Ola a tod@s!
Onte reunímonos co alumnado de 2º B que pertence ao club.En total vinte e catro alumno@s que se xuntaron na súa propia aula ( deixámoslle a Multimedia para un profesor que a precisaba para actualizar ordenadores).
Primeiro deron o seu parecer sobre o cómic A mansión dos Pampín: gustoulles .Esa foi a valoración xeral.Logo viñeron as matizacións: eran un pouco pampos, un chisco interesados, pouco claros...
Máis tarde opinaron sobre era bo ou non o crecemento da vila segundo se reflectía na obra de Miguelanxo Prado.A meirande parte concordaban en que se debía respectar o entorno e construír acorde co medio mais aínda había quen discrepaba.
Finalmente en grupos ,como veredes nas fotografías, iniciaron a actividade de recrear, ao seu xeito, unha nova historia para esta familia do cómic. Tod@s tiñan as mesmas viñetas pero cada grupo as ordenaba como lle petaba e co texto que quería.
Algúns remataron no recreo( os máis rápidos) , outros remataron na hora seguinte (o noso agradecemento ao profesor ) e os demais acabarán na semana.
Velaí tedes aos traballadores en plano xeral e despois cada grupo.
.

E un pequeno anticipo da tarefa....
Aburiño!
0 comentarios:
Publicar un comentario