16 dic 2019

Libros do segundo trimestre (profesorado e persoal non docente)


Reunión do profesorado e persoal non docente do primeiro trimestre...

O pasado venres 13 tivemos a reunión do primeiro trimestre co club de lectura do profesorado e persoal non docente. Nel falamos do libro de Amélie Nothomb "Golpéate el corazón" (que non deixou a ninguén indiferente; é máis, algunhas de nós incorporamos á autora aos nosos listados de favoritas!) e do ensaio de Sheldon Cashdan "La bruja debe morir", unha entretida análise sobre como poden afectar os tradicionais contos de fadas ás pequenas da casa (e ás non tan pequenas) dende un punto de vista psicolóxico.

11 dic 2019

Fungos de Yuggoth, de H. P. Lovecraft...

Na nosa canle de iVoox "A fume de qarozo", o alumnado de Música de 4º da ESO, e que tamén está no club de lectura, estiveron a facer recitados musicalizados do impío poemario de H. P. Lovecraft "Fungos de Yuggoth", traducido ao galego por Tomás González Ahola...

A noite é escura... e o espazo infinito...

FUNGOS DE YUGGOTH

5 dic 2019

Reunións dos clubs de persoas adultas...


4 dic 2019

Traducindo do xaponés...

Onte contamos coa visita no centro do carballiñés Gabriel Álvarez Martínez, tradutor ao galego e ao castelán de obras xaponesas, tanto de manga (banda deseñada) como de literatura (Haruki Murakami entre as máis coñecidas).

Pola mañá estivo co alumnado de 4º de ESO e de 1º e 2º de Bacharelato, e pola tarde cos clubs de lectura de adultos (nais, pais, amigas, profesorado e persoal non docente). En ambas falou da súa época de estudante no Xapón, así como de diversos aspectos do seu traballo profesional na actualidade, sen faltar, por suposto, referencias á escrita (silabarios, kanjis...) e á cultura do país do Sol nacente.

Un auténtico luxo!!!



21 nov 2019

Achéganse unha morea de novidades en forma de manga...


5 nov 2019

A chamada de Cthulhu...

Que sucesos estranos estarán a pasar no Museo de Historia Natural de Londres? Que escuros influxos levarán á tolemia a parte do persoal que traballa entre os seus muros?
Se queres axudar a descubrilo, e sentir a chamada de Cthulhu, infórmate no club de lectura... ou mellor, achégate os xoves pola tarde á biblioteca do centro... que non cho conten...


29 oct 2019

Pulp-blicación...


28 oct 2019

Encontro con Tomás González Ahola!

Unha imaxen do novo paso de Tomás González Ahola polo Lama das Quendas o pasado venres 25 de outubro, desta volta falando da historia da literatura fantástica co gallo da exposición que teremos nas vindeiras semanas na que chamamos Quincena da Literatura Fantástica.

Moitas grazas Tomás pola túa sabedoría e polo teu bo facer como orador!



23 oct 2019

A historia da Literatura Fantástica.


Instantes do Día das Escritoras...

Velaquí unha cantas fotos do recital literario-musical con textos de escritoras galegas e portuguesas e melodías da nosa lírica medieval que tivo lugar o pasado xoves no tempo de lecer na Biblioteca. Moitas grazas a todas pola colaboración!












15 oct 2019

Recital literario-musical...


10 oct 2019

Cthulhu no Lama das Quendas?


8 oct 2019

Libros do grupo do profesorado e personal non docente do primeiro trimestre.


7 oct 2019

Libro do grupo de nais, pais e amigas, trimestre I.


25 sept 2019

Libros para o alumnado neste primeiro trimestre...


23 sept 2019

Reunións iniciais!!!


18 sept 2019

Comezamos!!!


21 jun 2019

Fin de curso!!!

Un feliz verán de lecturas!!!


19 jun 2019

Reunións finais...

Esta semana tivemos as dúas derradeiras reunións deste curso dos grupos de adultas.

O luns pasamos unha tardiña mui agradábel co club de nais e amigas, na que falamos de "Tú no matarás" de Julia Navarro e da banda deseñada "Pílulas azuis" de Frederik Peeters. E desta vez con recomendación incluida para reunirnos á volta do verán: "La vida a ratos", nova obra de Juan José Millas.

O mércores no tempo de lecer despedimos o club do profesorado (e de paso a Maricarme e Toño, que se xubilan, e a Ana, que muda de centro logo de varios cursos en Chantada) falando da terceira parte de "Cántico por Leibowitz" de Walter M. Miller e "Los años de peregrinación del chico sin color" de Haruki Murakami, e xa pensando nalgúns títulos que poderán caer para o vindeiro curso...



16 may 2019

O Corvo, Edgar Allan Poe


25 abr 2019

Libros do 3º trimestre do grupo do profesorado e persoal non docente...


28 mar 2019

A incríbel viaxe de Noa

Traballando co libro de Fernando M. Cimadevila "A incríbel viaxe de Noa"... mais novas en breve!




22 mar 2019

Libros do 3º trimestre do grupo de nais, pais e amigas...


18 mar 2019

Reunións dos grupos de adultas...


21 feb 2019

O corvo...

Andamos a trebellar en "O corvo" de Edgar Allan Poe... a ver que sae...

6 feb 2019

Libro do segundo trimestre para o grupo "As Outras"...


24 ene 2019

Libros do segundo trimestre para nais, pais e amigas!


10 ene 2019

Libros do segundo trimestre para o profesorado e persoal non docente!


 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Justin Bieber, Gold Price in India