20 dic 2012

Aumentan considerablemente os préstamos a pais e nais

O xoves pasado, 13 de decembro,   o grupo de pais e nais do club de lectura  non so  se achegaron á biblioteca do IES para comentar o libro marcado senón que, ao remate da reunión,  tiveron tempo de buscar algunha lectura para levarse á casa .

Nalgúns casos pediron consello ( algo complicado para min) e practicamente todos se levaron a casa algo ademais " dos deberes"  tanto en soporte papel como  en algún dos libros electrónicos  dos que dispomos no centro.

So esta nova xa é motivo de ledicia  polo que significa  a prol da consecución de  dous dos  obxectivos do club:  o fomento da lectura e  a optimización e dinamización da Biblioteca do Lama das Quendas. Non credes que estamos no bo camiño!!

Unha nai me dicía o mércores que pola miña culpa estaba durmindo menos ( e traballa na casa e fora).Ante a miña demanda de explicacións  afirmou que non  da soltado o libro  que levou porque lle encanta. Que ben!!

Cada día vén algún pai ou nai na procura dalgún libro en calquera das horas nas que a Biblioteca está aberta e sempre os recibimos cos brazos abertos.

Xa sabemos que, parafraseando o título dun libro " as persoas, que len, son perigosas" pero porque  ao abrir o libro ábrense as portas ao coñecemento  e á imaxinación.

Gústanos que sigades participando tan intensamente nestas actividades!!


0 comentarios:

Publicar un comentario

 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Justin Bieber, Gold Price in India