º de ESO




Rapazada de 2º A e 2º B de ESO:  non podedes esquecervos!



Temos preparada unha actividade interesante. A ver se vos gusta !
Ata o martes!

15 ene 2013

Reunión de alumn@s de 1º B de ESO

Para non ser menos,
Reclaman os de B,
Imos facer acrósticos.
Merecémolo ben.
E na reunióndo clube,
Igual que os de A,
Recollen as ideas.
Os poemas xa van.

Bafarada de boas intencións!!!





             O que esta rapazada fixo tamén o poderedes ver no taboleiro de A Quenda do Libro en breve. De momento mirádeos traballando con alegría e concentración .

13 ene 2013

Reunión de alumn@s de 1º B de ESO



Non  vos esquezades!


Vémonos o martes, amiguiños!

12 ene 2013

La Cazadora de Indiana Jones

Velaí vai o resumo que  Ana Doval , unha das rapazas do club de lectura ,escribiu sobre  La Cazadora de Indiana Jones  de Asun Balzola.
 

   Christie  es una niña que vive en Bilbao aunque es medio inglesa.
     En su familia , ella es la pequeña y se ve obligada a heredar cosas.
     Un día, tiene que llevar al colegio una chaqueta que  era de su hermano y allí se ríen de ella.Pero, Christie ,muy hábilmente, se inventa que aquella cazadora perteneció a Indiana Jones y tiene que  alquilarla  por horas.
     Pero... se descubre todo y el día que tiene que pedir disculpas a su clase, esa historia le sirve para que George, un chico nuevo, se fije en ella.
     En las vacaciones de Navidad , se va la familia a casa del abuelo.Allí , uno de los hermanos , encuentra su vocación  y , al regresar la niña enferma gravemente. Al recuperarse era una chica distinta: alta y delgada.
     Un día , llegó a casa muy cansada, se tumbó en su cama y , como tenía frío, se cubrió con la cazadora y pensó que le parecía imposible la mentira que había contado. ¡Había sido tan inmadura!



8 ene 2013

Reunión do alumnado de 1º A



Para o día da Paz                                      
Repartidos en parellas
Improvisamos poemas.
Matinamos sobre o tema.
Empezamos a escribir.
Innegablemente
Reconfortados,
Organizamos

Acrósticos!!!



Xa sabedes en que consistiu o traballo do alumnado de 1º A  neste primeiro día de clases de xaneiro. Mais adiante habedes velo no taboleiro do clube.

Aburiño!!

3 ene 2013

Xa estamos no ano novo!


 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Justin Bieber, Gold Price in India