23 ene 2013

Os de 2º buscan a "paz"

           Onte, martes, nevou en Chantada.E  houbo un par de alumnas que non puideron acudir á reunión ( nin ás clases)  por mor da nevarada que había nas súas aldeas ao pé do Faro.Pero tivemos reunión do club de lectura igualmente. E xa sei que agardabades esta entrada no blogue  xa onte pola tarde, pero non puido ser. E non foi a neve senón outros asuntos os que non me permitiron dar conta da actividade. Mais... alá vai.
          Traballamos buscando  paz. Non buscabamos á Paz ( profe) senón  que  andamos á procura de frases  que se teñan dito sobre  ese ben tan preciado en todas as sociedades ( aínda que ás veces non o pareza).
          Os rapaces e rapazas de 2º atoparon , e escribiron, algunhas interesantes opinións  de persoas  ben consideradas  e vós teredes ocasión de velas na vindeira semana no taboleiro do Clube no Lama das Quendas.
          Que?
          De acordo! Velaí vai un anticipo coa foto de grupo que fixeron.

          A que teñen boa cara!  Pois os que non estades  aínda vos podedes incorporar cando o desexedes.
          Pasámolo ben!
          Aburiño!!!

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Justin Bieber, Gold Price in India