14 oct 2015

De casas e mansións

Primeira reunión de traballo coa rapazada de 1º de E.S.O.
Entre @s que estaban enfermos (semella que o descanso desta fin de semana tan longa non foi bo) ,  e @s  que tiñan un partido  no que tiñan que comparecer para non deixar , desta volta, colgado ao equipo  quedamos no club menos dos que pensabamos por iso decidimos , sobre a marcha, facer a reunión conxunta na Aula Multimedia que se presta moito máis para as actividades programadas.
E que fixemos? Como est@s rapaces e rapazas son novos no centro e novos no club tivemos que informarlles máis polo miúdo da dinámica das sesións deste grupo de lectores. Comezaron por coñecer como eles e as súas familias poden  entrar nas nosas canles de comunicación:blog,facebook, twiter ...Aí localizaron como saber os días das reunións e o xeito de facer comentarios ( e por certo xa  houbo unha persoa que entrou e deixou un). 
Xa explicamos a actividade do Mercadiño de Libros, que está programada a derradeira semana do mes ,e  a de  homenaxear a  Manuel María no 2016 ( Que lonxe parece que queda aínda!) en colaboración coa Biblioteca e Televinte 
Ao saír da "casa" familiar do club, dirixímonos á mansión que , xunto con outros personaxes humanos, protagoniza  A mansión dos Pampín, de Miguelanxo Prado e que leremos nestes primeiros meses de curso.
Xa dispostos a entrar de cheo nesta , que se nos anuncia, grande e luxosa vivenda, rematamos a reunión.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Justin Bieber, Gold Price in India