22 dic 2022

Felices festas e un lector ano 2023!

 


9 dic 2022

Reunión presencial do club de lectura de nais, pais e amigas!!!

O vindeiro martes 20 de decembro, a partires das 16:30 horas e na biblioteca do centro, teremos a primeira reunión presencial logo de moito, moito tempo, do club de lectura de nais, pais e amigas. Nela falaremos da novela de María Oruña "El bosque de los cuatro vientos" e, coma sempre, de todo aquelo que poida ir xurdindo.



11 nov 2022

Club do cinema (I trimestre)

Tout va bien
Jean-Luc Godard e Jean-Pierre Gorin

Francia después del mayo del '68. Un matrimonio en crisis, en una sociedad en crisis, se queda atrapado en una fábrica debido a la huelga de los trabajadores. Godard disecciona la estructura de la sociedad, del cine, el amor y la revolución. ¿Puede el amor sobrevivir a la revolución?



10 nov 2022

Libro de poesía do club de lectura do profesorado e persoal non docente (I trimestre)

Urania
Chus Pato

En Urania, o poema non ten idade porque testemuña unha exclusión: é o remanente que permanece ancorado ás pulsións do idioma, abríndolle as costuras ao real.



9 nov 2022

Libro de narrativa do club de lectura do profesorado e persoal non docente (I trimestre)

Non é de Taramundi
Luís García Mañá

Os anos cincuenta representan para Galicia e comarcas limítrofes novos avances para a mellora da situación económica.
España remata o “racionamento” e consegue entrar na ONU. A existencia do ferrocarril de vía estreita de Vilaoudriz a Ribadeo vai dirixíndose cara á súa fin, o mesmo que certos modos de vida. Constrúense novas estradas en substitución de vellos camiños polos que circulan vehículos de motor xunto aos de tracción animal. Algunhas mulleres reivindican un papel de igualdade cos homes nunha sociedade máis plural. Pero o Réxime resístese a ceder.



8 nov 2022

Libro de narrativa do club de lectura das nais, pais e amigas (I trimestre)

El bosque de los cuatro vientos
María Oruña

A comienzos del siglo XIX, el doctor Vallejo viaja de Valladolid a Galicia junto con Marina, su joven hija, para servir como médico en un poderoso monasterio de Ourense. Allí descubrirán un mundo y unas costumbres muy particulares y vivirán la caída de la Iglesia y el fin definitivo del Antiguo Régimen. Marina, interesada en la medicina y la botánica pero sin permiso para estudiar, luchará contra las convenciones sociales que su época le impone sobre el saber, el amor y la libertad y se verá inmersa en una aventura que guardará un secreto de más de mil años.



3 nov 2022

Reunión do grupo das outras...

Primeira reunión hoxe no tempo de lecer do grupo das outras do club de lectura.

Estivemos falando do libro de relatos curtos Cuentos afilados en noches extrañas y otras puñaladas de Bebi Fernández, ou como unhas poucas verbas poden facer sentir un torrente inexplicábel de emocións, facendo que a lectora sexa quen complemente ou complete a historia, o que eleva as múltiples posibilidades e lecturas...

pd/ Para a vindeira reunión, proposta de relato curto das participantes do grupo... anímase alguén máis?



26 oct 2022

Reunión do grupo de banda deseñada e manga...

Primeira reunión o pasado luns do grupo da banda deseñada do club de lectura.

Estivemos falando de Flashpoint, ou como unha decisión/acción nun ou noutro sentido pode desencadear unha serie de acontecementos totalmente opostos. Unha fantástica historia sobre o "efecto bolboreta".

pd/ Espectacular o Batman alternativo que aquí se propón...



25 oct 2022

Libro de poesía do club de lectura do alumnado (I trimestre)

Andar ás apóutegas
Rafa Lobelle

"Tódolos pobos escravos precisan os seus mitos fundacionais
tanto como os pobos e as conciencias libres
o crepúsculo dos ídolos"



18 oct 2022

Libro de fantasía do club de lectura do alumnado (I trimestre)

Cazadores de sombras 1: Ciudad de hueso
Cassandra Clare

En el Pandemonium, la discoteca de moda de Nueva York, Clary sigue a un atractivo chico de pelo azul hasta que presencia su muerte a manos de tres jóvenes cubiertos de extraños tatuajes. Desde esa noche, su destino se une al de esos tres cazadores de sombras, guerreros dedicados a liberar a la tierra de demonios y, sobre todo, al de Jace, un chico con aspecto de ángel y tendencia a actuar como un idiota...



