Do 24 ao 28 celebramos nos corredores do IES Lama das Quendas a sexta edición do Mercadiño de Libros. Escollemos sempre a semana na que se conmemora o Día das Bibliotecas que nesta ocasión foi o 24 de outubro.
Cada un dos cinco recreos , o profesorado e o alumnado do club e colaborador na biblioteca do centro atendeu o postos no que se venden os libros que nos donan e préstanse os que nos prestan nun intento de optimizar a vida dos libros e favorecer a lectura , a xenerosidade , a convivencia e o gusto polos libros.
Este evento foi recollido pola prensa escrita e pola televisión.
En La Voz de Galicia aparecemos na páxina L4 da edición de Terras de Lemos. Como vedes hai imprecisións na noticia porque non están os libros expostos simplemente, senón que se expoñen para poder tocalos, miralos , e se nos interesa, mercalos e levalos para a casa.Sabedes que foi un intercambio de libros entre as persoas que quixeron colaborar co club e a biblioteca do noso instituto.
En Televinte, a canle audiovisual de Chantada emitiron a noticia no Telenovas cun resumo da actividade. Iso si, con imaxes do curso pasado para disgusto da rapazada que atendía o posto porque desexaba explicar a actividade coas súas propias palabras. E máis cando anunciaran a visita para gravar.
O agradecemento do Club de Lectura e da Biblioteca do centro a ambas empresas por facerse eco das nosas accións.