21 dic 2021

O noso club no EDUGA...

No novo número de EDUGA sae un artigo sobre o noso club de lectura... Moitas grazas polo convite!

20 dic 2021

Por un 2022 cheo de lecturas...


 

1 dic 2021

Un Nadal de Biblioquendas...


 

26 nov 2021

25N, o día despois...

Recitado de haikus do "Libro do mal amor" (Xunta, 2015) de alumnado de 4º de ESO e 2º de Bacharelato, nunha actividade conxunta entre a Biblioteca, o Club de Lectura "A Quenda do Libro" e o Departamento de Música do IES Lama das Quendas de Chantada.

Voces de Irene Vázquez Vázquez, Hugo García Regal, Teresa López Moure, Helena García Ledo, Martín Gómez Vázquez e Alda López Moure, con música composta por Ainhoa Crespo Porto.

22 nov 2021

Darío Xohán Cabana, 1952-2021. Que a terra che sexa leve...

Venceredes vós.
temos da nosa parte
os carballos de abril,
as espadanas, a ouricela,
o pan de sapo, as beloritas,
a ra de Santo Antón, o vagalume,
a troita, a vacaloura,
o xabaril e o corzo,
o mascato e a rula.
Pero nosoutros

Venceredes vós,
pero nosoutros
temos da nosa parte
o Cadramón, o Piapaxaro,
o cabo Home, a illa
de San Simón, o lusco, o fusco,
o Castromao, o Xallas, as lagoas
innumerables de Valverde,
ou de Antioquía, o labirinto
de Mogor, as encuastras
de Novelúa, o edículo
de San Miguel de Celanova,
o dolmen de Dombate.

Venceredes vós,
romperedes a infinda
cadea que nos une
coas trabes do mundo,
pero nosoutros
mergullamos a boca
nos mil ríos de sangue
que estercaron a patria,
e no noso partido
militan todos os defuntos
que nos poñen aínda
a bosta nas zocas,
o cheiro a argazo nos fuciños,
o trono da forxa nas orellas,
a terra que xa son nas unllas.
E as feridas de ferro
ou negro chumbo e pólvora
nos corazóns atribulados.



18 nov 2021

Día Mundial da Filosofía, 18 de novembro.








 

10 nov 2021

Club da BD e manga (I trimestre)

Bakuman
Tsugumi Ohba y Takeshi Obata

Muchos son los que sueñan con convertirse en dibujantes de manga, pero no solo se consigue a base de ilusión: se necesita perseverancia, trabajo duro… y una pizca de suerte. Moritaka y Takagi han decidido ir a por todas, y apostarlo todo para conseguir publicar en… ¡la Shonen Jump, la revista de manga más famosa del mundo!



9 nov 2021

Club do cinema (I trimestre)

El padrino

América, años 40. Don Vito Corleone (Marlon Brando) es el respetado y temido jefe de una de las cinco familias de la mafia de Nueva York. Tiene cuatro hijos: Connie (Talia Shire), el impulsivo Sonny (James Caan), el pusilánime Fredo (John Cazale) y Michael (Al Pacino), que no quiere saber nada de los negocios de su padre. Cuando Corleone, en contra de los consejos de 'Il consigliere' Tom Hagen (Robert Duvall), se niega a participar en el negocio de las drogas, el jefe de otra banda ordena su asesinato. Empieza entonces una violenta y cruenta guerra entre las familias mafiosas. (FILMAFFINITY)



5 nov 2021

Libro de poesía do Club de Lectura do profesorado e persoal non docente (I trimestre)

Dente de leite
Arancha Nogueira

dente de leite é ante todo un libro nostálxico, sobre a inocencia perdida, que parte do recordo dun verán na infancia, un poemario agridoce pero cálido que abeira a infancia e idade adulta dunha xeración que ansía o regreso da protección constante, da emoción da descuberta.



4 nov 2021

Libro de narrativa do Club de Lectura do profesorado e persoal non docente (I trimestre)

El bosque de los cuatro vientos
María Oruña

A comienzos del siglo XIX, el doctor Vallejo viaja de Valladolid a Galicia junto con Marina, su joven hija, para servir como médico en un poderoso monasterio de Ourense. Allí descubrirán un mundo y unas costumbres muy particulares y vivirán la caída de la Iglesia y el fin definitivo del Antiguo Régimen. Marina, interesada en la medicina y la botánica pero sin permiso para estudiar, luchará contra las convenciones sociales que su época le impone sobre el saber, el amor y la libertad y se verá inmersa en una aventura que guardará un secreto de más de mil años.