17 oct 2022

Día das escritoras 2022 (I)

Recitado de textos de Emilia Pardo Bazán, Xela Arias, Gloria Fuertes, Ledicia Costas e Stephanie Meyer por alumnado de 1º de ESO de Proxecto Competencial, nunha actividade conxunta entre a Biblioteca, o Club de Lectura "A Quenda do Libro" e o Departamento de Música do IES Lama das Quendas de Chantada. Voces de Mario Tiago Machado Dias, Kholoud Lahrach Chanaa, Érika Águila Fernández, Pablo Blanco López, Isaac Taboada Fernández, Artai López Sanmartín, Brian Águila Fernández, Erea Guitián Fernández e Leonor Pacheco Gay. Noel Cortiñas Vallo (3º de ESO de Proxecto Competencial) na produción técnica.

Música "Quantas sabedes amar amigo" de Martím Códax (s. XIII), con arranxo de Juan Manuel Vázquez.

14 oct 2022

Sons de melancolía...

O pasado 7 de outubro tivo lugar o acto inaugural de A Quenda do Libro no Espazo Xove de Chantada co recital "Sons de melancolía".



4 oct 2022

Recital de benvida no Espazo Xove!

Este venres volvemos ás actividades presenciais no club de lectura do Lama das Quendas cun recital do seu coordinador Juan Manuel Vázquez no Espazo Xove de Chantada. Estades todas convidadas!!!


30 sept 2022

Libro de BD e Manga do club de lectura do alumnado (I trimestre)

Flashpoint

Barry Allen es un héroe. Protege a los inocentes y lucha contra el mal como Flash... el Hombre más Rápido del Mundo. Pero este no es el mundo que conocía. Este es un mundo en el que Wonder Woman y Aquaman han sumido a millones de personas en las tinieblas de la guerra... en el que ningún ser humano ha portado jamás la luz de Green Lantern... en el que Batman tiene tanta sangre en las manos como sus enemigos... en el que nadie ha oído hablar jamás de Superman… en el que el hombre más rápido que existe no es más que un hombre corriente.

Sin poderes y a solas, Barry Allen recuerda la realidad tal como fue. Ahora debe convencer a estos héroes tan extraños como peligrosos —siniestras versiones de los hombres y las mujeres junto a los que una vez luchó— para que apoyen su causa y devuelvan el mundo al buen camino. Llevará su tiempo, pero tiempo es algo que él no tiene. Porque independientemente de que triunfe o fracase, el mundo jamás volverá a ser el mismo…



29 sept 2022

Libro de "as outras" do club de lectura do alumnado (I trimestre)

Cuentos afilados en noches extrañas y otras puñaladas
Bebi Fernández

Cuentos como puñales, relatos afilados directos al corazón, aforismos que zarandean tu mente, capaces de abrir o cicatrizar heridas profundas. Textos que siempre cierran en alto, que fulminan con dos frases, con los que disfrutar y reflexionar y ante los que el lector no puede mostrarse indiferente. Potentes, sensibles, pedagógicos, combativos, profundos, estimulantes. En definitiva: necesarios.



27 sept 2022

D&D no Lama das Quendas! (2)

Un exemplo de ficha de personaxe para D&D coa que está a xogar Irene Vázquez Vázquez nos tempos de lecer na biblioteca do IES... O debuxo e a letra élfica son feitos por ela!



23 sept 2022

D&D no Lama das Quendas!

Levamos xa varios recreos botando unhas partidas de rol a D&D... este curso promete!



19 sept 2022

Comezamos novo curso!!!

 


22 jun 2022

Airiños. airiños aires: O exilio, a música, a poesía...

Recitado de poemas de Florencio Delgado Gurriarán sobre a composición Airiños, airiños aires da nosa Rosalía, musicada por Antonio Jaunsarás, formidábel músico navarro asentado en Ourense que foi organista da catedral, mestre de mestres e compositor. A escolla veu motivada, ademais de pola súa beleza, pola súa temática, pois o homenaxeado deste 2022 é chamado o poeta do exilio.

