21 dic 2012

Felices festas e boas lecturas

Dende o clube queremos desexarvos  unhas felices festas  e un aninovo cheo de todo aquilo que desexades ( se sodes razonables).

Convídovos a visitar o glogster  de biblioquendas coas recomendacións  de lecturas para o Nadal. Aí poderedes atopar suxestións para ler e agasallar  en galego,castelán e francés.

Vémonos no 2013!!

20 dic 2012

Aumentan considerablemente os préstamos a pais e nais

O xoves pasado, 13 de decembro,   o grupo de pais e nais do club de lectura  non so  se achegaron á biblioteca do IES para comentar o libro marcado senón que, ao remate da reunión,  tiveron tempo de buscar algunha lectura para levarse á casa .

Nalgúns casos pediron consello ( algo complicado para min) e practicamente todos se levaron a casa algo ademais " dos deberes"  tanto en soporte papel como  en algún dos libros electrónicos  dos que dispomos no centro.

So esta nova xa é motivo de ledicia  polo que significa  a prol da consecución de  dous dos  obxectivos do club:  o fomento da lectura e  a optimización e dinamización da Biblioteca do Lama das Quendas. Non credes que estamos no bo camiño!!

Unha nai me dicía o mércores que pola miña culpa estaba durmindo menos ( e traballa na casa e fora).Ante a miña demanda de explicacións  afirmou que non  da soltado o libro  que levou porque lle encanta. Que ben!!

Cada día vén algún pai ou nai na procura dalgún libro en calquera das horas nas que a Biblioteca está aberta e sempre os recibimos cos brazos abertos.

Xa sabemos que, parafraseando o título dun libro " as persoas, que len, son perigosas" pero porque  ao abrir o libro ábrense as portas ao coñecemento  e á imaxinación.

Gústanos que sigades participando tan intensamente nestas actividades!!


19 dic 2012

Títulos para a segunda quenda de lecturas.

           Ola!! 
           Déixovos o listado de libros  que quedamos de ler os diferentes grupos de A Quenda do Libro  para que vos sirva de apuntamento.
Lembrade que hai exemplares na nosa biblioteca á que podedes acudir durante os recreos.
Sabede que  todos os libros foron de lectura obrigada ou optativa no noso IES  aínda que fose hai anos polo que moitos dos vosos irmáns maiores ou coñecidos de cursos anteriores han ter o libro na casa e volo poden deixar coma fixeron os rapaces que acudiron ao noso rescate no noso particular "banco de libros".
          Imos  coa lista:



 Os de 1º A de ESO lerán  O Pazo Baleiro de  Xabier P: Docampo mentres que os de              1º B  traballarán con Memorias de un raposo de  Antonio Reigosa. 







Os de 2º de ESO  lerán A voz do Lago de Antón Riveiro Coello.
Os de 3º lerán Cando petan na porta pola noite  de Xabier P. Docampo e os de 4º , desta volta, lerán en castelán  Una luz en la marisma de Javier Alfaya


 Nos grupos de adultos , os pais e nais lerán Ollos de auga    de Domingo Villar e o persoal docente e non docente  El retrato de Dorian Gray  de  Oscar  Wilde  en galego ou castelán en calquera dos dous casos.



Estade pendentes do calendario ( que deseguida actualizarei) para coñecer as datas das reunións  do vindeiro ano.

Boas lecturas e boas festas!!



18 dic 2012

Silvestre e os ladróns de soños de Tristes armas

          Na aula multimedia xuntámonos hoxe con rapazas  de 3º e 4º da ESO.
          As  alumnas de 3º  falaron  de Silvestre y los ladrones de sueños ,unha novela que defende o respeto aos marxinados facendo unha crítica social  moi interesante. O protagonista, un rapaz moi serio, sensato e responsable parece ás veces  que fai de pai do  seu propio proxenitor. Aínda que a unha das rapazas non lle gustou que Silvestre sempre tivese algo que dicirlle ao seu pai, algo que "criticar".


          Algo salientable  da novela son as historias orais que Mama, un dos  pesonaxes,  relata e que  teñen moita  miga tamén para nós.