3 nov 2021

Libro de narrativa (2) do club de lectura das nais, pais e amigas (I trimestre)

Anagnórise
María Victoria Moreno

O protagonista principal de Anagnórise é Nicolau Arís, un rapaz con problemas que un día decide deixar os estudios no Instituto e marcha a Madrid co propósito de encontrar a uns amigos que se dedican a negocios relacionados co tráfico da droga. A viaxe en autostop faina cunha muller intelixente, de nome celosamente oculto, que o recolle na estrada, e coa cal fala durante as horas que pasan xuntos dentro do coche. Os diálogos, sempre áxiles e ocurrentes, pero tamén naturais, van revelando a rica personalidade de ambos. Xa no destino, Nicolau e a súa amiga ocasional sepáranse sen que o rapaz saiba o nome dela. Ó remate, despois de que Nicolau entre en contacto cos compañeiros que o agardan en Madrid, irá buscar a súa amiga. Só entón saberá o seu nome.



2 nov 2021

Libro de narrativa do club de lectura das nais, pais e amigas (I trimestre)

Memorias de una salvaje
Bebi Fernández

K tiene 19 años y una vida un tanto peculiar. Cuando su padre es asesinado en un ajuste de cuentas, se ve obligada a compaginar sus estudios con un trabajo muy poco convencional: el de recepcionista y chica de los recados en un local de alterne clandestino. Bajo la amenaza de los proxenetas y la asfixia de la deuda, vivirá de cerca los horrores que el sistema de la trata de mujeres conlleva. La experiencia la llevará a gestar una metamorfosis que marcará su paso de la adolescencia a la edad adulta.
Las mujeres que allí conoce y la violencia intrínseca al mundo criminal —que también sentirá en sus propias carnes— hará que comience a pensar en defenderse. Para ello acudirá al club de boxeo de Ram, un chico al que la violencia de género también le ha marcado la vida. Pese a las corazas que ambos portan, la curiosidad de este le llevará a interesarse y preocuparse por ella hasta hacerla pensar que quizá sí existan los hombres que aman a las mujeres.
Pero un desafortunado suceso hará que las luces de neón comiencen a parpadear.



28 oct 2021

Libro de "as outras" do club de lectura do alumnado (I trimestre)

Pegadas de búfalo
Tomás Rivera

O Salvaxe Oeste é un mundo tan perigoso como fascinante. Sarah Parsons descubrirao cando se mude coa súa familia ao territorio de Montana. A súa nova vida non será doada: Sarah coñecerá o medo, a inxustiza e as falcatruadas dos que burlan a lei. Pero tamén fará novos amigos, como o bravo Búfalo Choutón, que a axudará a superar todos os atrancos. A súa aventura estará inzada de pistoleiros, foraxidos, soldados de cabalaría, indios síux… e mesmo búfalos!



27 oct 2021

Libro de ciencia ficción do club de lectura do alumnado (I trimestre)

Dril e Gat viven no Val, que é un lugar pequeno pero confortábel. Alí non hai guerras, tampouco propiedades. Todo o mundo colabora no sustento dos demais. O mellor de todo é que a través dos cristais do Val vense as estrelas máis fermosas.
Porén, algo terríbel acontece e de súpeto acaban nun lugar inmenso e estraño ao que chaman a Terra. Alí, os destinos da xente son dominados por un goberno tiránico ao que moi poucas persoas se atreven a facer fronte.
Malia que só son unha moza e un mozo adolescentes, a súa chegada pode cambiar o futuro de millóns.



26 oct 2021

Libro de terror do club de lectura do alumnado (I trimestre)

Á lus do candil
Anxel Fole

Publicado no 1953, Á lus do candil é unha colección de quince relatos nos que a imaxinación e o humor xogan un papel importante á hora de desenvolver as sorprendentes historias de misterio que xorden da vida cotiá. Coma os contos que se comparten o carón da lareira, as narracións de Fole conservan toda a frescura e espontaneidade, toda a graza e lixeireza que autores coma Italo Calvino consideran unha das virtudes fundamentais das obras literarias.

