13 dic 2014

Realidade con humor

O cómic foi a canle que escolleu atinadamente Paco Roca para contarnos unha historia  con certa dose de dramatismo pola situación dos personaxes e as enfermidades que sofren.
Así opinamos os pais e nais que nos reunimos na Biblioteca do Lama das Quendas o pasado mércores.
Daquela debatemos sobre a idoneidade das viñetas para emocionarnos coa historia protagonizada polos anciáns dunha residencia na que pasan os derradeiros anos da súa vida.
Tod@s coñecemos ou temos algunha persoa achegada con alzhéimer e , ao ler   Arrugas/ Engurras , ao ver os debuxos das caras de Emilio ou Modesto  , non lles poñemos as dos nosos coñecidos como fariamos  se non houbese ilustración.Os asistentes convimos en que esta narrativa debuxada fainos gozar mellor desta historia de persoas que son coma nós , que en calquera momento podemos vernos afectad@s por este mal, e aproveitamos a ocasión para falar , en xeral, do alzhéimer e dos consellos  que se dan para retrasar a presenza ou  evolución desta enfermidade.
Para nós o libro é un fragmento de  vida.Coma se dunha folla  do medio do libro da   vida de Emilio se tratara. Non sabemos  os  seus principios nin o seu remate , pero  coñecémolo nun momento crucial.
Algunha asistente expresou o seu desagrado  polo feito de que o libro non tivese un final pechado. E , na conversa, inferimos que así cadaquén , no seu maxín , terá un.Mais todos sabemos como adoitan terminar estes casos na realidade . Aínda así,o relato quere ter un aire cómico, non lacrimóxeno nin tráxico.
Parolamos sobre as partes que máis nos gustaron e as que menos ;de como son na realidade os lugares onde viven os anciáns e o que fan neles; e da agradable experiencia de ler banda deseñada.
Houbo oco para referirnos  á pelicula que se fixo deste libro e que  foi visionada porla maioría de nós , e  verbalizamos que se  un é bo a outra  non lle desmerece nadiña e mesmo axuda a entender mellor o que se conta no libro.
Rematamos falando das outras lecturas que tod@s facemos pola nosa conta e propuxemos volver a atoparnos o mércores , 25 de febreiro, ás 17:15 h para comentar La Ladrona de Libros,  de  Markus Zusak .
Tamén quedamos de facer unha lectura extra para comentar na reunión conxunta de adultos e rapazada que realizaremos aló por abril do vindeiro ano.
Ao rematar a xuntanza chega o momento da despedida que resulta entrañable por ver a pais  e nais coas lecturas variadas das que se aprovisionaron antes e despois da reunión para ter reservas durante o tempo de Nadal no que a Biblioteca do I.E.S permanece pechada. 
Que gozada!






1 comentarios:

Anónimo dijo...

Hola, son Daniel. Escribo porque tiña a ilusión de participar directamente na xuntanza, pero por razóns de traballo non podo. Nembargantes quixera facer un comentario do libro que tiñamos para ler. Ben, pareceume un libro un pouco pesimista; hai moitos tópicos que non me parecen aplicables con carácter xeral, coma por exemplo presentala residencia nun día de vento e coas follas das árbores caendo (por qué non un fermoso dia de verán), o cuarto da televisión en cor escuro (a maior parte das residencias que eu coñezo teñen habitacións con moita luz e con cores alegres), o listo que se aproveita dos outros residentes (as persoas tan espabiladas non están nas residencias) e o tan temido andar para os que xa non teñen remedio. Coido que as residencias teñen que existir, senón ,donde vamos ir nós?. Pois logo, por qué non facemos ver os aspectos positivos. ¿Queixámonos porque nos hospitais só hai xente enferma? non, e grazas por habelos.

Publicar un comentario

 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Justin Bieber, Gold Price in India