          A algúns personaxes  da obra de Bermejo robáronlles os seus soños  e a Carmiña e Miguel a guerra civil española  non so lle roubou os soños senón que tamén  quedaron sen as súas fillas Harmonía e Rosa ( preciosos nomes ,por certo), verdadeiras protagonistas de  Tristes armas , a novela de Marina Mayoral. precioso libro a xuizo das lectoras.


17 dic 2012

Reunión de alumn@s de 3º e 4º de ESO para comentar lecturas

Ola mozos e mozas de 3º e 4º de ESO!
Sabedes que mañá  martes,18 de decembro,  na Aula Multimedia comentaremos  as vosas "tristes" e "asilvestradas" lecturas;  mais imos pasalo ben.

Agárdovos!!


16 dic 2012

Comentando El tiempo entre costuras


          O venres , 14 de decembro, na hora do recreo , tamén nos xuntamos  un grupo de docentes para falar de El tiempo entre costuras  de  María Dueñas.
     O tempo pasou axiña entre  amenos comentarios  sobre o libro.Case tod@s manifestamos  que comezaramos a lectura  crendo que a narración ía  discorrer por outros rueiros e , ao final , quedou nunha novela que  se deixa ler , que resulta fácil e na que ,quizais , o máis interesante resulte a mestura de personaxes de ficción  e  personaxes que existiron na realidade convivindo  nunha época histórica  aínda pouco utilizada na nosa literatura.

                                       

          Deixo enlace para o blogue de El tiempo entre costuras  no que se poden ver os escenarios nos que transcorre  a novela e  fotografías dos personaxes históricos utilizados.
        
             Pareceume  un recreo do máis doce.
          
            Boas festas e boas lecturas compañeir@s!!!



15 dic 2012

Aos pais e nais gustoulles O Principiño


Foi o xoves,13 de decembro.Chovía a mares.Eran  case as 17:30 h pero parecía noite pecha e eu , como coordinadora do Club A Quenda do Libro agardaba con ansia  que chegara o momento da reunión de pais  por dúas razóns diferentes.
 A primeira por saber se acudirían en bo número, como ocorrera na primeira reunión, ou xa cansaran .A segunda por ver as sensacións que O Principiño puidera espertar neles e as opinións que del tiñan.
A arela trocou en  ledicia  segundo ían aparecendo pais e nais pola porta da Biblioteca e converteuse en  delicia cando comezaron as manifestacións do que O Principiño lles dixo a cada un.
Esa tarde uníronse ao grupo dúas nais  máis que non puideran estar na xuntanza anterior e tivemos outro cativiño  que aguantou ,estoicamente sentado,  a conversa de moitos maiores falando dun libro!!!
Para eses pais e nais que vivistes a sesión do xoves: Grazas por serdes así, por estar comprometidos no proxecto e por ser xenerosos cos vosos comentarios compartíndoos con todos os demais.
Alí pasamos a sesión falando da simplicidade dos  vaidosos que so ven admiradores nos demais; dos "reis" que simplifican o mundo considerando súbditos a todos os homes e dos homes de negocios que se lles parecen porque posúen o que os reis gobernan;de que o traballo  é bo se é útil, como o do faroleiro; da importancia dos ritos;  dos vencellos que se crean cando se "domestica" a alguén...
Alguén comentou que botou un anaco pensando en cales eran os seus  baobabs ( léase problemas)  que  poden destruír o "seu  planeta".Outra persoa estaba abraiada  da claridade de ideas do Principiño.E, unha terceira falaba da verdade que se agacha na seguinte  cita: " soamente se lle pode pedir a un  o que pode dar" ou nesta outra"soamente se ve co corazón ,o esencial  é invisible aos ollos".
Paseniño , paseniño alí xurdiron variados comentarios sobre as  pasaxes do libro que a cada quen lle gustaron máis e tod@s ponderamos a valía desta obra de Antoine de Saint-Exupèry que  sendo de mediados do século XX podemos  aplicar  á sociedade actual.
Ao final , como ao principio, manifestamos ben alto e forte que O Principiño non é un libro de pequenos.O que tampouco significa que non o poidan ler os máis  novos.
A min, prezados pais e nais, pásame como ao Principiño coa rosa ,salvando as distancias,  porque o tempo que pasei convosco fai que a miña tarefa sexa importante.
Foi un verdadeiro pracer que agardo volver gozar na vindeira reunión de febreiro do ano que  vén  para  opinar sobre Ollos de Auga / Ojos de Agua  primeiro libro protagonizado por Leo Caldas e escrito polo autor galego Domingo Villar .
Como  quedei déixovos o enlace para a película de El Principito .
Boas festas e boas lecturas!!!