Este libro foi unha contribución esencial ao rexurdimento da narrativa galega de posguerra. A descuberta dun mundo máxico que se confunde co real, onde por tras das aparencias xorden historias insospeitadas, contos de aparecidos, de lobos, de premonicións e soños fantásticos…



25 oct 2021

Libro de fantasía do club de lectura do alumnado (I trimestre)

A caída de Guiomar
Alba Rozas

Tras un século baixo a protección da raíña Guiomar, as terras de Eabaca vense ameazadas pola aparición dun monstruoso cabalo e a chegada da Orcavella, unha criatura cun poder tal que ninguén lle pode facer fronte. Só cando a pandeireteira Aima decide acompañar a guerreira Tegra na súa viaxe polas catro parroquias do reino, a esperanza volve agromar.
Non obstante, a súa misión non será doada, pois mouros, nubeiras, xans, luciñas e xente cativa terán que unir forzas se queren conservar a liberdade.



16 sept 2021

Comezamos novo curso!


 

23 jun 2021

Sobre "Coraline" de Neil Gaiman... (2)

Audiovisual feito por Lucía Figueroa do Club de Lectura "A Quenda do Libro" e da materia de Linguaxe e Práctica Musical de 1º de Bacharelato durante o curso 20/21 no IES Lama das Quendas de Chantada.



22 jun 2021

O encontro con Raquel Castro en imaxes...

Onte tivemos no Lama das Quendas unha charla-encontro con Raquel Castro, autora da obra teatral "Dormente", co alumnado do Club de Lectura de 1º de ESO. Na mesma sesión estrenouse o traballo audiovisual sobre o texto gravado nas aulas de Galego da profesora Mª del Pilar López Martínez e nas de Obradoiro de Música do profesor Juan Manuel Vázquez. Ademais rexistrouse en audio para a elaboración dun podcast a entrevista que se lle fixo.






 

21 jun 2021

"Dormente", Raquel Castro (unha versión teatral pandémica)


 

3 jun 2021

Sobre "Coraline" de Neil Gaiman...


 

16 may 2021

Feliz Día das Letras Galegas!


 

4 may 2021

Libro de teatro para todos os grupos do Club de Lectura

Dormente
Raquel Castro

Esta princesa está durmida?
Será que non quere espertar?
Por que queren que esperte?
Para casala con quen non quere?



23 abr 2021

Día Internacional do Libro, 23 de abril


 

22 abr 2021

Club do cinema (III trimestre)

Mar adentro

Ramón (Javier Bardem) lleva casi treinta años postrado en una cama al cuidado de su familia. Su única ventana al mundo es la de su habitación, que da al mar, donde sufrió el accidente que interrumpió su juventud. Desde entonces, su único deseo es morir dignamente. En su vida ejercen una gran influencia dos mujeres: Julia (Belén Rueda), una abogada que apoya su causa, y Rosa (Lola Dueñas), una vecina que intenta convencerlo de que vivir merece la pena. Pero también ellas, cautivadas por la luminosa personalidad de Ramón, se replantearán los principios que rigen sus vidas. Él sabe que sólo quien de verdad le ame le ayudará a emprender el último viaje. (FILMAFFINITY)

VS

Intocable

Philippe, un aristócrata millonario que se ha quedado tetrapléjico a causa de un accidente de parapente, contrata como cuidador a domicilio a Driss, un inmigrante de un barrio marginal recién salido de la cárcel. Aunque, a primera vista, no parece la persona más indicada, los dos acaban logrando que convivan Vivaldi y Earth Wind and Fire, la elocuencia y la hilaridad, los trajes de etiqueta y el chándal. Dos mundos enfrentados que, poco a poco, congenian hasta forjar una amistad tan disparatada, divertida y sólida como inesperada, una relación única en su especie de la que saltan chispas. (FILMAFFINITY)



21 abr 2021

Libro de teatro para o Club de Lectura do profesorado e persoal non docente (III trimestre)

Esquecín dicirche adeus... ...así que adeus
Clara Martín

Quen non xogou na súa infancia ó teléfono esnaquizado? Este é un xogo sinxelo e nada competitivo no que os participantes se divirten ó escoitar como unha mensaxe se vai distorsionando ó ser transmitida ó longo dunha cadea de oíntes. O resultado final é unha historia diferente, peculiar, curiosa e divertida, pois por algo é un xogo. "Esquecín dicirche adeus… así que adeus" é algo así, unha historia diferente, singular e agardamos que divertida no que os sucesos sofren certas deformacións porque a memoria alterada, a modo de teléfono esnaquizado, transforma as lembranzas ó seu antollo.



