20 nov 2013

Os de 1º A fan o Abecedario

       Ola!
     Non  , non vos estrañedes do título da entrada.
    Vinte e catro alumnos e alumnas de 1º A de E.S.O. compartiron , onte ,o seu recreo  para  recoller os libros de lectura proposto e para participar na actividade que tiñamos preparada.

    Escusaron a súa presenza outras tres rapazas do mesmo curso porque como chegaran tarde a unha clase tiveron que recuperar o tempo perdido.

     En grupos de catro traballaron para construír o Abecedario de LER. O tempo fíxose escaso e , son tan xenerosos, que seguirán reuníndose no tempo de lecer durante toda a semana para acabar a súa tarefa.

      Unha vez rematados amosaremos os traballos no blogue e no taboleiro do Club de Lectura.
      Xa vos aviso.
      Déixovos cunhas cantas fotos dos participantes.



        Aburiño!


     

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Justin Bieber, Gold Price in India