11 dic 2012

Reunión de pais e nais do Club de Lectura

Ola amig@s!
Só faltan dous días para que os pais e nais do noso club  aparezades pola porta  coa intención de falar de O Principiño de Antoine de Saint-Exupery.

Será o vindeiro xoves,13 de decembro (como quedaramos ), ás 17:30 h  na Biblioteca do IES Lama das Quendas.

Aínda estades a tempo de participar tamén  aqueles pais que vos queirades incorporar.Non fai falla ser un gran crítico. Non é preciso falar con elocuencia. Nin sequera necesitas ser gran comunicador . Só é necesario que che guste ler e  ter ganas de compartir un anaco do teu tempo connosco!

Se liches o libro comentarás.Se non o liches escoitarás. E ,seguramente ,tod@s interpretaremos unha morea de frases que conforman este encantador conto e que son verdadeiras reflexións sobre diferentes aspectos da vida.

Agardámosvos.

Que dis do Lamberto!!

          Hoxe martes,11 de decembro á  Aula Multimedia  viñeron os rapaces e rapazas de 2º de ESO para falar de Lambertooo!, o libro de Jordi Sierra i Fabra.

          Á maioría  gustoulle o libro  aínda que a algún non lle fixo graza que o protagonista sexa un neno.

         Comentamos as falcatruadas que facía o protagonista. Iso si,  sen querer.

         Despois  os membros do club de 2º relataron  situacións nas que eles querendo facer unha broma sen  maior perigo  acabaron ... ,digamos,provocando  situacións complicadas. Varias anécdotas referiron que algunha vez ( hai moitos anos , xa sabedes ) lesionaron ( levemente) a irmáns  máis novos. Outros xogando con parentes acabaron sendo as víctimas e caendo escaleiras abaixo e  algunha mociña   loce unha cicatriz dunha rabuñadura dun gato co que pensaba xogar.

         En fin que , nestas ocasións podiamos aplicar o refrán aquel de : ir por la e saír rapado.


        Grazas por vir  e por facer que o recreo pasase nun suspiro.

        A seguir participando activamente!

        Aburiño!!


9 dic 2012

Comentando Lambertooo!!!

Ola   rapazada de 2º de ESO. Que tal foi esta longa fin de semana que acabamos de gozar? Xa . Claro que  sei que a pena é que  hai que retomar a rutina das clases! E o tramo que queda é duro porque hai moitos exames e traballos que presentar antes do Nadal .Pero... ánimo!  Facede o posible para  obter unha boas notas nesta primeira avaliación e así poderedes  pasar unhas vacacións  fantásticas  de verdade. E non coma o voso Lamberto que o pobre non levanta cabeza e as súas ocurrencias so provocan situacións comprometidas.
Xa sabedes , para" laretar" sobre o que Lamberto fixo ou deixou de facer, para falar dos conflitos nos que se ve implicado e as posibles solucións que vós lle suxeriríades vémonos o martes, 11, ás 11:15 h , na Aula Multimedia. De acordo?

 Pois , ata o martes.

Aburiño.

4 dic 2012

Reunión de 1º A e 1º B para comentar libros

     Hoxe martes, as 11:15 da mañá, na Aula Multimedia do IES Lama das Quendas  tivo lugar  o encontro entre o alumnado de 1º A ( que lera La cazadora de Indiana Jones )




 e o  alumnado de 1º B ( que leu Palabras de Caramelo)


     Os dous equipos estiveron prestos a defender o libro lido dando conta do resumo do mesmo, daquilo que máis lles gustou e tamén do que menos gozaron.

