29 ene. 2013

Reunión de alumnas de 3º e 4º de ESO

          Hoxe martes tivemos a reunión do alumnado de 3º e 4º de ESO. A verdade é que non estivo moi concurrida pero quen  faltou digamos que  o fixo por razóns poderosas: actividade de EF na piscina, exames, enfermidade... 

          As rapazas  asistentes, algunhas verédelas na foto, realizaron actividades encamiñadas á  conmemoración do día escolar da paz .
                                     
          A este grupo  tocoulle realizar actividades como buscar  persoas destacadas polo seu pacifismo (recoñecido ,ademais, co Premio Nobel da Paz); explicar por que se celebra o 30 de xaneiro o Día Escolar da Non Violencia e a Paz ; e , por último, elaborar un listado de libros que tod@s podemos ler  e que, de seguro, nos farán pensar.

              Mañá daremosvos máis información de todas as actividades e onde podedes  observalas.

                Aburiño!

              

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Justin Bieber, Gold Price in India