10 oct. 2016

Alumnado, profesorado ,pais/nais no Club de Lectura

Un total de 124 alumnos e alumnas pertencen , porque así o manifestaron, ao noso club de lectura. Se consideramos que , no I.E.S Lama das Quendas , neste curso 2016-2017 , hai 247  persoas matriculadas na E.S.O e Bacharelato , podemos concluir que a metade do noso alumnado participará nas actividades de A quenda do Libro durante este ano académico.
Polo que se  refire ao grupo de pais e nais, reuniremos a 16 persoas que ,nesta data , xa devolveron a circular enviada para convidalos a participar nas reunións lectoras.O número exacto confirmarémolo na xuntanza que teremos proximamente. 
No grupo do profesorado contamos con  18 profesores e profesoras dun total de 41 que conformamos o claustro.
Para rematar estes datos estatísticos, digamos que seremos 158 persoas as que gozaremos coas  experiencias lectoras e cos encontros  para intercambiar opinións que iremos realizando neste ano, favorecendo con iso, ademais,  a convivencia entre a comunidade educativa.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Justin Bieber, Gold Price in India