   En cada bando había  algúns membros moi activos , interesados en participar e dispostos a marcarlles algún gol aos do campo contrario de xeito que  interviñan en case todas as xogadas. Outros tiveron escasa participación, quizáis por falla de entrenamento e forzas ( iso que algún xa se ve que as estaba repoñendo durante a actividade).

    Finalmente o timbre deu por rematado o  enfrontamento co resultado de victoria para os dúas formacións ( isto só pasa neste tipo de encontros)

    As conclusións que podemos extraer do visto e oído nesta contenda foron as que seguen:

     -  a convivencia entre persoas e culturas diferentes enriquece (Georges Stevenson e Christie gañan ao coñecerse e medran  xuntos)
     - as persoas  non poden discriminarse por seren xordas  ( Kori) ou ter secuelas de graves enfermidades (Georges Stevenson).
    - non debemos avergoñarnos das cousas que  "herdamos" doutros ( A cazadora de Christie  pertencera  ao seu irmán Jaime).
     - os animais , ás veces, dannos grandes leccións ( a Kori dicíalle poesías Caramelo)  que nos serven de moito para a nosa vida.

     En fin ,só queda dar as grazas a toda esta rapazada de 1º de ESO !!

     Ah!! E anímovos a seguir coa preparación necesaria para manter este nivel na competición !!
  
  Non deixedes de entrenar todos os días e seredes uns Messis, Ronaldos,Casillas ou  Iniestas da lectura.

Aburiño!



2 dic 2012

As palabras de Caramelo vs A Cazadora de Indiana Jones


Ola!!
Quero lembrar aos rapaces e rapazas de 1º de ESO que este vindeiro martes, na aula multimedia teremos a reunión  para ler, comentar e  debatir sobre as obras literarias recomendadas.
Vai ser unha batalla incruenta entre os  defensores das palabras de Caramelo e os avogados da cazadora de Indiana Jones.
As únicas consecuencias deste combate serán positivas  para ambos bandos: os dous  quererán  comprobar se o libro dos outros é tan bo como o pintaron.
Rapazada de 1º A  aguzade as vosas razóns a favor da cazadora de Indiana Jones!!
Rapazada de 1º B  afinade os vosos argumentos na defensa  de Caramelo e os seus amigos!!
Xa estou desexando escoitarvos!
Aburiño.

26 nov 2012

Aprazada a reunión de 1º A de ESO


Mañá, martes ,27 de novembro tiñamos reunión os de 1º A de ESO  no club de lectura .Pero  van  ao teatro a Pontevedra!!! Van eles e mais outros moitos alumn@s de francés da ESO e do Bacharelato.  Logo,  a reunión queda aprazada para o vindeiro martes,4 de novembro no que xa faremos o comentario dos libros.


Desexo que o pasedes todos  moi ben  nesa representación de   L´Avare  de Moliere  e agardo que vos fixedes  nos temas que trata a peza teatral:a cobiza, en primeiro lugar, pero tamén a tiranía doméstica , o egoísmo e o sexismo
Lembrade que é unha peza teatral que está na biblioteca do IES en francés e que vola podemos prestar.
Se queres ler El Avaro  en español tamén o podes facer na rede .

Xa contaredes!!!


20 nov 2012

Reunión do alumn@do de 4º de ESO





 

Hoxe  martes, foi a  quenda dos alumnos de 4º de ESO. Xuntámonos na Aula Multimedia , como quedaramos. 

O seu  libro de lectura é un  de Marina Mayoral  titulado Tristes ArmasVarias alumnas xa  o teñen lido  a estas alturas de novembro. Elas si que son previsoras!! E  organizadas!! 



Xa  programamos unha especie de "batalla de lecturas" que terá lugar o vindeiro martes, 18 de decembro no que "confrontarán as súas lecturas" os alumnos de 4º de ESO e os de 3º de ESO.