20 abr 2021

Libro de poesía para o Club de Lectura do profesorado e persoal non docente (III trimestre)

Pantallas
Celia Parra

Neste novo poemario, a autora accede ao dicir poético dende a realidade cotiá das pantallas, os códigos binarios, a virtualidade e as memorias sempre difusas, inmediatas e volátiles, dos trebellos electrónicos que nos circundan e fan ser a clase de almas que agora somos. Unha voz poderosa en clave de bit poético.



16 abr 2021

Libro de "as outras" do club de lectura do alumnado (III trimestre)

Memorias de una salvaje
Bebi Fernández

K tiene 19 años y una vida un tanto peculiar. Cuando su padre es asesinado en un ajuste de cuentas, se ve obligada a compaginar sus estudios con un trabajo muy poco convencional: el de recepcionista y chica de los recados en un local de alterne clandestino. Bajo la amenaza de los proxenetas y la asfixia de la deuda, vivirá de cerca los horrores que el sistema de la trata de mujeres conlleva. La experiencia la llevará a gestar una metamorfosis que marcará su paso de la adolescencia a la edad adulta.
Las mujeres que allí conoce y la violencia intrínseca al mundo criminal —que también sentirá en sus propias carnes— hará que comience a pensar en defenderse. Para ello acudirá al club de boxeo de Ram, un chico al que la violencia de género también le ha marcado la vida. Pese a las corazas que ambos portan, la curiosidad de este le llevará a interesarse y preocuparse por ella hasta hacerla pensar que quizá sí existan los hombres que aman a las mujeres.
Pero un desafortunado suceso hará que las luces de neón comiencen a parpadear.



14 abr 2021

Libro de ciencia ficción do club de lectura do alumnado (III trimestre)

Robbie y otros relatos
Isaac Asimov

El prolífico Isaac Asimov, uno de los más destacados escritores de ciencia ficción, es justamente célebre por sus relatos sobre robots. En la sociedad del futuro que Asimov nos describe, los robots, lejos de representar una amenaza para los seres humanos, se convierten en sus fieles servidores y hasta llegan a suplir sus carencias afectivas (el caso de los relatos "Robbie" y "Sally"). Los relatos sobre Multivac, por otro lado, plantean la inquietante cuestión de una sociedad controlada por un potente ordenador capaz de prever y regular nuestro comportamiento. ¿Es ésta una visión del futuro fantástica o perfectamente previsible?



13 abr 2021

Libro de terror do club de lectura do alumnado (III trimestre)

La sombra del gato y otros relatos de terror
Concha López Narváez

Cuatro relatos que cortan la respiración y nos transportan al pasado, como de una máquina del tiempo se tratara.
Los protagonistas de los relatos que contiene esta obra dejan escapar el mal. Pero ahora todo ese mal crece y ¡se va trasformando en terror!



12 abr 2021

Libro de fantasía do club de lectura do alumnado (III trimestre)

Unha noite no tren da Vía Láctea
Kenji Miyazawa

Por fin a famosísima obra literaria de Kenji Miyazawa se publica en galego. Neste volume, traducido por Gabriel Álvarez e ilustrado por Miguel Robledo, inclúense sete dos seus relatos máis coñecidos: ‘Unha noite no tren da Vía Láctea’, ‘A estrela da avenoiteira’, ‘A araña, a lesma e o tanuki’, ‘A oficina dos gatos’, ‘Orbel e o elefante’, Matasaburó, o do vento’ e ‘Gauche o violoncellista’. A poesía do cotián, a desbordante imaxinación e a tenrura caracterizan un clásico moderno, considerado “o Principiño” da literatura xaponesa.



8 abr 2021

Libro de poesía do club de lectura das nais, pais e amigas (III trimestre)

Poesía reunida (1982-2004)
Xela Arias, Letras Galegas 2021

Para Xela Arias, a poesía era «un trato coa búsqueda da vida poderosamente iluminada». O volume Poesía reunida (1982-2004) dá conta da obra poética de Xela Arias e quere contribuír á súa difusión e coñecemento. A escritora ocupou un lugar de seu na cartografía literaria das últimas décadas e a súa obra está en consonancia coa renovación do discurso poético producida dos anos 80 en diante, así como coa proliferación dos discursos do feminismo, aos que acompañou como pioneira. Xela Arias, que manifestou en numerosas ocasións un sentimento de soidade xeracional, reivindicou a condición de muller escritora e reaccionou con contundencia contra o carácter invisibilizador das etiquetas. Para ela, a poesía era «un trato coa búsqueda da vida poderosamente iluminada».



