Á maioría gustoulle o libro aínda que a algún non lle fixo graza que o protagonista sexa un neno.
Comentamos as falcatruadas que facía o protagonista. Iso si, sen querer.
Despois os membros do club de 2º relataron situacións nas que eles querendo facer unha broma sen maior perigo acabaron ... ,digamos,provocando situacións complicadas. Varias anécdotas referiron que algunha vez ( hai moitos anos , xa sabedes ) lesionaron ( levemente) a irmáns máis novos. Outros xogando con parentes acabaron sendo as víctimas e caendo escaleiras abaixo e algunha mociña loce unha cicatriz dunha rabuñadura dun gato co que pensaba xogar.
En fin que , nestas ocasións podiamos aplicar o refrán aquel de : ir por la e saír rapado.
Grazas por vir e por facer que o recreo pasase nun suspiro.
A seguir participando activamente!
Aburiño!!
0 comentarios:
Publicar un comentario