7 oct 2016

Lemos, lemos

Con e pechado temos que ler  o título desta entrada.Tamén os de bacharelato len e  queren ser do club de lectura.Só estaban cinco rapazas e un rapaz  na reunión do pasado martes, pero  outras persoas manifestaron a súa intención de pertencer ao Club ben  deixando recado aos asistentes a esa xuntanza ben  confirmándonolo estes días nos corredores do centro. Ao final serán  14 persoas: sete de 1º de Bacharelato e outras 7 de 2º .
Non foi necesario informar do mecanismo  de traballo porque o coñecen de sobra.
O que si fixeron foi propoñernos facer un único grupo co alumnado de 1º e 2º de bacharelato , o que nos pareceu pertinente, e procedemos á  escolla da lectura que temos para este primeiro trimestre, que unha vez máis, é banda deseñada : Trazo de xiz , de Miguelanxo Prado.
As mediadoras sentímonos contentas cos alumnos e alumnas  que están neste grupo c@s que gozaremos lendo e compartindo fantásticos momentos neste curso 2016-2017.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Justin Bieber, Gold Price in India