Podcasts feitos en colaboración coa biblioteca do IES Celanova Celso Emilio Ferreiro.

21 jun 2022

Vampir

Curtametraxe con guión, música, interpretación, gravación e montaxe polo Grupo do Terror durante o terceiro trimestre (ao abeiro da lectura de Dracula de Bram Stoker) e o alumnado de Linguaxe e Práctica Musical de 1º de Bacharelato.



Electra en cinco retrincos...

Audiovisual feito por alumnado de Música de 4º da ESO e do club de lectura "A Quenda do Libro" sobre o "Electra" de Eurípides e atmosferas musicais do Expresionismo alemán.



17 jun 2022

Vampir, estrea no Espazo Xove de Chantada...

 


Música e poesía...

O pasado mércores 15 de xuño tivemos unha actividade poético-musical na que Juan Manuel Vázquez puxo música e voz a tres poemas de Lois Pereiro e o convidado Antonio Ricón interpretou algunhas das cancións de Bob Dylan. Foi de mañá no Salón de Actos e para alumnado de 3º e 4º da ESO.



14 jun 2022

Quendas Estrañas #2...

Xa disponíbel o segundo número de Quendas Estrañas, pequena homenaxe ao xénero pulp dende este recuncho da Galiza Profunda.

Nel pódense atopar debuxos e relatos feitos por alumnado do centro, dúas achegas en forma de poesía de Branca Trigo Cabaleiro e Adrián Maceda, madriña e padriño deste número logo do seu fantástico taller de poesía impartido na mañá do 22 de abril no Salón de Actos, así como un marabilloso texto da compañeira de Lingua Castelá e Literatura Isabel Alcántara Lobelle, quen se xubila este curso.



31 may 2022

Premiados no I Torneo de Xadrez...

Rematou xa o I Torneo de Xadrez no Lama das Quendas!!!

Os premiados foron:

Semifinalistas
Ibán Pérez Ochandategui (2º ESO B)
Arman Aimar Mirabedini Álvarez (4º ESO B)

Finalistas
1º clasificado: Xabier Pérez Ochandategui (4º ESO A)
2º clasificado: Aram Reza Mirabedini Álvarez (2º BAC B)

Grazas a todo o alunado participante! Vémonos noutra edición!!!



26 may 2022

Vampir (en breve...)


 

23 may 2022

Club do cinema


Triloxía de "O padriño"

12 may 2022

Club da BD e manga


Bakuman (I trimestre)
Black Bullet (II trimestre)
One Piece (III trimestre)

11 may 2022

Libro de teatro do club de lectura das nais, pais e amigas (III trimestre)

Esquecín dicirche adeus... ...así que adeus
Clara Martín

Quen non xogou na súa infancia ó teléfono esnaquizado? Este é un xogo sinxelo e nada competitivo no que os participantes se divirten ó escoitar como unha mensaxe se vai distorsionando ó ser transmitida ó longo dunha cadea de oíntes. O resultado final é unha historia diferente, peculiar, curiosa e divertida, pois por algo é un xogo. "Esquecín dicirche adeus… así que adeus" é algo así, unha historia diferente, singular e agardamos que divertida no que os sucesos sofren certas deformacións porque a memoria alterada, a modo de teléfono esnaquizado, transforma as lembranzas ó seu antollo.



10 may 2022

Libro de narrativa do club de lectura das nais, pais e amigas (III trimestre)

Así me libré de Vietnam
Arcadio Rodríguez Tocino

Finales de 1971. En una calle, a las afueras de un pequeño local donde el grupo White Matula acaba de ofrecer un concierto, su guitarrista es despedido por diferencias con el vocalista. Toda la banda está de acuerdo en que prefieren quedarse con el cantante. Veintiocho años después, a mediados de 1999, las cosas han cambiado tanto que las heridas parecen haber cicatrizado por completo. Tanto que una nueva oportunidad se abre ante los componentes originales de una banda que no tuvo demasiada suerte en el pasado. Ante ellos se presenta una buena oportunidad para tocar en una nueva edición de Woodstock. Tendrán que realizar un largo viaje donde descubrirán que veintiocho años no son demasiados… porque el pasado siempre es presente.



