Do 24 ao 28 celebramos nos corredores do IES Lama das Quendas a sexta edición do Mercadiño de Libros. Escollemos sempre a semana na que se conmemora o Día das Bibliotecas que nesta ocasión foi o 24 de outubro.
Cada un dos cinco recreos , o profesorado e o alumnado do club e colaborador na biblioteca do centro atendeu o postos no que se venden os libros que nos donan e préstanse os que nos prestan nun intento de optimizar a vida dos libros e favorecer a lectura , a xenerosidade , a convivencia e o gusto polos libros.
Este evento foi recollido pola prensa escrita e pola televisión.

En Televinte, a canle audiovisual de Chantada emitiron a noticia no Telenovas cun resumo da actividade. Iso si, con imaxes do curso pasado para disgusto da rapazada que atendía o posto porque desexaba explicar a actividade coas súas propias palabras. E máis cando anunciaran a visita para gravar.
O agradecemento do Club de Lectura e da Biblioteca do centro a ambas empresas por facerse eco das nosas accións.
0 comentarios:
Publicar un comentario