7 abr 2021

Espantamos o medo...

Velaquí o alumnado de Obradoiro de Música (algún do cal pertence tamén ao club de lectura "A Quenda do Libro") de 1º de ESO que fixo o podcast de contos de medo sobre as xacias, recoñecido polo Museo Etnolóxico de Ribadavia dentro da súa actividade "Espantamos o medo".

Reiterar de novo o noso agradecemento a todas elas polo seu fantástico traballo, así como a Tania Vázquez García de Lingua e Literatura Galega pola súa supervisión e colaboración.




6 abr 2021

Libro de narrativa do club de lectura das nais, pais e amigas (III trimestre)

Derradeiro bis en catro-corenta
Tomás González Ahola

Cincuenta anos dan para moito no mundo das verbenas. Todas as historias que nel foron e serán nos se poderían contar no limitado tempo de vida dun ser humano. Tampouco os desacougos, os infortunios, o insomnio e os milleiros de quilómetros ás costas se poderían narrar con xustiza nun feixe de páxinas.
Derradeiro bis en catro-corenta é unha ficción feita con retallos de realidade. Esta novela combina as visións e as vidas de múltiples personaxes involucrados no tecido do ocio estival galego, desde o músico que ollou ao longo de cincuenta anos a auxe e a decadencia das verbenas, até o cantante de moda, que sae á escena acelerado pola cocaína... Ás veces os cadros son crus, ás veces, desacougantes, surrealistas por momentos. Algúns mesmo nos fan sorrir, case sempre amargamente... Todos as personaxes e historias deste crebacabezas son pura ficción, malia que moitas dos que vivimos ás interminábeis noites de verán e os menceres na estrada, rumbo a outro lugar, nos veremos reflectidas, cando menos, nalgún momento...



17 mar 2021

Día de Rosalía de Castro (X)

Hoxe imos co recitado de varios poemas do alumnado de 1º ESO A da profesora María Pilar López Martínez:
"Ti onte, mañán eu", Andrea Mazaira
"Tal coma as nubes", Bruno Fernández
"Castellanos de Castilla", Carla Reinoso
"Pra a Habana! (I)", David Cuñarro
"Pra a Habana! (IV)", Miguel Fernández
"Dulce sono", Erick Expósito
"Amores cativos", Laura dos Santos
"Has de cantar", Noa Meilán
"Daquelas que cantan as pombas i as frores", Santi Goyanes
"Nosa señora da Barca", Saray Fernández
"O toque da alba", Vega Meiriño
"A gaita gallega (IV)", Víctor Argiz
"¡A probiña, que está xorda...!", Aitana Blanco

9 mar 2021

Día de Rosalía de Castro (IX)

Segunda versión de "Negra Sombra" na voz de Angeline Rose Grefa Marca de 2º ESO C.

8 mar 2021

8M, Día Internacional da Muller


 

5 mar 2021

Día de Rosalía de Castro (VIII)

 Quenda hoxe para Elena Varela Otero de 2º ESO C e o poema

"Quíxente tanto meniña", Rosalía de Castro

4 mar 2021

Día de Rosalía de Castro (VII)

Hoxe outra versión de "Campanas de Bastavales", desta vez colectiva, da man da aula de 3º ESO C e a súa profesora de Lingua e Literatura Galega, María Tareixa de Castro Rodríguez.

3 mar 2021

Día de Rosalía de Castro (VI)

  Unha nova versión de "Campanas de Bastavales" na voz de Anxo Varela Míguez de 2º ESO B.

"Campanas de Bastavales" (fragmento), Rosalía de Castro (2)

2 mar 2021

Día de Rosalía de Castro (V)

 Na voz de Aitana Blanco Failde de 1º ESO A,

 "Adiós montes e prados", Rosalía de Castro

e na de Vanessa González Jorge de 1º ESO A,

Tres poemas de Rosalía de Castro

1 mar 2021

Día de Rosalía de Castro (IV)

  Continuamos con "Maio longo" na voz de Sara Varela Abet, alumna de 2°C da ESO.