6 may 2022

Libro de banda deseñada do Club de Lectura do profesorado e persoal non docente (III trimestre)

Dr. Uriel
Sento

El verano de 1936, Pablo Uriel, un joven de veintidós años recién licenciado en Medicina, empezaba ilusionado su andadura profesional y se enfrentaba a su primer destino como médico. En ese momento no podía ni imaginar que, de repente, su vida y la de todo el país se iba a convertir en una terrible pesadilla.
Los testimonios minúsculos, como el suyo, no suelen figurar en los grandes libros de Historia y acaban desapareciendo... Pero Sento se ha encargado de que, ochenta años después, la pequeña gran historia del doctor Uriel sea difícil de olvidar. Publicado originalmente en tres tomos –Un médico novato, Atrapado en Belchite y Vencedor y Vencido–, Doctor Uriel recopila la historia completa en este integral cuyo primer tomo ganó el Premio Internacional Fnac-Sins Entido de Novela Gráfica en 2013.
Aún en plena dictadura el doctor Uriel consiguió escribir sus memorias que vieron la luz en una pequeña edición familiar publicada en 1988, dos años antes de su muerte. 
Sento Llobell, autor de la trilogía y yerno de Uriel confiesa que “cuando leí las memorias me quedé impresionado. Siempre pensé que tenía que hacerlo”.



4 may 2022

Libro de narrativa do Club de Lectura do profesorado e persoal non docente (III trimestre)

Esto no es el CSI
Begoña Gil González

Durante la noche de carnaval, aparece, tirado en una cuneta, el cadáver de Pablo, hombre joven y encantador, de un pueblo de Galicia llamado Luanova. Una teniente de la Guardia Civil, Lila Gil, con dos originales ayudantes, Zahe y Gala, y la ayuda inestimable de los perros de ésta, se ocupará de la investigación. Poco a poco irá desentrañando los secretos y mentiras que rodean la vida del muerto.



3 may 2022

Libro 2 de "as outras" do club de lectura do alumnado (III trimestre)

El trovador oscuro
Carlo Frabetti

Inglaterra, siglo XII. Juan Sin Tierra trata de arrebatarle el trono a su hermano Ricardo Corazón de León, embarcado en una tercera cruzada. En este ambiente de intrigas palaciegas, surge la figura de un «simple» trovador, Arnaut Daniel, por encima de todo, un hombre leal.



2 may 2022

Libro 1 de "as outras" do club de lectura do alumnado (III trimestre)

Anne, a de Tellas Verdes
Lucy Maud Montgomery

Matthew e Marilla Cuthbert son dous irmáns que viven en Avonlea na Illa do Príncipe Eduardo de Canadá. Ao necesitar axuda na súa granxa, Tellas Verdes, solicitan adoptar a un neno dun orfanato. Por erro, unha nena roiba e pencada de once anos chamada Anne Shirley é enviada cos irmáns. Mentres que Matthew acolle instantaneamente a Anne, Marilla non está segura de quedar con ela. Con todo, a alegre e sumamente imaxinativa Anne transforma gradualmente a triste vida do tímido Matthew e a melindrosa Marilla, que chegan a vela como unha filla.



28 abr 2022

Libro de ciencia ficción do club de lectura do alumnado (III trimestre)

Watchmen
Alan Moore / Dave Gibbons

Nueva York, 1985. El cruento asesinato de Edward Blake, el Comediante, deja tras de sí un smiley manchado de sangre y moviliza a los pocos justicieros que aúnviven. Uno de los más resolutivos e implacables, Rorschach (Walter J. Kovacs), emprende una investigación que le hará reencontrarse con el desengañado Búho Nocturno (Dan Dreiberg), el poderoso Dr. Manhattan (Jon Osterman), el multimillonario Ozymandias, considerado“el hombre más listo del mundo” (Adrian Veidt), y la renuente y atormentada Espectro de Seda (Laurie Juspeczyk). Juntos afrontarán un pasado terrible, bajo la sombra de los Minutemen, y tratarán de superarlo para salvar el futuro… si es que el fin, cada vez más cerca, no llega antes y destruye la Tierra por completo.



27 abr 2022

Antón Riveiro Coello nas actividades do Día do Libro 2022...

O pasado mércores 20 estivo Antón Riveiro Coello no centro ofrecendo unha charla-encontro co noso alumnado de bacharelato da man do Departamento de Lingua Galega e Literatura. Con el comezaron as actividades coas que celebramos o Día do Libro...