Acordamos, ademais realizar e preparar  algunha outra actividade como unha  lectura dramatizada destinada ao alumnado do primeiro ciclo de ESO  no segundo trimestre.

Nesta ocasión lamentamos non ter foto que inmortalice a actividade de hoxe: a tecnoloxía non é o meu forte! Outra vez será.

Verémonos lendo!!!




18 nov 2012

Aviso para alumnado de 4º de ESO






13 nov 2012

Reunión de alumnas de 3º A e 3º B de ESO

Hoxe, martes e 13, a pesar da mala fama, foi un bo día de xuntanza cos de 3º A e 3º B. Viñeron poucos, mellor dito, poucas  á reunión e algúns xustificaron a súa ausencia por mor de exames,partido... e algunhas porque seica se esqueceron... claro que é posible.
           As que estivemos fixemos unha chuvia de ideas sobre   Ler   para que?Así xurdiron unha chea  de respostas que axiña  habedes  ver no panel do club de lectura, á entrada do instituto.
           Xa veremos se  vos gusta  a "manualidade".
            








 Lembramos e comentamos como anda a lectura de Silvestre y los ladrones de sueños de José Ferrer Bermejo  e, por suposto, mostramos o xeito de entrar no blogue do Club para recoller avisos e consultar calendario de reunións, por exemplo.

Foi un gozo pasar un anaco de tempo con estas mozas de 3º tan dispostas e implicadas no tema da lectura.
Grazas.
Aburiño.


11 nov 2012

Aviso da reunión con 3º de ESO




Rapaces e rapazas de     3º A e  3ºB de ESO:
vémonos o vindeiro martes,13 de novembro  na
Aula  Multimedia 
para a nosa reunión do club

7 nov 2012

Club de lectura de Pais e Nais

O martes ,6 de novembro tiñamos citados aos pais e nais  que querían participar no club A Quenda do Libro. Á hora prevista, as 18:00 horas, chegaron un bo grupo de pais e nais á Biblioteca. Algunha persoa era a primeira vez que pisaba esta dependencia do IES, pero non ha ser a última. Outras lembraron os seus anos mozos como alumnos/as do instituto e as súas horas  na Biblioteca do mesmo.
Foi unha xuntanza para constituir o grupo e botalo a andar.Quedamos en ler O Principiño no idioma que prefiran: galego, castelán, francés, inglés, portugués... e mesmo algunha nai  ten  o libro en coreano, pero... vai ser que moitos de nós teremos que elexir outra lingua por razóns evidentes.


Amosámoslles a Biblioteca e lembrámoslles  a opción que teñen de levar  dela libros emprestados polo que lles fixemos o carné de usuario .Algunha nai xa fixo uso del e xa lle prestamos o primeiro. 
Tamén lles demos a coñecer o Blogue da Biblioteca e o do club de lectura  porque aquí  poñeremos as novas de interese relacionadas coas lecturas e libros.
Algunha persoa sumouse onte mesmo ao grupo e seguimos dispostos a acoller ( con moita ansia!!!) aos que se  queiran  reunir connosco o vindeiro xoves, 13 de decembro , ás 17:30 horas na Biblioteca do IES para comentar  O principiño e  propor a lectura do seguinte trimestre.Pensade, pensade!!
Os pais e nais manifestaron o seu grande gusto pola lectura e todos estivemos de acordo  no  desexo de que os nosos fillos sexan uns bos lectores e  , alomenos, polo noso exemplo non ha quedar.
Lembrade a dirección de correo do club por se xurdira calquera inconvinte,dúbida... e queredes contactar connosco : clubdelecturalq@gmail.com.
Vémonos axiña.
Boas lecturas


Reunión do club con alumn@s de 2º A e 2º B de ESO

O martes, 6 de novembro a rapazada de 2º de ESO encheu a Aula Multimedia para participar no Club de lectura.


