
Por iso , cada rapaz escolleu a cegas un folio no que lle aparecía una
fotografía dunha casa.Tratábase de construcións de pedra, de peles, de
ladrillo, de formigón, de xeo, de terra, de madeira, de palla, de tea…Vellas ,
antigas ou modernas.Rurais e urbanas.Unhas
eran das que permanecen fixas nun lugar, pero outras eran facilmente
movibles ( tenda de campaña , vivenda en
vehículo). Podíanse situar en diferentes lugares do mapa do mundo: uns próximos
(Chantada e outros lugares de Galiza,
Andalucía) e outros máis distantes como Alaska,
Amazonía, África, estados Unidos
,Hungría, Finlandia,Islandia…
En común puxemos toda a información anterior porque era significativa para
a segunda parte da sesión na que tiveron que crear unha narración da que fosen
protagonistas unha parella cun fillo e
unha filla que viviran en cada un daqueles fogares.
E fixérono con interés ,creatividade e orixinalidade sabendo que non lle
ocorre o mesmo a quen percorre os salóns dun pazo árabe ou dorme nunha tenda ao aire libre ou se
protexe da extrema temperatura nunha casa baixo terra en Islandia.Tiveron en
conta o clima, a paisaxe, e ,en xeral ,as condicións que determinan a vida das
persoas segundo se atopen nun ou outro
medio .
Unha experiencia gratificante que leva á rapazada a reflexionar sobre estas
cuestións,nada menores, que lle irán creando opinión sobre a
necesidade de adaptarse , no máis amplo sentido da palabra, ao lugar que desexamos
sexa o noso fogar.
0 comentarios:
Publicar un comentario