Grazas!



Libro de terror do club de lectura do alumnado (III trimestre)

Dracula
Bram Stoker

Perhaps the most famous horror story of all time. Jonathan Harker is held captive in Castle Dracula while his nefarious host makes his evil plans. Jonathan is determined to destroy Dracula. Will good triumph over evil?



26 abr 2022

Libro de fantasía do club de lectura do alumnado (III trimestre)

Morgana en Esmelle
Begoña Caamaño

Unha novela que reescribe o mito cunha ollada contemporánea Logo do Ano Cunqueiro, Begoña Caamaño consegue propoñer unha ollada diferente sobre o mundo artúrico e a Terra de Miranda. Son os remorsos e as culpas sentimentos que nos acompañan toda a vida? Temos acaso dereito a esquecer os danos causados polas nosas decisións? Con preguntas semellantes, a chegada de Morgana racha a aparente serenidade coa que Merlín vive na fraga de Esmelle. Na novela de Begoña Caamaño, a medio irmá e amante de Artur entra na casa de Miranda en procura de respostas á súa infelicidade. Coa súa dor e coas lembranzas de Merlín vaise tecendo o fío da memoria ata descubrir as razóns últimas da ruína de Avalon e da caída de Camelot. Morgana en Esmelle é unha reflexión en torno á responsabilidade de asumir as consecuencias non desexadas de cada un dos nosos actos. Un debate sobre a necesidade de adoptar compromisos incómodos e implicarse nos momentos históricos. Sacrificada na loita entre dúas concepcións do mundo, Morgana interróganos sobre a lexitimidade das nosas razóns; mais, acaso a súa condición de vítima faina máis inocente?



23 abr 2022

Taller de poesía con Branca Trigo e Adrián Maceda...


Hoxe é o Día do Libro, e que mellor que celebralo na mañá de onte cun taller de poesía impartido polas poetas Branca Trigo e Adrián Maceda ao alumando de 3º e 4º da ESO do Lama das Quendas. Imensas grazas por unha actividade tan marabillosa!

20 abr 2022

Día do Libro, 23 de abril...


 

21 mar 2022

Día Mundial da Poesía, 21 de marzo...


 Coñecemento do Medo, Branca Trigo (Malafera, 2021)

8 mar 2022

8M, Día Internacional da Muller 2022

O Día Internacional da Muller 2022 reivindica os dereitos das mulleres baixo o lema: "Igualdade de xénero hoxe para un mañá sostible", reclamando unha acción polo clima por e para as mulleres. A información máis recente da que dispoñemos permitiunos entender que existe un vínculo fundamental entre xénero, equidade social e cambio climático e recoñecer que, sen igualdade de xénero hoxe, o futuro sostible e equitativo seguirá estando fóra do noso alcance.
No Lama das Quendas estivemos estas pasadas semanas, en colaboración co Departamento de Música e o Club de Lectura "A Quenda do Libro", visualizando e debatendo nas aulas de 4º da ESO o filme "The Punk Singer", un documental centrado na figura de Kathleen Hanna, unha das iconas do movemento feminista punk 'Riot grrrl'.



3 mar 2022

Entrega de premios!!!

O pasado venres 25 de febreiro (venres de Entroido!) tivo lugar no tempo de lecer a entrega de premios do "Concurso de cartas de amor e poesía (San Valentín 2022)" na Biblioteca.

No acto, o Vicedirector Roberto Rodríguez Pérez fixo entrega dos mesmos a Vanessa González Jorge (1º premio), Paula Martínez Reguera (2º premio) e Carla Eiriz Mosteiro e Azad Manuel Mirabedini Álvarez (accésits). Parabéns!!!

E mil grazas a todas as demais persoas participantes!

Organizaron Biblioquendas e Dinamización Lingüística.
Colaboraron Edicións Fervenza, Urco Editora e a Cafetaría do centro.



25 feb 2022

FELIZ ENTROIDO!



Domingo Corredoiro en Santiago da Riba.

Foto sacada da páxina da Asociación de Amigos do Entroido Ribeirao, feita por Isabel Iglesias Fernández.

