Déixovos o listado de libros que quedamos de ler os diferentes grupos de A Quenda do Libro para que vos sirva de apuntamento.
Lembrade que hai exemplares na nosa biblioteca á que podedes acudir durante os recreos.
Sabede que todos os libros foron de lectura obrigada ou optativa no noso IES aínda que fose hai anos polo que moitos dos vosos irmáns maiores ou coñecidos de cursos anteriores han ter o libro na casa e volo poden deixar coma fixeron os rapaces que acudiron ao noso rescate no noso particular "banco de libros".
Imos coa lista:


Os de 1º A de ESO lerán O Pazo Baleiro de Xabier P: Docampo mentres que os de 1º B traballarán con Memorias de un raposo de Antonio Reigosa.

Os de 2º de ESO lerán A voz do Lago de Antón Riveiro Coello.
Os de 3º lerán Cando petan na porta pola noite de Xabier P. Docampo e os de 4º , desta volta, lerán en castelán Una luz en la marisma de Javier Alfaya
Nos grupos de adultos , os pais e nais lerán Ollos de auga de Domingo Villar e o persoal docente e non docente El retrato de Dorian Gray de Oscar Wilde en galego ou castelán en calquera dos dous casos.

Estade pendentes do calendario ( que deseguida actualizarei) para coñecer as datas das reunións do vindeiro ano.
Boas lecturas e boas festas!!
0 comentarios:
Publicar un comentario