26 may 2013

Falamos de La Sonrisa Etrusca

       Ola!!
       O pasado xoves, 23 de maio, tivemos a reunión de pais e nais para comentar  a novela máis coñecida, e recoñecida, de José Luis Sampedro.

       Co  grupo de nais e pais que acudiron lembramos ao economista e filósofo que nos deixou no mes de abril ,  admiramos  o sarcófago de Los Esposos  que se atopa en Villa Giulia, en Roma e pasamos a comentar a lectura.

       Tod@s consideramos que é moi tenra  , entre outras razóns porque  Salvatore Roncano  , obrigado a deixar a vila pola cidade e soportando un cancro que o leva cara a morte , coñece ao seu neto e todo o orgullo, soberbia, chulería  e malos pensamentos viran ; e pouco a pouco convértese nun home sensible e respetuoso, á súa maneira.

       Os causantes da transformación son  os esposos do sarcófago etrusco que lle fan pensar nunha morte serena; logo , Brunettino ( o neto) que lle da "nova vida" e, por último,  Hortensia , a muller   que lle ensina o que é o amor verdadeiro.

       Hai máis ingredientes na narración que reflicten situacións ben  coñecidas en moitas familias: o rechazo á  nora  porque lle "roubou" ao fillo,  a situación do fillo pillado entre a muller e o pai , e querendo a ambos...

       O final , con todo de ser doloroso, na nosa opinión, é o agardado, é lei de vida.

     Todo isto e máis comentamos   na reunión e tan  entretidos estabamos que  non nos decatabamos de que o tempo pasaba. Foi a reunión máis longa das que temos feitas.

         Aínda  se  tocaron máis temas que  vos irei  apuntando  noutras entradas do blog.

        Foi un  verdadeiro pracer.

       Vémonos lendo! 


0 comentarios:

Publicar un comentario

 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Justin Bieber, Gold Price in India