Na aula multimedia xuntámonos hoxe con rapazas de 3º e 4º da ESO. As alumnas de 3º falaron de Silvestre y los ladrones de sueños ,unha novela que defende o respeto aos marxinados facendo unha crítica social moi interesante. O protagonista, un rapaz moi serio, sensato e responsable parece ás veces que fai de pai do seu propio proxenitor. Aínda que a unha das rapazas non lle gustou que Silvestre sempre tivese algo que dicirlle ao seu pai, algo que "criticar".
Algo salientable da novela son as historias orais que Mama, un dos pesonaxes, relata e que teñen moita miga tamén para nós. A algúns personaxes da obra de Bermejo robáronlles os seus soños e a Carmiña e Miguel a guerra civil española non so lle roubou os soños senón que tamén quedaron sen as súas fillas Harmonía e Rosa ( preciosos nomes ,por certo), verdadeiras protagonistas de Tristes armas , a novela de Marina Mayoral. precioso libro a xuizo das lectoras.
0 comentarios:
Publicar un comentario