22 dic 2011

Ata o 2012!

Ben, amiguiños e amiguiñas, despois das xuntanzas para comentar Cuento de Navidad (luns 19, rapazada e mércores 21, profesorado) comenzamos as vacacións de Nadal, que ben aproveitadas dan para descansar, estar coa familia e cos amigos, xogar e troulear, e, por suposto, seguir lendo á vontade. En concreto, neste club de lectura quedan abertas as páxinas de El asesinato del profesor de matemáticas, de Jordi Sierra i Fabra (para a ESO) e O único que queda é o amor ou Non hai noite tan longa, a elixir (calquera dos dous de Agustín Fernández Paz), para os maiores. Ademais, hai unhas propostas marabillosas no blogue da bilioteca (Biblioquendas): non deixedes de botarlles unha ollada.
Xuntanza de adultos
(Cuento de Navidad)

Xuntanza en inglés
(A Chrismas Carol)
Á volta desta paréntese festiva, aproveitaremos para colocar o noso taboleiro de anuncios, recén chegado ás instalacións do instituto, ver e colgar algunha das fotos que nos fixeron nas últimas actividades, elixir o título gañador entre os propostos para nomear este Club de Lectura e falar, cómo non, de libros e lecturas petiscando algunha cousa, para favorecer a memoria e a imaxinación.
Por certo, non esquezades que xa logo remata o prazo para presentar un logo!
Boas festas!



16 dic 2011

Xa vén o Nadal!

Para ir collendo xeito de festa, o vindeiro luns, coma sempre no recreo, na aula multimedia,  imos facer unha sesión en inglés, en relación coa obra Cuento de Navidad de Charles Dickens. Non esquezades vir!



 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Justin Bieber, Gold Price in India