31 may 2013

Adeus para sempre adeus a maio de 2013 !

         Ola!! 
       Acaba maio e con el  este proxecto que dende o Club de lectura e a Biblioteca do IES Lama das Quendas coa colaboración inestimeble de Televinte  viñemos desenvolvendo ao longo do mes das Letras Galegas para festexar o 150º aniversario da publicación de Cantares Gallegos.

       As que poñen punto e final son  Irene e Yanira  que  vocalizan as palabras da nosa grande poeta Rosalía de Castro.

          Pero lembrade que as letras galegas  durarán sempre e  tanto coma nós , os galegos, queiramos.

       Longa vida as nosas letras!!

     

30 may 2013

Ainda que pareza... non é despedida

  

       Ola!

      Hoxe Xabier e máis Tamara  len un dos poemas máis coñecidos da poeta de Padrón.

     Velaí os tedes:

       Grazas  a este rapaz da ESO e  a esta rapaza da ESA por prestarnos a súa voz.

           Ata mañá!

29 may 2013

De Follas... a Cantares...

      Boas tardes!

       Case da pena que remate  maio. Por que?  Porque presta ver cada día a rapaces coma  Miriam, Pablo ou Estefanía  lendo  poemas de Rosalía. Calquera poema é  un anaco de sentimento que nos invade.


       Velaí tedes aos vosos compañeiros: 



       E mañá máis !

      Aburiño!

28 may 2013

De San Antonio bendito... a Queridiña dos meus ollos

      Ola!

       Un día máis podedes ver e escoitar a  Darío con Queridiña dos meus ollos...   e a Ana  con San Antonio bendito... No primeiro segundo poema , por boca de muller, pídeselle ao santo un home ; e no segundo  a moza  ten parella máis non o ten preto , circunstancia pola que   pena o namorado.

       Pero deixémonos de explicacións e... velaí tedes a este rapaz de 2º e a rapaza de 1º de ESO.



       Grazas  por colaborar!

      Ata mañá.

Vaia poemas!

       Ola amig@s!

       Hoxe ,28 de maio,  veu á reunión do club de lectura a rapazada de 1º A de ESO para xogar cos poemas.

       Velaí os tedes .

       Hoxe lemos poemas.Despois, cada rapaz e rapaza escolleu  o verso que quixo destes tres poetas:Juan Ramón Jiménez, García Lorca ou Rafael Alberti.      
      E fixemos cendóns, é dicir, composicións  feitas con versos que tomamos prestados.

       Aquí vos deixo  un par deles.
I
     LLueve sobre el campo verde.
¡Ay, que las barcas no quieren ir!
La panocha guarda intacta.
Tengo los ojos puestos
con la primavera.
Es de pálidos diamantes.
Tengo los ojos puestos.
La tarde equivocada,
con mi traje marinero,
tengo los ojos puestos.
¡Oh, la lluvia sobre el campo!
¡Esta es mi vida:la de arriba!
El chamariz en el chopo.

II

Tengo los ojos puestos.
Con mi traje marinero.
     LLueve sobre el campo verde.
Tengo los ojos puestos.
Es de pálidos diamantes.
¡Esta es mi vida:la de arriba!
La tarde equivocada
con la primavera,
el chamariz en el chopo.
Tengo los ojos puestos.
¡Oh, la lluvia sobre el campo
la panocha guarda intacta.
¡Ay, que las barcas no quieren ir!


       Gozámolos durante a reunión que realmente nos prestou.

       Grazas  a tod@s!

       Aburiño!





       

27 may 2013

Máis Letras

        Ola!
    Iniciamos  o derradeiro tramo deste camiño que comezou co mes que andamos.

     Hoxe  poñenlle voz a Rosalía os rapaces de 1º de ESO :  Rafael e David. 

     Escoitémolos.



      Ata mañá que volvemos con máis.

O martes , se és de 1º A , non nos faltes

       Ola!!


       So quería recordarlle á rapazada de 1º A  que mañá martes, 28 de maio, na Aula Multimedia  xuntarémonos para... Bueno, xa veredes  o que imos facer.

       Agárdovos.

      Ata mañá!!

