2 oct. 2016

Os de Bacharelato tamén len?

Trátase dunha pregunta retórica.Sabemos que len. Sabemos que acoden a biblioteca  na procura de lecturas para uso propio e, cónstanos,para levar libros ás nais,principalmente. 
Coñecemos a carga académica de 2º de Bacharelato, sobre todo, pero tamén somos sabedoras de que amades a lectura.Así que , as persoas interesadas, vide á reunión do martes, 4 de outubro,e,no salón de Actos, na hora do recreo acordaremos datas e lecturas atendendo á vosa conveniencia e aos vosos intereses.
Nós, as mediadoras, estamos desexando compartir lecturas e experiencias convosco neste novo curso!
Agardámosvos!!

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Justin Bieber, Gold Price in India