4 dic 2012

Reunión de 1º A e 1º B para comentar libros

     Hoxe martes, as 11:15 da mañá, na Aula Multimedia do IES Lama das Quendas  tivo lugar  o encontro entre o alumnado de 1º A ( que lera La cazadora de Indiana Jones )




 e o  alumnado de 1º B ( que leu Palabras de Caramelo)


     Os dous equipos estiveron prestos a defender o libro lido dando conta do resumo do mesmo, daquilo que máis lles gustou e tamén do que menos gozaron.

   En cada bando había  algúns membros moi activos , interesados en participar e dispostos a marcarlles algún gol aos do campo contrario de xeito que  interviñan en case todas as xogadas. Outros tiveron escasa participación, quizáis por falla de entrenamento e forzas ( iso que algún xa se ve que as estaba repoñendo durante a actividade).

    Finalmente o timbre deu por rematado o  enfrontamento co resultado de victoria para os dúas formacións ( isto só pasa neste tipo de encontros)

    As conclusións que podemos extraer do visto e oído nesta contenda foron as que seguen:

     -  a convivencia entre persoas e culturas diferentes enriquece (Georges Stevenson e Christie gañan ao coñecerse e medran  xuntos)
     - as persoas  non poden discriminarse por seren xordas  ( Kori) ou ter secuelas de graves enfermidades (Georges Stevenson).
    - non debemos avergoñarnos das cousas que  "herdamos" doutros ( A cazadora de Christie  pertencera  ao seu irmán Jaime).
     - os animais , ás veces, dannos grandes leccións ( a Kori dicíalle poesías Caramelo)  que nos serven de moito para a nosa vida.

     En fin ,só queda dar as grazas a toda esta rapazada de 1º de ESO !!

     Ah!! E anímovos a seguir coa preparación necesaria para manter este nivel na competición !!
  
  Non deixedes de entrenar todos os días e seredes uns Messis, Ronaldos,Casillas ou  Iniestas da lectura.

Aburiño!



0 comentarios:

Publicar un comentario

 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Justin Bieber, Gold Price in India