21 feb 2022

Resolución do concurso de cartas de amor e poesía (San Valentín 2022)


 

18 feb 2022

Libro de narrativa do club de lectura das nais, pais e amigas (II trimestre)

Esto no es el CSI
Begoña Gil González

Durante la noche de carnaval, aparece, tirado en una cuneta, el cadáver de Pablo, hombre joven y encantador, de un pueblo de Galicia llamado Luanova. Una teniente de la Guardia Civil, Lila Gil, con dos originales ayudantes, Zahe y Gala, y la ayuda inestimable de los perros de ésta, se ocupará de la investigación. Poco a poco irá desentrañando los secretos y mentiras que rodean la vida del muerto.



9 feb 2022

Libro de poesía do club de lectura das nais, pais e amigas (II trimestre)

Dente de leite
Arancha Nogueira

dente de leite é ante todo un libro nostálxico, sobre a inocencia perdida, que parte do recordo dun verán na infancia, un poemario agridoce pero cálido que abeira a infancia e idade adulta dunha xeración que ansía o regreso da protección constante, da emoción da descuberta.



8 feb 2022

Libro de narrativa do Club de Lectura do profesorado e persoal non docente (II trimestre)

Las hijas del agua
Sandra Barneda

Venecia, 1793. Arabella Massari contempla desde su palacio la llegada de los invitados. Ha organizado una gran fiesta de máscaras. Entre los asistentes se encuentra Lucrezia Viviani, la hija del mercader Giuseppe Viviani, que acude con su prometido Roberto Manin. Lucrezia no está dispuesta a casarse con un hombre al que detesta y hará todo lo posible por impedir la boda.
Arabella descubrirá en el festejo que esa joven tímida es la elegida para mantener el legado de las hijas del agua, una hermandad secreta de mujeres que luchan por ser libres.



7 feb 2022

Libro de poesía do Club de Lectura do profesorado e persoal non docente (II trimestre)

Coñecemento do Medo
Branca Trigo Cabaleiro

Coñecemento do Medo vai de amar a quen nos fire e ferir a quen nos ama, de odiar a nosa herdanza e ensinala con orgullo. Branca Trigo constrúe este estudo empregando o cine de terror como fío condutor.  Temede cada verso.
“Son unha covarde que adora os filmes de terror. Chamarédesme masoquista. E é certo. Gústame sufrir; tocar cousas coa lingua para saber se queiman, sentir que esta aprendizaxe térmica me mete o medo no corpo. Memorizo os tempos de repouso. Remexo no que me aterra, porque a valentía e a condición humana son, desde todos os puntos de vista, irreconciliables. E deste ensaio-erro nace o libro”.



2 feb 2022

Libro 2 de "as outras" do club de lectura do alumnado (II trimestre)

Así me libré de Vietnam
Arcadio Rodríguez Tocino

Finales de 1971. En una calle, a las afueras de un pequeño local donde el grupo White Matula acaba de ofrecer un concierto, su guitarrista es despedido por diferencias con el vocalista. Toda la banda está de acuerdo en que prefieren quedarse con el cantante. Veintiocho años después, a mediados de 1999, las cosas han cambiado tanto que las heridas parecen haber cicatrizado por completo. Tanto que una nueva oportunidad se abre ante los componentes originales de una banda que no tuvo demasiada suerte en el pasado. Ante ellos se presenta una buena oportunidad para tocar en una nueva edición de Woodstock. Tendrán que realizar un largo viaje donde descubrirán que veintiocho años no son demasiados… porque el pasado siempre es presente.



1 feb 2022

Libro 1 de "as outras" do club de lectura do alumnado (II trimestre)

Derradeiro bis en catro-corenta
Tomás G. Ahola

Cincuenta anos dan para moito no mundo das verbenas. Todas as historias que nel foron e serán nos se poderían contar no limitado tempo de vida dun ser humano. Tampouco os desacougos, os infortunios, o insomnio e os milleiros de quilómetros ás costas se poderían narrar con xustiza nun feixe de páxinas.
Derradeiro bis en catro-corenta é unha ficción feita con retallos de realidade. Esta novela combina as visións e as vidas de múltiples personaxes involucrados no tecido do ocio estival galego, desde o músico que ollou ao longo de cincuenta anos a auxe e a decadencia das verbenas, até o cantante de moda, que sae á escena acelerado pola cocaína... Ás veces os cadros son crus, ás veces, desacougantes, surrealistas por momentos. Algúns mesmo nos fan sorrir, case sempre amargamente... Todos as personaxes e historias deste crebacabezas son pura ficción, malia que moitas dos que vivimos ás interminábeis noites de verán e os menceres na estrada, rumbo a outro lugar, nos veremos reflectidas, cando menos, nalgún momento...



