30 nov 2013
Ler é... Lecturas do A ao Z.
10:00
A quenda do libro
Sin comentarios
Este é o mural coas actividades dos dous grupos de 1º de E.S.O.
Xa sei, xa sei... Non se ve moi ben pero é que non escollemos con xeito a cor do papel continuo. Mais , sabedes que? Que como se ve ben é no taboleiro do club onde está pegado, así que ... se queredes podedes velo mellor.
Grazas á entusiasta rapazada de 1º A e 1º B.
Aburiño!
Xa sei, xa sei... Non se ve moi ben pero é que non escollemos con xeito a cor do papel continuo. Mais , sabedes que? Que como se ve ben é no taboleiro do club onde está pegado, así que ... se queredes podedes velo mellor.
Grazas á entusiasta rapazada de 1º A e 1º B.
Aburiño!
29 nov 2013
Ler é ...
8:30
A quenda do libro
Sin comentarios
Nesta ocasión son María, Iria ,Lucía Lovelle e Ana Varela de 1º A as que manifestan no seu abecegrama o que é ler para elas.
LER é :
Agradable
Barato, en ocasións
Cultura
Divertido
Emocionante
Fácil
Gozo
Harmonioso
Interesante
Lacrimóxeno,cando é de tristeza
Marabilloso
Narrativo
Ñ...( non sei...)
Ordinario para os que lles gusta
Pacífico
Quedo
Relaxante
Saber
Tarefa
Usual
Válido
Xenial
Zarabanda.
E a ti , que che parece?
Aburiño!
LER é :
Agradable
Barato, en ocasións
Cultura
Divertido
Emocionante
Fácil
Gozo
Harmonioso
Interesante
Lacrimóxeno,cando é de tristeza
Marabilloso
Narrativo
Ñ...( non sei...)
Ordinario para os que lles gusta
Pacífico
Quedo
Relaxante
Saber
Tarefa
Usual
Válido
Xenial
Zarabanda.
E a ti , que che parece?
Aburiño!
28 nov 2013
Leer es ...
8:00
A quenda do libro
Sin comentarios
Os de 1º A fixeron por grupos o Abecegrama de Ler.
O grupo de Olaia, Tania, Bea e Sandra fixérono en castelán e din que
LEER es :
Aprender
Bueno
Cultura
Divertido
Entretenido
Fácil
Genial
Hermoso
Imaginar
Jugar
Kafkiano
Luz
Mágico
Necesario
Ñoño nunca
Ocio
Pensar
Quietud
Reír
Soñar
Tranquilidad
Único
Viajar
W...( no se me ocurre nada)
Xerografiar en la mente
Yoga, en ocasiones
Zafio jamás.
E ti , concordas ou non?
A gozar da lectura.Aburiño.
O grupo de Olaia, Tania, Bea e Sandra fixérono en castelán e din que
LEER es :
Aprender
Bueno
Cultura
Divertido
Entretenido
Fácil
Genial
Hermoso
Imaginar
Jugar
Kafkiano
Luz
Mágico
Necesario
Ñoño nunca
Ocio
Pensar
Quietud
Reír
Soñar
Tranquilidad
Único
Viajar
W...( no se me ocurre nada)
Xerografiar en la mente
Yoga, en ocasiones
Zafio jamás.
E ti , concordas ou non?
A gozar da lectura.Aburiño.
26 nov 2013
Á busca dos libros do A ao Z
20:31
A quenda do libro
Sin comentarios
Ola rapazada!
Hoxe na Aula Multimedia estiveron os vinte e cinco rapaces de 1º B anotados no clube. Aquí os tedes ao remate da actividade cando xa o timbre sonara. (A tod@s agás un que quedou ma marxe dereita fora da foto)
Se os de 1º A fixeron o abecegrama titulado "LER é" , os de 1º B buscaron títulos de libros do A ao Z para completar o mural. Algún título non fixo falla buscalo porque xa o coñecían.Outros deron máis traballo pero grazas ao internet organizáronse e apareceron.
Aínda que ser moitos puidera devir en problemático non foi así e uns grupos organizaronse en varios ordenadores, outros facían as letras do abecedario, outros tomaban notas e outros eran os encargados de planificar as búsquedas.
Ao final todos colaboraron na montaxe do mural que xa se pode ver no taboleiro do Clube ( e que próximamente vós veredes aquí).
Déixovos un collage con diferentes momentos da intensa actividade da sesión.
Aburiño!
25 nov 2013
NON A VIOLENCIA DE XÉNERO
0:02
A quenda do libro
Sin comentarios
Hoxe 25 de novembro é o Día Internacional de Loita contra a Violencia de Xénero.
Parecera que non vai con nós, que aquí non hai ese tipo de violencia. Pois que saibamos que a hai( os datos non minten), que saibamos que ao noso arredor hai xente que vive un verdadeiro inferno e que estemos alerta para que calquera indicio nos leve a actuar e axudar á resolución porque os problemas resólvense cando se afrontan non cando se agachan.
Non podemos pasar de largo e mirar para outro lado.
Nunca mais ningunha violencia!
24 nov 2013
Reunión de 1º B de E.S.O.
13:17
A quenda do libro
Sin comentarios
Ola a tod@s!
Agárdovos na Aula Multimedia para a reunión do Club de Lectura o
Myspace Fun Flash Comments
Agárdovos na Aula Multimedia para a reunión do Club de Lectura o
Myspace Fun Flash Comments
Aburiño!
20 nov 2013
Os de 1º A fan o Abecedario
9:15
A quenda do libro
Sin comentarios
Ola!
