Ben, amiguiños e amiguiñas, despois das xuntanzas para comentar Cuento de Navidad (luns 19, rapazada e mércores 21, profesorado) comenzamos as vacacións de Nadal, que ben aproveitadas dan para descansar, estar coa familia e cos amigos, xogar e troulear, e, por suposto, seguir lendo á vontade. En concreto, neste club de lectura quedan abertas as páxinas de El asesinato del profesor de matemáticas, de Jordi Sierra i Fabra (para a ESO) e O único que queda é o amor ou Non hai noite tan longa, a elixir (calquera dos dous de Agustín Fernández Paz), para os maiores. Ademais, hai unhas propostas marabillosas no blogue da bilioteca (Biblioquendas): non deixedes de botarlles unha ollada.
![]() |
Xuntanza de adultos (Cuento de Navidad) |
![]() |
Xuntanza en inglés (A Chrismas Carol) |
Á volta desta paréntese festiva, aproveitaremos para colocar o noso taboleiro de anuncios, recén chegado ás instalacións do instituto, ver e colgar algunha das fotos que nos fixeron nas últimas actividades, elixir o título gañador entre os propostos para nomear este Club de Lectura e falar, cómo non, de libros e lecturas petiscando algunha cousa, para favorecer a memoria e a imaxinación.
Por certo, non esquezades que xa logo remata o prazo para presentar un logo!
Boas festas!
0 comentarios:
Publicar un comentario