5 nov 2013

Comezou o traballo do equipo de 4º

          Ola !
       Hoxe  tivemos reunión do equipo de 4º de E.S.O. Apareceron dous rapaces máis dos que se anotaran nun principio, así que estamos moi contentos da acollida que vai tendo este grupo de xente( que cada vez é menos rara ) que se adica a ler e comentar as lecturas.
      
     


 Desta volta tiña escollido para os de 4º ( e tamén para outros cursos  segundo iredes vendo) un  albúm ilustrado de Miguelanxo Prado: De profundis.

       




       Como ben sabedes Miguelanxo Prado acaba de gañar o Premio Nacional de Cómic 2013 pola súa obra Ardalén.Pois ben quixemos facerlle unha merecida homenaxe polo que lles contei anécdotas de cando Miguelanxo estivo en Chantada con ocasión dunha Feira do Libro na que foi autor do cartaz, e despois  adícamonos a ollar  Trazo de Tiza, Pedro e o lobo, A mansión dos Pampín ... ao son da música da Xove Orquestra de Galicia  quen dirixida por Joam Trillo interpretaba Pedro e o lobo.
       Esta rapazada de 4º, na súa maioría,  non é lectora de banda deseñada e nalgúns casos foi o primeiro achegamento a este xénero que  combina a linguaxe verbal e a linguaxe icónica e no que tanta importancia teñen  os elementos paratextuais.
       Xa comezaron a interesarse polo  cómic deste autor e agardo que fose o punto de partida para unha longa viaxe ao través  das obras dos fantásticos autores aos que nos poidamos achegar.
       A min gustame moito abrir portas.Logo cadaquén escolle se se adentra ou non  por cada unha delas.

       Puxemos tarefa para a seguinte reunión , pero xa falaremos dela noutra ocasión.

       Déixovos con algunha imaxe da sesión de hoxe que se nos fixo curta porque soou o timbre da clase e seguían sentados sen moverse.Non, non lles permitin saltarse a clase seguinte.



      Que o pasedes ben lendo!
    Aburiño!


0 comentarios:

Publicar un comentario

 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Justin Bieber, Gold Price in India