
Ilusión porque leo dende pequeniña ( aprendín a ler no periódico) primeiro cómics e tebeos e logo libros; porque amo a lectura e os libros; porque me gusta a xente e falar con ela de lecturas é un pracer, por exemplo.
Daquela estaba tamén, como vos dixen, ansiosa porque nunca afrontara unha unha dinamización lectora desta importancia e descoñecía como se ía desenvolver e como ía resultar o proxecto.
Hoxe, cumprimos ,pais ,nais,alumn@s,profesor@s e outr@s amig@s lectores , o noso primeiro lustro e as sensacións que a min me invaden son de ledicia, satisfacción, felicidade ... E todo grazas a tant@s lector@s como participastes nestes cinco anos nas reunións e actividades lectoras do Lama das Quendas e nesoutras que fixemos, de xeito improvisado,na beirarrúa , na carnicería, na caixa do supermercado e noutros lugares así de orixinales.
Douvos, entón, moitos parabéns por estes cinco anos lectores e convídovos a que sigades participando durante este curso 2016-2017.
Por moitos e bos anos de lecturas!!
Grazas.
Douvos, entón, moitos parabéns por estes cinco anos lectores e convídovos a que sigades participando durante este curso 2016-2017.
Por moitos e bos anos de lecturas!!
Grazas.
0 comentarios:
Publicar un comentario