30 may 2023

Lamañazo Rock


 

24 may 2023

Finalizando historias...

 Finalizando o curso... mais as partidas de rol nos tempos de lecer seguen!



4 may 2023

Freestyle no Espazo Xove...

O pasado venres 28 de abril o alumnado de 4º da ESO estivo no Espazo Xove de Chantada facendo un taller de freestyle con membros de Gallos Del Norte no que, a través das emocións, traballaron técnicas de improvisación oral.

Grazas polo voso arte e o voso saber transmitindo! E, como non, ao Espazo Xove por facer actividades tan chulas para a rapazada da bisbarra!



2 may 2023

Libro de narrativa do club de lectura das nais, pais e amigas (III trimestre)

A saga das curandeiras
Marisa Castro

A través da vida de Rosalía Carcedo (1911-1972) faise unha viaxe durante unha parte do século XX, desde a Galicia da que ela era natural, pasando polo Madrid da República e da Guerra Civil, ata a aldea de orixe na que volveu vivir durante a Ditadura e na que continuou exercendo a súa profesión, curandeira, a pesar da incomprensión que a rodeaba e da incredulidade de persoas con ignorancia invencible, que non entendían ou que non querían saber.



 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Justin Bieber, Gold Price in India