Se existe algún grupo especialmente interesado en que teñamos reunións , ese é o de 1º de ESO. Non hai día no que non pregunten :" cando é que nos xuntamos?" E teñen o calendario pegado no taboleiro do club , e saben que vén tocando unha reunión por mes pero semellan desas persoas que senten que ,ao preguntar, suceden antes as cousas.
E por fin, chegou o día. Mañá martes, ás 11:15 horas, na aula Multimedia e na Obradoiro xuntarémonos para facer actividades. Cales?...Xa o saberedes, impacientes!
Enviar por correo electrónico
Escribe un blog
Compartir con Facebook
0 comentarios:
Publicar un comentario