Non , non vos estrañedes do título da entrada.
Vinte e catro alumnos e alumnas de 1º A de E.S.O. compartiron , onte ,o seu recreo para recoller os libros de lectura proposto e para participar na actividade que tiñamos preparada.
Escusaron a súa presenza outras tres rapazas do mesmo curso porque como chegaran tarde a unha clase tiveron que recuperar o tempo perdido.
En grupos de catro traballaron para construír o Abecedario de LER. O tempo fíxose escaso e , son tan xenerosos, que seguirán reuníndose no tempo de lecer durante toda a semana para acabar a súa tarefa.
Unha vez rematados amosaremos os traballos no blogue e no taboleiro do Club de Lectura.
Xa vos aviso.
Déixovos cunhas cantas fotos dos participantes.
Aburiño!
19 nov 2013
As rapazas de 3º e PCPI
16:12
A quenda do libro
Sin comentarios
Ola!
Xa vos dixen que non tiña foto da reunión de 3º e PCPI pero grazas a Aimara dispomos desta que vos deixo.
Velaí tedes as rapazas de 3º e do PCPI que o pasado 12 de novembro compartiron o recreo no Club de Lectura.
Grazas por prestarnos a fotografía e por estar.
Aburiño
Xa vos dixen que non tiña foto da reunión de 3º e PCPI pero grazas a Aimara dispomos desta que vos deixo.
Velaí tedes as rapazas de 3º e do PCPI que o pasado 12 de novembro compartiron o recreo no Club de Lectura.
Grazas por prestarnos a fotografía e por estar.
Aburiño
16 nov 2013
Os de 3º de E.S.O. e PCPI xa comezaron a ler
17:18
A quenda do libro
Sin comentarios
Ola a tod@s!
O pasado martes tivemos reunión do alumnado de 3º de ESO e o do PCPI.Destes últimos só había unha rapaza anotada pero chegou á Aula Multimedia con outras dúas compañeiras do mesmo curso.Un placer recibilas.
De terceiro viñeron moi poucas persoas porque tiñan algunhas actividades que facer con outros profesores. Disculparon a súa ausencia e intentaremos que non se solapen de novo as actividades programadas no I.E.S.
Fixemos algunah actividade lúdica como resolver algún acertixo e tamén lles ensinei un truco de "adiviñación".Elas ben saben.
Presentamos o libro para ler que ensta ocasión é o de Agustín Fernández Paz titulado O Único que queda é o amor. No noso caso quédanos moito amor polas lecturas e quedamos en vernos na seguinte reunión e comentar o libro.
As , de sobra coñecidas, escasas habilidades miñas coas cámaras de vídeo ou fotos impiden que vexades a algunha das asistentes á reunión. Pero estar estivemos e ben agusto.
Ata o vindeiro día.
Aburiño!!
11 nov 2013
Agradecemento ao Club de Lectura do CPI Tino Grandío de Guntín
15:35
A quenda do libro
Sin comentarios
Ola!
Déixovos un enlace co blog do CPI Tino Grandío de Guntín no que se da conta dunha boa cantidade de libros que nos prestan porque nós somos tantos que precisamos moitos.
Despois de ler a entrada concordaredes comigo que lles queren aos libros como a verdadeiros amigos.
Os libros chegaron o pasado venres e pasaremos ao reparto durante esta semana.
Consultade aquí o blog do Clube de lectura irmán Empréstamo ao I.E.S Lama das Quendas
O noso agradecemento máis fondo para as persoas dese centro.
Aburiño!
10 nov 2013
5 nov 2013
Comezou o traballo do equipo de 4º
20:45
A quenda do libro
Sin comentarios
Ola !
Hoxe tivemos reunión do equipo de 4º de E.S.O. Apareceron dous rapaces máis dos que se anotaran nun principio, así que estamos moi contentos da acollida que vai tendo este grupo de xente( que cada vez é menos rara ) que se adica a ler e comentar as lecturas.
Desta volta tiña escollido para os de 4º ( e tamén para outros cursos segundo iredes vendo) un albúm ilustrado de Miguelanxo Prado: De profundis.
Como ben sabedes Miguelanxo Prado acaba de gañar o Premio Nacional de Cómic 2013 pola súa obra Ardalén.Pois ben quixemos facerlle unha merecida homenaxe polo que lles contei anécdotas de cando Miguelanxo estivo en Chantada con ocasión dunha Feira do Libro na que foi autor do cartaz, e despois adícamonos a ollar Trazo de Tiza, Pedro e o lobo, A mansión dos Pampín ... ao son da música da Xove Orquestra de Galicia quen dirixida por Joam Trillo interpretaba Pedro e o lobo.
Esta rapazada de 4º, na súa maioría, non é lectora de banda deseñada e nalgúns casos foi o primeiro achegamento a este xénero que combina a linguaxe verbal e a linguaxe icónica e no que tanta importancia teñen os elementos paratextuais.
Xa comezaron a interesarse polo cómic deste autor e agardo que fose o punto de partida para unha longa viaxe ao través das obras dos fantásticos autores aos que nos poidamos achegar.
A min gustame moito abrir portas.Logo cadaquén escolle se se adentra ou non por cada unha delas.
Puxemos tarefa para a seguinte reunión , pero xa falaremos dela noutra ocasión.
Déixovos con algunha imaxe da sesión de hoxe que se nos fixo curta porque soou o timbre da clase e seguían sentados sen moverse.Non, non lles permitin saltarse a clase seguinte.
Que o pasedes ben lendo!
Aburiño!