21 abr 2021

Libro de teatro para o Club de Lectura do profesorado e persoal non docente (III trimestre)

Esquecín dicirche adeus... ...así que adeus
Clara Martín

Quen non xogou na súa infancia ó teléfono esnaquizado? Este é un xogo sinxelo e nada competitivo no que os participantes se divirten ó escoitar como unha mensaxe se vai distorsionando ó ser transmitida ó longo dunha cadea de oíntes. O resultado final é unha historia diferente, peculiar, curiosa e divertida, pois por algo é un xogo. "Esquecín dicirche adeus… así que adeus" é algo así, unha historia diferente, singular e agardamos que divertida no que os sucesos sofren certas deformacións porque a memoria alterada, a modo de teléfono esnaquizado, transforma as lembranzas ó seu antollo.



0 comentarios:

Publicar un comentario

 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Justin Bieber, Gold Price in India