16 dic 2019

Libros do segundo trimestre (profesorado e persoal non docente)


Reunión do profesorado e persoal non docente do primeiro trimestre...

O pasado venres 13 tivemos a reunión do primeiro trimestre co club de lectura do profesorado e persoal non docente. Nel falamos do libro de Amélie Nothomb "Golpéate el corazón" (que non deixou a ninguén indiferente; é máis, algunhas de nós incorporamos á autora aos nosos listados de favoritas!) e do ensaio de Sheldon Cashdan "La bruja debe morir", unha entretida análise sobre como poden afectar os tradicionais contos de fadas ás pequenas da casa (e ás non tan pequenas) dende un punto de vista psicolóxico.

11 dic 2019

Fungos de Yuggoth, de H. P. Lovecraft...

Na nosa canle de iVoox "A fume de qarozo", o alumnado de Música de 4º da ESO, e que tamén está no club de lectura, estiveron a facer recitados musicalizados do impío poemario de H. P. Lovecraft "Fungos de Yuggoth", traducido ao galego por Tomás González Ahola...

A noite é escura... e o espazo infinito...

FUNGOS DE YUGGOTH

5 dic 2019

Reunións dos clubs de persoas adultas...


4 dic 2019

Traducindo do xaponés...

Onte contamos coa visita no centro do carballiñés Gabriel Álvarez Martínez, tradutor ao galego e ao castelán de obras xaponesas, tanto de manga (banda deseñada) como de literatura (Haruki Murakami entre as máis coñecidas).

Pola mañá estivo co alumnado de 4º de ESO e de 1º e 2º de Bacharelato, e pola tarde cos clubs de lectura de adultos (nais, pais, amigas, profesorado e persoal non docente). En ambas falou da súa época de estudante no Xapón, así como de diversos aspectos do seu traballo profesional na actualidade, sen faltar, por suposto, referencias á escrita (silabarios, kanjis...) e á cultura do país do Sol nacente.

Un auténtico luxo!!!



 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Justin Bieber, Gold Price in India