26 nov 2013

Á busca dos libros do A ao Z

        Ola rapazada!
        Hoxe na Aula Multimedia   estiveron os vinte e cinco rapaces de 1º B  anotados no clube. Aquí os tedes ao remate da actividade cando xa o timbre sonara. (A tod@s agás un que quedou ma marxe dereita fora da foto)

      Se os de  1º A fixeron o abecegrama titulado "LER é" , os de 1º B buscaron títulos de libros do A ao Z para  completar o mural. Algún título non fixo falla buscalo porque xa  o coñecían.Outros deron máis traballo pero grazas ao internet organizáronse  e apareceron.

       Aínda que ser moitos puidera devir en problemático non foi así e uns grupos organizaronse en varios ordenadores, outros facían as letras do abecedario, outros tomaban notas e outros eran os encargados de planificar as búsquedas.

    Ao final todos colaboraron na montaxe do mural que xa se pode ver no taboleiro do Clube ( e que próximamente  vós veredes  aquí).

        Déixovos un collage con diferentes momentos da intensa actividade da sesión.

        Aburiño!


0 comentarios:

Publicar un comentario

 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Justin Bieber, Gold Price in India