26 may 2013

Falamos de La Sonrisa Etrusca

       Ola!!
       O pasado xoves, 23 de maio, tivemos a reunión de pais e nais para comentar  a novela máis coñecida, e recoñecida, de José Luis Sampedro.

       Co  grupo de nais e pais que acudiron lembramos ao economista e filósofo que nos deixou no mes de abril ,  admiramos  o sarcófago de Los Esposos  que se atopa en Villa Giulia, en Roma e pasamos a comentar a lectura.

       Tod@s consideramos que é moi tenra  , entre outras razóns porque  Salvatore Roncano  , obrigado a deixar a vila pola cidade e soportando un cancro que o leva cara a morte , coñece ao seu neto e todo o orgullo, soberbia, chulería  e malos pensamentos viran ; e pouco a pouco convértese nun home sensible e respetuoso, á súa maneira.

       Os causantes da transformación son  os esposos do sarcófago etrusco que lle fan pensar nunha morte serena; logo , Brunettino ( o neto) que lle da "nova vida" e, por último,  Hortensia , a muller   que lle ensina o que é o amor verdadeiro.

       Hai máis ingredientes na narración que reflicten situacións ben  coñecidas en moitas familias: o rechazo á  nora  porque lle "roubou" ao fillo,  a situación do fillo pillado entre a muller e o pai , e querendo a ambos...

       O final , con todo de ser doloroso, na nosa opinión, é o agardado, é lei de vida.

     Todo isto e máis comentamos   na reunión e tan  entretidos estabamos que  non nos decatabamos de que o tempo pasaba. Foi a reunión máis longa das que temos feitas.

         Aínda  se  tocaron máis temas que  vos irei  apuntando  noutras entradas do blog.

        Foi un  verdadeiro pracer.

       Vémonos lendo! 


24 may 2013

Xa van catro semanaas de Cantares!


       Ola !
       Rematamos a semana coa lectura  destas tres raparigas de 3º de ESO que nos ofrecen:  Pasa río... , Airiños...,Eu ben vin estar o moucho... Tres fermosos poemas  que son como  anacos da natureza galega. 

       Mirádeas e escoitádeas.E de segundas, pechade os ollos e  sentirédesvos mesmamente  mergullándovos na paisaxe.





        Grazas a Lucía Mirás, Marisol e Lucía Fernández.

        Ata  o luns non haberá máis poemas , pero mañá contareivos  algo da reunión do venres con pasi e anis do club de lectura.
      
       Bo fin de semana!

       Aburiño!

23 may 2013

Eu cantar,cantar cantei,...castellana de Castilla

       Ola!

       Un día máis lembrando a Rosalía. Hoxe en boca de Evelyn e Lidia máis de Manuel  que a través de Televinte e do blog da Biblioteca e o do Club de Lectura chegan á vós.

        Hanvos gustar!


       Grazas  aos tres!

      Vémonos mañá!

22 may 2013

Rosalía na ESA

       Ola!!
       Xa sabedes que no Lama das Quendas temos ESO e ESA.Pois  o alumnado da ESA , quixo tamén colaborar  neste proxecto  e aí tedes a  Amelia,Helena e Fabio poñendo nos seus labios as palabras de Rosalía de Castro.
       Prestade atención.



      Grazas  amigo@s!


       

Titulando.

       Onte, martes, viñeron á Aula Multimedia rapaces e rapazas de 2º de ESO.
 
       Adicamos un anaco a ler poemas aos que logo lle buscaban título. Poidemos  comprobar as múltiples posibilidades en función das sensacións de cada un.

       Tamén puidemos  comentar os vídeos  que cada día saen en Televine nos que esta rapazada ten un papel primordial.

       Acabamos comentando a viaxe cultural que faremos a Santiago co Club de lectura. 

       E coma sempre que o estamos pasando ben o timbre sonou moi pronto. Ou iso nos pareceu.

       Velaí os tedes concentrados na actividade.



       Ata a próxima!!




21 may 2013

Deslealdade!!

Ola!
Seguimos festexando as letras galegas con Rosana e Nacho que nos len dous poemas nos que a traizón , da moza ou de Castelá, é o tema da composición.  

 Grazas  aos dous !!
 Ata mañá.