26 feb 2021

Día de Rosalía de Castro (III)

 É a quenda agora do alumnado de portugués da profesora María Pilar López Martínez:


"Adiós montes e prados", Aitana Blanco Failde (1º ESO A)
"Mal sem remédio", Carlos Otero (3º ESO)
"Nascí quando as plantas nascem", Carlos Fernández Otero (3º ESO)
"Olha, que é meu coração", Jorge Iván Fernández Fernández (3º ESO)
"Para Havana", David Areán Cadahía (3º ESO)
"Quando era tempo de inverno", Emilio José García Varela (3º ESO)
"Terra dos encantos meus", David Areán Cadahía (3º ESO)
"Um anafado gaiteiro", Carlos Fernández Otero (3º ESO)
"Um repolhudo gaiteiro", David Areán Cadahía (3º ESO)

25 feb 2021

Día de Rosalía de Castro (II)

 Tres achegas máis polo Día de Rosalía de Castro...

"Negra Sombra"

"Campanas de Bastavales" (fragmento)

"Alborada" (fragmento)

24 feb 2021

Día de Rosalía de Castro


Para conmemorar o Día de Rosalía de Castro neste 24 de febreiro de 2021, no Lama das Quendas gravamos algúns poemas dela... Velaquí o primeiro:


 

12 feb 2021

Tempo de Entroido

 


11 feb 2021

11 de febreiro: Día da Muller e a Nena na Ciencia

No ano 2015, a ONU estableceu un Día Internacional para recoñecer o rol crítico que xogan as mulleres e as nenas na ciencia e a tecnoloxía, a través da Resolución A/RES/70/212. A finalidade é lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, e ademais para lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e nenas.

Lembrar que a ciencia e a igualdade de xénero son vitais para alcanzar os ODS,  incluidos na Axenda 2030, nos que moitas das nosas bibliotecas escolares están a traballar.
 
Esta é unha data que cada ano se traballa máis nas bibliotecas cara a paliar a brecha de xénero nos sectores STEAM. Visitas de científicas, seleccións de lecturas, traballos de investigación e experimentación ... son algunhas das actividades que ocupan os espazos científicos, creativos, manipulativos e colaborativos das mesmas.
 
https://11defebrero.org/ 
https://mujeresconciencia.com/
https://www.youtube.com/watch?v=Fx0ztzf-2V0




8 feb 2021

"As xacias" en "Espantamos o medo"

O podcast do alumnado de Obradoiro de Música (algún do cal pertence tamén ao club de lectura "A Quenda do Libro") de 1º de ESO sobre as xácias ven de recibir un recoñecemento polo Museo Etnolóxico de Ribadavia dentro da súa actividade "Espantamos o medo".

Reiterar de novo o noso agradecemento a todas elas polo seu fantástico traballo, así como a Tania Vázquez García de Lingua e Literatura Galega pola súa supervisión e colaboración.

2 feb 2021

Libro de poesía para o Club de Lectura do profesorado e persoal non docente (II trimestre)

Índice
Adrián Maceda Fernández

Obra ganadora del XIII Premio de Poesía Antonio Gala de Alhaurín el Grande.

A MANFRED GNÄDINGER

Huele el cuarto
a fe de anacoreta.
La tierra se despierta sin concreta
inquietud, indistinta a la estera de esparto.
Un hombre entre la roca y el lagarto
observa entre las ondas su crónica secreta.
La justa geometría de una aleta
cincela el sal y el mar, su pródigo reparto.
Buques de bilis anegan el puerto.
El luto es como un eco de gaviotas
sobre la negra espuma de este plomo.
El hombre no pregunta cómo.
Él tiene las pupilas rotas
y puras: sabe ya que su obra ha muerto.



29 ene 2021

Libro de narrativa para o Club de Lectura do profesorado e persoal non docente (II trimestre)

Memorias de una salvaje
Bebi Fernández

K tiene 19 años y una vida un tanto peculiar. Cuando su padre es asesinado en un ajuste de cuentas, se ve obligada a compaginar sus estudios con un trabajo muy poco convencional: el de recepcionista y chica de los recados en un local de alterne clandestino. Bajo la amenaza de los proxenetas y la asfixia de la deuda, vivirá de cerca los horrores que el sistema de la trata de mujeres conlleva. La experiencia la llevará a gestar una metamorfosis que marcará su paso de la adolescencia a la edad adulta.
Las mujeres que allí conoce y la violencia intrínseca al mundo criminal —que también sentirá en sus propias carnes— hará que comience a pensar en defenderse. Para ello acudirá al club de boxeo de Ram, un chico al que la violencia de género también le ha marcado la vida. Pese a las corazas que ambos portan, la curiosidad de este le llevará a interesarse y preocuparse por ella hasta hacerla pensar que quizá sí existan los hombres que aman a las mujeres.
Pero un desafortunado suceso hará que las luces de neón comiencen a parpadear.



