
Cren que o traballo do artista se pode encadrar en dous estilos diferentes: un máis realista , con retratos varios , que está na Casa de Lemos; e outro máis abstracto , con cadros moi grandes, que pode contemplarse no Auditorio.
Viñan moi contentos de ter visitado a mostra e traían como curiosidades máis destacadas que Manuel Jorge nunca vendeu ningún cadro ( para non competir coa súa dona, dicían) e só o vendería a cambio de "tempo" - pero os homes grises que gardaban o tempo que os homes aforraban so existen en Momo-.E tamén lles chamou a atención que o Mediterráneo está ben metido na alma do pintor e agroma nas súas obras.
Chegados a este punto,falamos das dotes e prácticas pictóricas del@s mesm@s e só unha rapaza confesou ter practicado con técnicas diversas, pero xa non pinta.Algún dos asistentes recoñécese experto en "pintar a mona", pero non aceptamos esa actividade como artística.
Califican aos pintores coma seres solitarios, maiores, agradables... influídos polo autor da exposición visitada xa que nunca antes visitaran unha. Gustoulles , así que achegaranse a outras que se celebren na nosa vila.
Do pintor chantadino chegamos ao pintor coprotagonisata de De Profundis a obra de Miguelanxo Prado que será a lectura para @s rapaces e rapazas de 3º de ESO neste trimestre.
Motivados como estaban , ben seguro que gozarán coa historia e as ilustracións do libro que lles propuxemos.
0 comentarios:
Publicar un comentario