20 may 2013

Segue a poesía de Rosalía !!!

Ola!!

Xa estamos  no 20 de maio!
E seguimos festexando as letras galegas a través de Cantares Gallegos.
E  na voz de María  e Laura escoitamos ese poema tan alegre que di  Se a vernos,Marica, nantronte viñeras...


E Pilar rematou o poema  ¿Que ten o mozo? .

Mirádeas e escoitádeas:


Grazas rapaciñas!!

Ata mañá!!









19 may 2013

Reunión do alumnado de 2º de ESO e reunión de Pais e nais

Ola!

So quero lembrarvos as reunións que vai haber nesta semana que comeza.

O martes, 21 , feira en Chantada, teremos a reunión dos alumnos e alumnas de 2º de ESO que pertencen a A Quenda do Libro.
Veremonos pois na aula Multimedia, as 11:45.


E o xoves, 23 de maio, ás 18:30 h., na Biblioteca do IES  xuntarémonos cos pais e nais que  son do club para comentar a derradeira lectura :La Sonrisa Etrusca.


Non o esquezades.

Aburiño.

16 may 2013

Mañá o día das letras...

      Ola!!
       Neste día frío e chuvioso , na víspera do 17 de maio  imos ver e escoitar a Andrea e Verónica  que nos leron un fragmento de A Gaita Gallega e ¿Que ten o mozo? 
       Mirádeas e escoitádeas:




       Grazas rapaciñas!
   
       A todos e todas: que teñades un bo día das letras galegas! Pero sempre, cada día.

       Aburiño.

15 may 2013

Non che digo nada...Meniña , ti a máis fermosa

         Ola!
       Neste 15 do mes das letras,aniversario do 15M, penso  que Rosalía sería unha indignada máis  que se uniría a calquera esforzo por cambiar o mundo.


       Pode que a poesía sexa unha ferramenta máis.
       Grazas Sandra!
       Grazas Santiago!
       Mañá máis


14 may 2013

Outros dous poemas de Cantares Gallegos


       Ola!!
       Neste catorce de maio Un repoludo gaiteiro  quería enganar as nenas   que din Nasín cando as prantas nasen...

       Foi Rosalía quen escribiu estes dous poemas para que leran Alberto e Yoo-Jin.
        Escoitádeos!





        Grazas   aos dous pola vosa voz!
       
        Aburiño!

Xogamos con Pablo... Neruda

Ola!

Dicíavos onte que no recreo de hoxe xogariamos con Pablo,Pablo Neruda,  o poeta chileno autor , entre outros, de Los versos del capitán ou Veinte poemas de amor y una canción desesperada. 
A min pónseme a pel de pita escoitando algún poema nas voces de  Olga Manzano e Manolo Picón.Velaí a mostra:





E que dicir destes versos nerudianos na boca de Paco Ibáñez!!



Pechade os ollos e "mirade" co corazón!

Bueno, ás rapazas de 3º e 4º que saen na foto mirádeas cos ollos ben abertos!!
Vémonos!!

¡Canta xente..., canta xente


Canta xente agardando polo poema do día e preguntando que pasara.
Pois foi un despiste que xa está subsanado como podedes ver porque Lucas pon voz  as verbas de Rosalía.
Disfrutádeo.




E hoxe á notiña... outro!
Ata loguiño!!!

13 may 2013

Quedamos sen poema...


Ola!
Non sabemos por que pero hoxe  Televinte non emitiu o poema de Rosalía.

Por máis que o intentamos non fomos quen de poder contactar con eles, así que agardemos a mañá para coñecer o ocurrido.
Aínda así aí vos deixo a voz da miña veciña  Lucía Pérez cantando Adios ríos , adios fontes...
Que vos guste...




Ata mañá!!

Reunión de 3º e 4º de ESO

Ola!
Só quería lembrarvos aos de 3º e 4º que mañá martes, na Aula Multimedia, durante o recreo xuntarémonos para  xogar con  Pablo!!
Vémonos!!
Aburiño.

10 may 2013

Tan soio, De balde no medio de Cantares

       Ola a tod@s!
       Para rematar a semana  dous poemas na voz de Diego Otero e Andrea García de 4º de ESO.
       Tan soio  darlles as grazas por traballar De balde  neste proxecto.