Propúxose a lectura deste trimestre : Lambertooo!!! de Jordi Sierra i Fabra .  Hai rapaces que o lerán en galego e outros en castelán.
 Despois puidemos ver unha  homenaxe que lle fixo ao autor a súa propia familia  repasando os feitos máis salientables vividos por Jordi dende que era neno.
Mais tarde , no pouco tempo que nos quedou do recreo , comezamos a ver unha entrevista que  Dani Mateo lle fixo ao autor catalán  no programa  Noche sin tregua 1ª Parte y 2ª parte. para presentar Kafka y la muñeca viajera   libro que todos coñecían porque o lemos o curso pasado.

So me resta desexar que  gocedes coas  aventuras que lle suceden a Lamberto pero... non  fagades vós o mesmo, por favor!!!
Boa lectura e ata á próxima reunión.

4 nov 2012

Aviso para pais e nais de A Quenda do Libro

A eses  homes e mulleres, pais dos nosos alumnos, que aceptastes  participar  no  Club de Lectura “A Quenda do Libro”  quero lembrarvos que quedamos  citados  para  o  martes, 6 de novembro, ás 18:00 h. na Biblioteca do IES Lama das Quendas. Manteremos  unha breve reunión na que se constituirá o  grupo e  concretaremos o libro de lectura deste primeiro trimestre.
Se  alguén non puidera  asistir, ou se enterou demasiado tarde por outros pais ( porque seica algúns alumnos non entregaron a "invitación" nos seus fogares) , poderá consultar o título do libro e a data da seguinte reunión  para comentalo neste blog. 
Agradecemos  a vosa disposición  para  compartir este proxecto cos outros grupos de lectores do Lama das Quendas : alumnado e persoal docente e non docente do centro. 
Estamos seguros de que o voso exemplo prenderá nos vosos fillos e  dará  abondosos froitos   que recollerá a sociedade na que vivimos.
Vós si que sabedes!!!



ADVERTENCIA

A LECTURA

PERXUDICA

SERIAMENTE

A TÚA IGNORANCIA

Aviso para 2º A e 2º B de ESO

31 oct 2012

Reunión rapazada de 1º B
O martes,30 de outubro houbo xuntanza dos rapaces e rapazas de 1º B.Foi unha gozada compartir o recreo con 21 dos rapaces dese curso.
Primeiro lembramos que o libro que imos ler é Palabras de Caramelo de Gonzalo Moure.Trátase dun libro que nace da experiencia persoal do autor, da súa admiración polo pobo saharaui que leva trinta e sete  anos "vivindo no peor deserto do mundo para tratar de gañar o dereito a ter  unha patria». Defende o poder da palabra, o respecto pola diferencia e o amor aos animais.

Logo poidemos ver un vídeo da Editorial Pintar-Pintar  feito por Ester Sánchez no que se nos explica, de modo sinxelo ,que o  libro é o resultado dun laborioso proceso no que colaboran moitas persoas que realizan diferentes traballos  necesarios para que o libro poida chegar ás nosas mans.
Os rapaces pasárono ben e por se a alguén lle interesa colgamos aquí o vídeo.


Sinto que non todos sairan nesta  imaxe pero estar estaban.


Seguímonos vendo no club e facendo comentarios ... mesmo polos corredores.
Aburiño

29 oct 2012

Aviso para 1º B de ESO

24 oct 2012

Primeira Quenda!


Onte , 23 de outubro, reunímonos os da  primeira Quenda: a rapazada de 1º A de ESO.Non estivemos todo os anotados porque había outras actividades coma partido de fútbol e algún que outro "traballiño de última hora" por facer pero, como vedes ,aínda fomos.

Decidiuse o libro  do trimestre e como non hai exemplares suficientes  na Biblioteca do IES, pois comezamos  por organizar a lectura segundo os fondos dos que dipoñemos.
Os de 1º A van ler La cazadora de Indiana Jones. de Asun Balzola, un libriño ben saboroso no que se barallan  valores como a amistade, a simpatía, a confianza ou  a sinceridade.
Temos por diante días  de convivencia e lecturas.
Vémonos , e lémonos, na vindeira cita de A Quenda do Libro que será o martes 30 de outubro co alumnado de 1º B de ESO.
Aburiño!