27 ene 2021

As xacias

Para escoitar nestas escuras noites de Inverno...

Sete contos escritos, interpretados e sonorizados por David, Noa G., Vanessa, Carla, Gemma, Pablo, Alicia, Hugo, Sara, José Antonio, Thais, Milagros, Uxía e Noa P., e supervisados por Tania Vázquez García (Lingua e Literatura Galega) e Juan Manuel Vázquez (Música).

Alumnado do Club de lectura e da materia de Obradoiro de Música de 1º ESO (curso 2020/2021) do IES Lama das Quendas, Chantada (Lugo).

25 ene 2021

Libro de "as outras" do club de lectura do alumnado (I trimestre)

Derradeiro bis en catro-corenta
Tomás González Ahola

Cincuenta anos dan para moito no mundo das verbenas. Todas as historias que nel foron e serán nos se poderían contar no limitado tempo de vida dun ser humano. Tampouco os desacougos, os infortunios, o insomnio e os milleiros de quilómetros ás costas se poderían narrar con xustiza nun feixe de páxinas.
Derradeiro bis en catro-corenta é unha ficción feita con retallos de realidade. Esta novela combina as visións e as vidas de múltiples personaxes involucrados no tecido do ocio estival galego, desde o músico que ollou ao longo de cincuenta anos a auxe e a decadencia das verbenas, até o cantante de moda, que sae á escena acelerado pola cocaína... Ás veces os cadros son crus, ás veces, desacougantes, surrealistas por momentos. Algúns mesmo nos fan sorrir, case sempre amargamente... Todos as personaxes e historias deste crebacabezas son pura ficción, malia que moitas das que vivimos ás interminábeis noites de verán e os menceres na estrada, rumbo a outro lugar, nos veremos reflectidas, cando menos, nalgún momento...



Concurso de cartas de amor e poesía


 

15 ene 2021

Libro de ciencia ficción do club de lectura do alumnado (II trimestre)

Carriandola
Aloysius, Simón Blanco

Estamos no ano 2020. Mais non no noso 2020. Nesta realidade alternativa, o mundo leva na escuridade 12 anos. Logo do grande apagón, a electricidade desapareceu, talvez para sempre. Galicia vive tempos convulsos, de medo, tebras e fanatismo. Mais algo está a piques de mudar nun recanto da Vía da Prata que se dirixe a Santiago. Mariña, unha nena especial, vivirá unha inesperada aventura na procura da luz. Acompáñanos nesta alucinante viaxe.



14 ene 2021

Libro de terror do club de lectura do alumnado (II trimestre)

Contos de soños e sombras
Ariza Piñeiro

Os Contos de soños e sombras son trece relatos breves (algúns moi breves) de terror psicolóxico, ou sexa, contos de medo que fan pensar. Algúns escritos cun toque de humor, outros cun toque de mala uva. Son contos de soños porque cando soñamos non distinguimos o real do imaxinario, e de sombras porque todos temos un lado oculto. Sabes que é iso que levas pegado e camiña á túa beira? Abre o libro e descúbreo.



13 ene 2021

Libro de fantasía do club de lectura do alumnado (II trimestre)

Penélope y las doce criadas
Margaret Atwood

Probablemente una de las gestas heroicas más glosadas y conocidas de todos los tiempos, el regreso de Ulises a Ítaca, nos deja también un gran interrogante acerca de la terrible matanza de los pretendientes de Penélope y sus doce criadas: ¿por qué se ahorcó a las mujeres y cuáles eran las verdaderas intenciones de Penélope?
En un audaz e inspirado giro al relato de Homero, Margaret Atwood cede a Penélope la voz narradora que nos conduce hacia la respuesta del misterioso suceso. Su relato, colmado de sabiduría y humor, resulta inquietante, fruto de la imaginación de una autora ampliamente reconocida por su capacidad de contar historias con un elevado tono poético.



 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Justin Bieber, Gold Price in India