Tod@s os/as rapac@s de primeiro de ESO sabían antes da nosa reunión o que é un cómic ou unha banda deseñada. Iria deunos unha definición tan perfecta que semellaba que viña de estudala. Coñecen varios cómics: Mortadelo, Astérix, Zipi e Zape, Tintín... pero non sabían que temos banda deseñada en galego e con autores con recoñecemento internacional como Miguelanxo Prado. Así que, despois de falarlles un chisco do autor, convidámolos a «entrar» na Mansión dos Pampín, pero antes, en grupos de tres, cubriron o posible texto ( por suposto, sen coñecer o orixinal) da primeira páxina da historia. A intuición dalgúns grupos é impresionante! Ollade isto:

O alumnado de 1º B foi á Biblioteca para levar emprestado o libro |
0 comentarios:
Publicar un comentario