
Xa que mencionaron a palabra máxica na xuntanza, comezamos a falar dos avós e avoas .Tod@s conservan polo menos un e quéren@s moito por iso aproveitamos para escribirlles unha breve carta ( agora que ninguén as escribe) na que lle tiñan que contar unha noticia que significase moito para @s avós e avoas.Tod@s se dirixiron a unha avoa.Unha persoa non soubo que dicirlle porque di que a súa avoa non precisa de boas noticias, xa as ten a diario.Outras dúas escribiron as misivas desde o presente para contar que iría para a súa casa " todos os venres " ou que a familia está a arranxar a casa na que " ti e máis o avó vivistes durante tanto tempo".Houbo alumn@s que escribiron as súas cartas para dicirlle a avoa que remataran a carreira de veterinaria, medicina ou que , ademais, xa conseguiran o traballo acorde cos estudios realizados, nesta súa vila;aínda houbo quen lle anunciaba a súa volta á casa- non sabemos se polo nadal- cun fermoso regalo , que a faría feliz, na maleta.

A rapazada de 2º A vai preparar algo ben bonito para a reunión de novembro. Pero diso xa teredes noticia.
0 comentarios:
Publicar un comentario