31 ene 2022

Libro de ciencia ficción do club de lectura do alumnado (II trimestre)

O que Darwin non previu
Alba Payo Froiz

Unha pequena vila vive rodeada polo exército, que ten como misión impedir por todos os medios que os poboadores saian dos límites do cerco imposto. O motivo? Os habitantes sofren unha enfermidade que mata a case a totalidade dos que a padecen e, aqueles que sobreviven, gañan distintos poderes inesperados e incontrolábeis. O medo esténdese e as comunicacións co exterior acaban por cortarse de todo, polo que o nerviosismo vai medrando aos poucos. A necesidade dun líder vólvese imperiosa e Ero, o único doutor que segue en funcións na vila, ten que tomar difíciles decisións polo benestar da súa cidade mentres intenta resolver o que é o que está a pasar e o que pode facer para salvar á minguante poboación.



26 ene 2022

Libro de terror do club de lectura do alumnado (II trimestre)

Vampir
Joan Sfar

Joan Sfar (Niza, 1971) es lo más parecido a una estrella del rock dentro del panorama del cómic europeo, y VAMPIR es su disco de platino. ¿Y Fernand? Fernand es un vampiro enamoradizo que solo muerde con un colmillo, para evitar dejar demasiadas marcas en sus (consentidas) víctimas. Un poco ridículo cuando vuela, su problema no son los cazadores de vampiros, sino aclarar sus ideas, decidirse por alguna de las muchachas con las que no puede evitar flirtear y conseguir, es obvio, que su amor sea correspondido. VAMPIR es un bestiario amoroso: los motores que mueven a los vampiros, hombres árbol, golems y brujas novatas que pueblan sus páginas no son el terror y la venganza, sino la pasión y la búsqueda de un alma gemela. Amparado en un argumento romántico y humorístico que tiene mucho que ver con su propia vida y la de su familia, Joann Sfar desarrolla un relato que es a la vez comedia de situación y fábula universal, abordando temas como el amor, la pérdida, el deseo y la sensualidad en una narración (in)humana de largo aliento que conecta con el público de toda edad y condición. Lo hace con ayuda de su dibujo orgánico, apremiante y vivo, heredero de grandes artistas como Sempé y Quentin Blake, y lo hace además gracias a la naturalidad aparentemente improvisada de sus chispeantes diálogos.



25 ene 2022

Libro de fantasía do club de lectura do alumnado (II trimestre)

La historia interminable
Michael Ende

La Emperatriz Infantil está mortalmente enferma y su reino, Fantasia, corre un grave peligro. La salvación depende de Atreyu, un valiente guerrero de la tribu de los pieles verdes, y Bastian, un niño tímido que lee con pasión un libro mágico. Solo un ser humano puede salvar este lugar encantado. Juntos emprenderán un fascinante viaje a traves de tierras de dragones, gigantes, monstruos y magia que no tiene vuelta atrás. A medida que se adentra en Fantasia, Bastian deberá resolver tambien los misterios de su propio corazón.



Concurso de cartas de amor e poesía (San Valentín 2022)


Bases

I. As composicións, que deben ser presentadas de xeito individual, poden ser tan extensas como queirades e terán como temática sentimentos como o amor e a amizade.
II. Poderán estar escritas tanto a man como a máquina ou computador, con boa caligrafía, sen faltas de ortografía, con limpeza e orde, indicando o curso, nome e apelidos da autora.
III. Deberán estar escritas en lingua galega e ser orixinais.
Prazo e lugar de entrega:
O prazo de entrega de cartas finaliza o venres 11 de febreiro ás 11:45 e terán que ser depositadas na urna de San Valentín situada na Biblioteca.
Premios:
Haberá un 1º premio (lote de libros e consumición de bocadillo e bebida para dúas persoas na cafetería do IES) e un 2º premio (lote de libros).
O xurado poderá declarar deserto o premio se as obras non cumpren as bases ou se considera que non teñen a calidade suficiente.

Organizan
Equipo da Biblioteca e de Dinamización Lingüística

 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Justin Bieber, Gold Price in India