18 dic 2014

Convenceunos Apocalipse Z

Vaia por diante a nosa felicitación, os parabéns mais cordial a Manel Loureiro porque ás persoas deste grupo de lectura gustounos Apocalipsis Z/ Apocalipse Z.
O libro, para a maioría de nós tiña todo en contra para que chegásemos a gozar con el.Entre outras razóns, porque xa levamos tres anos xuntándonos para comentar lecturas que , previamente, propoñemos  e logo votamos , e nunca leramos nada deste xénero.Parecera que non tiña seguidores entre nós, pero ao remate do curso pasado, un par de compañeir@s amosaron a súa predilección pola ciencia ficción e @s demais deseguida @s animamos  a que propuxeran títulos porque tod@s estabamos dispostos a mergullarnos nese mundo literario que , hoxe en día, ten tantos partidarios,aínda que non estabamos moi convencidos do éxito da lectura proposta.Eramos un chisco escépticos.
Certamente vari@s compañeir@s, e a que escribe igualmente,nunca colleriamos Apocalipse Z se non fose polo gusto de compartir lecturas e opinión dentro de A Quenda do Libro . Así que, curiosidades da  vida, a proposición miña, trala suxestión dun dos meus fillos que se devorou a triloxía nunha semana,a novela de Manel Loureiro foi a máis votada entre os diferentes títulos propostos, e, polo tanto ,a primeira obra en ser lida.
E non nos arrepentimos.Gustou.
Non concordou connosco unha das persoas asistentes a quen, emporiso, lle encantara El Último Pasajero , tamén de Manel Loureiro.
E gustoulle" con matizacións" a outro compañeiro que critica que o autor apelara a moitos tópicos , se estenda demasiado nalgunhas pasaxes polas rúas de Vigo, e...que o protagonista non pasara polo Morrazo ( porque é da zona).
Unha terceira compañeira ,non lograra rematalo para o día da reunión ( xa hai una semana) , pero a parte lida parecéralle monótona e  queixouse de que a edición que ela manexaba , en castelán, estaba chea de erros ortográficos. Aínda así, debo mencionar que , hoxe mesmo, esta amiga me comentou que , rematado a primeiro libro, xa comezou o segundo e que lle está gustando.
E , ao final , as gabanzas, para que quede bo sabor de boca.
Consideramos que a mestura de lugares reais con situacións tan ficticias engaiola  aos lectores. Que os non mortos camiñen pola xeografía galega ponnos diante dunha perspectiva distinta a das películas e lecturas americanas.Na Galiza temos bos sitios para iso. 
A escalada do medo-terror avanza dun xeito tan progresivo que te  somerxe na historia e o teu corazón latexa aceleradamente.
Parabéns ao autor en especial, polas espectaculares páxinas do Meixoeiro que está perfectamente descrito.
En referencia aos tópicos dos que alguén  falou  ao comezo, a maioría dos asistentes defendemos a necesidade de que aparezan.Danlle moita verosimilitude á novela se consideramos a situación. Así , os puntos seguros, a desinformación na que vive a poboación,a infravaloración da epidemia nos comezos... non nos estraña nadiña.Tampouco que nas casas haxa conxeladores grandes cheos de provisións, que estean provistasde  placas solares para defenderse dos problemas de subministro eléctrico, que a poboación resida en vilas ben afastadas unhas das outras, que a abondosa vexetación dificulte o tránsito en lugares  deshabitados...
Como nos vai sorprender se é o pan noso de cada día!!
O final do libro é espectacular!Pero non diremos máis porque hai que lelo! E os seguintes da triloxía tamén! Nesas andamos uns cantos . Outros xa o fixeron.
Pagou a pena lelo!
Quizais fora a porta de entrada ao mundo da Ciencia Ficción para moitos de nós.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Justin Bieber, Gold Price in India