       Escoitádeos !


       



       Boa fin de semana!

Os de 1º de ESO en Monforte.



       Como  vos comentei os de 1º de ESO foron o pasado martes, 7 de maio , a Monforte para berrar aos catro ventos  que  o galego é a chave do mundo.
         
       Con esta chave queremos abrir as portas de milleiros de libros que nos agardan por ler para poder  vivir.

       Velaí os vedes baixando do castelo da cidade do Cabe.


          Nunca deixedes de defender o noso!!

Emenda.

Como vos dicía onte  , había un erro no nome de unha das  rapazas que leron. E amablemente ,Televinte fixo a  corrección hai un par de horas polo que nós insertamos  agora o vídeo correcto.




          Grazas!!

9 may 2013

Cando a luniña aparece...

         

          E  en Televinte  escoitamos e vemos a Marian e Andrea...
         Tod@s sabemos que é Marian, non está ben o nome que aparece. Pode que o subsanen deseguida pero mentres a Deus o que é de Deus e ao César o que é do César.
          Len este fermoso poema que remata dese xeito tan romántico:


Aí tes o meu corasón
si o queres matar ben podes:
pero, como estás ti dentro,
tamén, si ti o matas, morres.



         Facédelle un sitio  á poesía no voso corazón.
      Paga a pena!

     Grazas Marian ! Grazas Andrea!
     Ata mañá!

8 may 2013

Cantar para non chorar?

               Ola!

          Novo día, nova poesía. Nesta ocasión é Noela quen le a Rosalía. Esta di que a gaita galega non canta,que chora. Ti que cres?

        


        Eu o que quero e que cante!
      Grazas Noela!
      Ata mañá
      

7 may 2013

Canta se queres/ na lengua que eu falo

              Hoxe , martes 7 de maio  "cantaron" na nosa lingua Jorge e José Luis.Pola mañá  no Correlingua e pola noite en Chantada.

          Pois iso... cantemos; porque xa o di o refrán :o que canta...


          Vale, vale, velaí vai o primeiro dos poemas de Cantares Gallegos.




             Seguímonos  vendo e escoitando!
             Ata mañá!!

6 may 2013

Neste luns ...oíde campás!

Ola!!
Oídes campás?

Pero, sabedes onde?


Iso é ,en Bastabales!! É Marina  quen  as fai sonar!





Grazas Marina!

Lembrade que mañá non nos xuntamos no clube de lectura  porque xuntos ,no Correlingua ,defenderemos o Galego no mes das Letras galegas.

Aburiño!

4 may 2013

Novo día, outra poesía.


          Ola rapazada!
          Onte, venres, tocoulle asomarse  ás pantallas a Sergio Simón que nun precioso día de primavera nos ofreceu  "Como chove miudiño" de Cantares Gallegos.
          Olládeo e escoitádeo.



          Parabéns!!
          O luns máis.
          Aburiño

2 may 2013

Comeza o mes das Letras Galegas!!

Ola rapazada!!
Non creades que nestes días non houbo reunións.Non estivemos calados. Tampouco quietos.Polos corredores, nas clases, no instituto e fóra del encontrámonos  decotío.
Veredes.
Levamos días organizando o mes das Letras Galegas que imos celebrar de xeito especial.
Sabedes que o 17 de maio adícase a Roberto Vidal Bolaño , pero nós estamos a traballar a poesía no Club de Lectura  e ,aproveitando que neste mes se conmemora o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos  de Rosalía de Castro , imos render un sinxelo homenaxe  á autora de Padrón.
Coa colaboración da Biblioteca do IES Lama das Quendas e Televinte ( a canle de Tv local)  cada día rapaces  de todos os cursos da ESO lerán un fragmento de un  dos seus poemas.
Fíxose coa mellor intención , con todo gusto e  a mellor das disposicións polo que vos agradezo a vosa inestimable colaboración.
Déixovos o vídeo  para que,neste primeiro día, poidades escoitar a Martiño e Verónica.


Xa sabedes: Un poema para cada día de maio.
Vémonos e escoitámonos!
Aburiño

 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Justin Bieber, Gold Price in India