7 feb 2022

Libro de poesía do Club de Lectura do profesorado e persoal non docente (II trimestre)

Coñecemento do Medo
Branca Trigo Cabaleiro

Coñecemento do Medo vai de amar a quen nos fire e ferir a quen nos ama, de odiar a nosa herdanza e ensinala con orgullo. Branca Trigo constrúe este estudo empregando o cine de terror como fío condutor.  Temede cada verso.
“Son unha covarde que adora os filmes de terror. Chamarédesme masoquista. E é certo. Gústame sufrir; tocar cousas coa lingua para saber se queiman, sentir que esta aprendizaxe térmica me mete o medo no corpo. Memorizo os tempos de repouso. Remexo no que me aterra, porque a valentía e a condición humana son, desde todos os puntos de vista, irreconciliables. E deste ensaio-erro nace o libro”.



0 comentarios:

Publicar un comentario

 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Justin Bieber, Gold Price in India