As que estivemos fixemos unha chuvia de ideas sobre Ler para que?Así xurdiron unha chea de respostas que axiña habedes ver no panel do club de lectura, á entrada do instituto.
Xa veremos se vos gusta a "manualidade".
Lembramos e comentamos como anda a lectura de Silvestre y los ladrones de sueños de José Ferrer Bermejo e, por suposto, mostramos o xeito de entrar no blogue do Club para recoller avisos e consultar calendario de reunións, por exemplo.Foi un gozo pasar un anaco de tempo con estas mozas de 3º tan dispostas e implicadas no tema da lectura.
Grazas.
Aburiño.


15:58
A quenda do libro
0 comentarios:
Publicar un comentario