16 oct 2012

Principia de novo A Quenda do Libro.
Benvidos a un novo curso do Club de Lectura.
Hoxe  martes, 16  de outubro, tivemos a primeira xuntanza do alumnado colaborador de A Quenda do Libro.Foi todo un éxito como podedes ver ! Arredor de 90 alumnos/as  que queredes ler,comentar e gozar cos libros! Que ledicia!!


Rapazas e rapaces ímolo pasar moi ben neste espazo  no que compartimos o gusto por gozar dunha boa lectura  e o pracer de comentala cos demais.
Boas lecturas!!!
Adiante  A Quenda do Libro 2012-13!!!

22 jun 2012

Todo o bon se acaba...

Alá vai a despedida, rapazada! Vémonos en setembro!
Aquí tedes algunhas imaxes desta semana hiperactiva:
Recital de poemas en francés e portugués
Convite de cereixas


Excursión-convivencia en Mondoñedo

15 jun 2012

Imos chegando...

Preparádevos, que a próxima xemana ven teixa!
O luns celébrase un recital poético en francés e portugués, no recreo, no salón de actos.
O mércores, se non hai nada de novo, terá lugar o convite de cereixas do club de lectura para toda a comunidade educativa, tamén no recreo.
E o xoves, por fin iremos de excursión -en horario escolar- a Mondoñedo, onde haberá unha pequena convivencia co alumnado do Club de Lectura Guntín.
Espero que tomásedes nota de todo isto!

11 jun 2012

Novas

Hoxe hai unha reunión informativa no recreo, no sitio de sempre, relativa á saída que imos realizar a última semana do curso e o calendario das actividades finais: recital poético en portugués e francés e convite.
Non esperedes a que volo conten outros!

25 may 2012

Esperamos que disfrutásedes moito coas actividades que houbo esta semana, organizadas polo Departamento de Lingua e Literatura Galega e o alumnado de 1º de BAC. A eles temos que agradecerlles que encheran de versos e de amor polos poemas o Salón de Actos cos seus proxectos, e tamén a presenza de Alberte Momán e Eli Ríos para que nos achegasen ó outro lado dos poemarios, o dos autores e autoras que crean estas composicións líricas.
Aproveitade para despedirvos hoxe da Semana da Poesía ata o ano!






14 may 2012

Usha

Hoxe comentamos Usha no recreo, coma sempre na aula multimedia. Non vos esquezades.
Ídevos preparando porque a vindeira semana vaise celebrar a Semana de Poesía (organizada polo departamento de Lingua Galega e Literatura), con moitas actividades lúdico-poéticas, como en anos anteriores.

27 abr 2012

Seguen os libros a esgalla

O Mercado de Libros de segunda man aínda estará activo o luns, para que botedes unha última ollada os exemplares que fican sen lector/a e para que os despistados e despistadas que aínda teñen algún dos vales recollan un libro ou llo regalen a alguén.
O mércores, día 2, a sección de adultos comenta Los renglones torcidos de Dios, que xa vai sendo hora de endereitalos.

25 abr 2012

Libros a esgalla

Recordade que o Mercado de Libros segue activo ata o venres 27, e que aínda podedes traer exemplares para intercambiar ou mercar algún que vos interese.

Raquel Ledo Doval (4º ESO A) resultou gañadora do Concurso de logo, que xa podedes ver na marxe lateral. Mayte Arias Novoa, Mª Ángeles Domínguez e Borja Eiriz García (de 3º B) son os autores do lema, que lle da título a este blogue dende fai algún tempo ("A quenda do libro"). Noraboa a todos. A entrega de premios terá lugar en maio, previsiblemente en datas próximas á celebración do Día das Letras Galegas.

16 abr 2012

Xa podedes recoller os exemplares de Usha no recreo.

O día 30 de marzo, veu Afonso Eyré, que foi alumno deste centro educativo, presentar o seu último libro, O penalti de Fuco, e falarnos de fútbol, como testemuñan estas imaxes:

 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Justin Bieber, Gold Price in India