31 dic 2013

Os mellores desexos para tod@s vós.


24 dic 2013

BOAS LECTURAS!!

      A Quenda do Libro deséxavos Felices festas!!


23 dic 2013

Agradecemento aos centros de ensino que nos prestaron libros

        Ola!
      Con esta entrada queremos agradecer  ao I.E.S Val do Asma e  ao C.E.I.P Eloísa Rivadulla  de Chantada, o mesmo que ao C.P.I. Tino Grandío de Guntín a xentileza que tiveron ao prestarnos libros cos que traballar no club de lectura neste primeiro trimestre.
       Os de máis lonxe xa foron devoltos e os dos centros chantadinos regresarán en breve aos seus andeis de orixe. 
      Ás bibliotecas,aos clubes de lectura e ao profesorado deses centros , grazas pola súa colaboración.
       Que tod@s teñades boas lecturas.
       Aburiño.
      

22 dic 2013

Lecturas para o segundo trimestre.



        
        Que son as Palabras de Caramelo? Palabras dóces?  Caramelos  con forma de palabra? A ver…, é o título de un  libro de Gonzalo Moure. E Caramelo é o nome dun  amigo do pequeño  Kori. Kori sabe moitas cousas e exprésaas de maneira fermosa.Por exemplo di que nos eclipses O sol e a lúa ámanse , e por iso se unen no ceo.Os de 1º A de E.S.O.riremos e choraremos cos personaxes da novela.
  

       
       “Yo soy menor de edad en un país extranjero, inmigrante ilegal, y sin documentos que me identifiquen. La policía me busca. Una banda de traficantes de drogas me busca. Si alguno de ellos me  encuentra , estaremos perdidos: mi padre y yo.” O que fala é  Abdel. Queredes coñecelo mellor? Pois lede  Abdel de  Enrique Páez como farán  os de 1º B de E.S.O.






       O alumnado de 2º de ESO lerá un libro de Agustín Fernández Paz. O titulado Contos por palabras. Nel, os anuncios por palabras dun xornal poñen en marcha a historias  que van ser protagonizadas por un antiquísimo  unicornio , Spiderman, Drácula ou o Home –Lobo , por exemplo. Os relatos teñen un pouso crítico que gusta e da que pensar e reflexionar.


      Aos de 3º de ESO tocalles ler un cómic. Novo formato para esta rapazada que  gozará coa obra de Art Spiegelman , gañadora do pretixioso Premio Pulitzer .Trata sobre o Holocausto e  faino de xeito curioso , coma se dunha fábula se tratase  e usa animais antropomórficos: ratos para representar aos xudíos ,gatos para os alemáns, porcos  para os polacos, ras para os franceses, cervos para os suecos , cans para os estadounidenses e peixes para os ingleses. Teremos unha versión  persoal do autor sobre a  historia da que participou o seu propio pai.
 



       
 Para  os rapaces e rapazas de 4º reservei El principito/O Principiño de Antoine de Saint –Exupery. Porque os coñezo e sei que eles tamén cren  que "non se ve ben senon co corazón. O esencial é invisible aos ollos.” Dara que falar e que pensar.








        Polo que se refire aos adultos , imos ler El Tango de la Guardia Vieja  de Pérez reverte e Cometas en el cielo do escritor Khaled Hosseini. 
   

       Os pais e nais lerán  unha historia na que se atoparemos, guerra,miseria,inxustizas, horror… pero tamén amor, amistade...Hai que lelo para sentilo:É duro pero paga a pena.






        O libro de Pérez Reverte ocupará   tempo do profesorado e do persoal non docente.Nel atoparemos tres situacións: Unha estraña aposta entre dous músicos, que leva a un deles a Bos Aires en 1928; un dos amigos chámase Maurice Ravel, e compoñerá un bolero que se fará famoso. O outro, Armando de Troeye, español e moi rico, deberá compoñer un tango que compita en honras coa peza do francés. Para gañar a aposta, De Troeye viaxa a Bos Aires coa súa muller Mecha Inzunza. Durante a travesía nun luxoso transatlántico, o matrimonio coñece a Max Costa, un aposto bailarín de tangos que se ocupa de entreter as señoras a bordo do barco. Hai tamén  un asunto de espionaxe na Riviera francesa en 1937, durante a Guerra Civil española. É entón cando ten lugar o segundo encontro entre Max e Mecha, rodeados de refuxiados españois adiñeirados que se asentaran na Costa Azul ata o final da contenda fratricida. Todo concluirá con outro breve encontro da parella protagonista, o terceiro, durante os días en que transcorre unha inquietante partida de xadrez que se celebrará no Sorrento de 1966.
        Mmm…! Poñámonos a ler e viaxemos cos personaxes. 

        Boas lecturas!



 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Justin Bieber, Gold Price in India