Tocaba realizar actividades que axudasen a entender a lectura deste trimestre:Engurras de Paco Roca así que comezamos a reunión de onte, martes, co alumnado de 2º A de ESO formulando a seguinte pregunta: Que é o que máis perden @s maiores? El@s,pensando nos seus avós responderon con unanimidade:"oído e memoria".
Ás veces non é tanto que perderan audición,- que si pasa-, senón que, ás veces, non oen porque non nos escoitan.Non sabemos se é porque non temos nada bo que dicirlles ou que pensan que que lles imos dicir nós que el@s non saiban.
Puxémonos logo ,por un pouco, na "pel" dunha persoa maior e pasámonos mensaxes á orella ata que chegaron ao fin da cadea e comprobamos que a mensaxe orixinal non era como a mensaxe que chegou, aínda que se parecía moitísimo porque eramos pouc@s e a rapazada esmerouse en facelo ben.Por certo para "transmitir" empregamos versos da canción "Salir Corriendo" , de Amaral, por complicidade coa conmemoración da semana contra a Violencia de Xénero.
Para traballar a memoria , actividade que deberamos ter sempre presente, proporcionámoslles unhas cartas que fixemos con imaxes de Engurras. Colocadas , boca abaixo, debían atopar as parellas ,xa que estaban repetidas.Isto serviunos para comentar as situacións que reflectían as imaxes e a memoria, sobre todo a memoria gráfica, púxose a traballar; nunhas persoas máis ca noutras (e é que unha rapaza ten moita práctica porque xoga cada día coa súa avoa. Que sorte tes rapaciña!!). Mesmo houbo competencia e , ao tempo, colaboración animando a quen lle tocaba voltear e facendo que reflexionase.
Tod@s conseguiron algunha parella, pero... adivinade quen acadou máis!!!
Pasou demasiado rápido o tempo, que de verdade, foi de lecer.
Enviar por correo electrónico
Escribe un blog
Compartir con Facebook
0 comentarios:
Publicar un comentario